ADVENTO,
TEMPO DE INICIACIÓN
INICIAD@S
NO BAUTISMO
SIGNO

PÓRTICO
Na nosa vida estamos constantemente
iniciándonos: iniciamos un noivado, iniciamos a vida en familia, iniciamos a
paternidade/maternidade, iniciamos unha experiencia laboral, iniciamos unha
amizade.... Tamén na nosa experiencia-vivencia da fe experimentamos a realidade
da iniciación. O calendario litúrxico sinala esta iniciación na vida de fe
renovada co tempo do advento, co que comezamos o camiño que nos levará, ao
longo de todo o ano, a sentir e expresar que a fe ha ser: celebrada, vivida e gozada, para poder ser compartida en
comunidade. E se o advento marca o inicio dun novo ano litúrxico, ao longo
destes catro domingos seremos invitad@s a reflexionar sobre as consecuencias
desta iniciación, para que poidamos chegar anovados e plenamente coñecedores da
ledicia que nos trae o feito de que Xesús naza outra vez en e entre nós, na
vida de cada un/unha, no medio das comunidades, na experiencia do compartir
solidario, na apertura á reconciliación co irmán e coa irmá, no pan comido en
comuñón, expresión da unión para vencer este tempo de crise que tanta tristura,
vivida coma profunda desesperanza, está levando a corazóns e familias que ven
ameazado o seu presente e cheo de negróns o seu futuro. Porque non queremos
quedar nesta negrura, o tempo de advento quere ser para nós tempo de iniciación
á vida de fe na esperanza e sempre tendo referencia á solidariedade. E que
mellor xeito de facelo que a través e por medio dos sacramentos de iniciación e
da reconciliación?.
PERDÓN
- Porque
nos sobran motivos e nos falta esixencia para vivir cada día o Evanxeo do
amor, SEÑOR, QUE NON FAGAMOS O
CAMIÑO SOLOS.
- Porque son demasiadas as veces nas que esquecemos que o
bautismo pide de nós que sexamos pedras vivas na Igrexa e non simples
espectadores ou consumidores de celebracións, CRISTO, QUE NON FAGAMOS
O CAMIÑO SOLOS
- Porque non damos entendido que o bautismo é algo máis
que un rito, é un compromiso dunha vida entregada, SEÑOR,
QUE NON FAGAMOS O CAMIÑO SOLOS.
REMUÍÑO




ORACIÓN DA
COMUNIDADE
Porque queremos
que o rostro de Deus brille nas nosas accións que cada día facemos, dicimos
agora xunt@s:
GRAZAS, SEÑOR, POLO DON DO BAUTISMO
*
Para que sentíndonos Igrexa necesitada de conversión, cambio e
renovación, fagamos o posible para que a presenza do Espírito, que quixo vir a
nós no día do noso bautismo, sexa alento para dialogar co mundo, e non para
condenalo, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POLO DON DO BAUTISMO
*
Para
que as nosas comunidades sexan verdadeiramente lugares onde celebremos o
compromiso permanente de acoller a quen vén, de perdoar a quen se equivoca, de
defender a quen se sente maltratad@ ou menosprezado, Oremos.
GRAZAS, SEÑOR, POLO DON DO BAUTISMO
*
Para
que cada un/ha de nós nos deixemos enchoupar pola túa misericordia e polo teu
amor que nos invitan a sermos voz das persoas sen voz, alento para as persoas
enfermas, mans amigas para as persoas ignoradas, sorriso agarimoso para as
persoas que están soas ou son desprezadas e corazón quente para as persoas que
sofren, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POLO DON DO BAUTISMO
Grazas,
Señor, porque co tempo do advento, vólvesnos dar a oportunidade de reiniciar o
noso camiño, un camiño no que nos chamas a ser sementes do teu Reino. P.X.N.S.
Amén.
PARA A REFLEXIÓN
Falar
é cousa fácil, non así escoitar.
Sen dúbida por iso
nos deu o Señor dúas orellas pero solo unha lingua.
Oír como quen oe
chover. Oía campás sen saber onde, tamén resulta sinxelo. Non así o de escoitar
Poñerse
á escoita de alguén é, en
primeiro lugar, rexeitar todo o que pode distraer os nosos oídos, a nosa mente,
o noso espírito.
Escoitar é acalar os tumultos
interiores, apartar as fascinacións do exterior, afastar as interferencias que
dispersan a atención e distorsionan a palabra que o outro me dirixe.
Escoitar é facer un silencio
o suficientemente denso como para que eu grite desde el: Agora ti es mi
centro!, a miña meta!, a miña carreira lévame unicamente a ti!
Poñerse
á escoita de alguén é apartar
a mirada dun mesmo e volverse cara o outro, chegar ao cara a cara, como
dicindo: Aquí estou!. Non existe para min ningún outro interese!. Estou listo
para percibir ata o murmurio da túa palabra!
Escoitar equivale a acoller;
a abrir de par en par todas as portas tras das que un se agocha; a derribar
tanto aramado e fronteira tras das que nos parapetamos.
Escoitar a alguén é
descoidarme a min e preferir ao outro. É preferir ao que está aí, diante de
min; e acollelo co seu saco cheo de roupa máis ou menos limpa, pero que é a
súa. É aceptar que entre en min, é recibir ao outro, son os seus soños e os
seus desexos; cos seus gustos e desgustos; coas súas filias e as súas fobias. É
prever que vai desordenar os estantes tan coidadosamente ordenados da miña
existencia; é cederlle o sitio; é ofrecerlle as chaves da casa, como
dicíndolle: “A túa presenza vaime revolucionar todo; pero corro o risco: escóitote!. As palabras que me digas serán
para min espírito e vida”.
Advento
é o tempo da escoita porque é o tempo no
que, lentamente, asimilamos esa Palabra que viu habitar entre nós. Advento é o
tempo no que todos os que escoitan a Palabra aprenden a cambiar as súas tebras
en claridade. O tempo no que, poñéndose a súa escoita, arriscámonos a facer un
camiño cara a luz.
Advento
é o tempo no que as persoas escoitan ao Señor polo
altofalante de cada próximo. É cando todo o que endurece os corazóns se derrete
ante a calor do Evanxeo. É cando saltan á boca dun palabras novas e ao corazón
dun sentimentos novos e á conduta dun actitudes novas... Así nace o Outro nun.
Por iso, porque...
Advento é
tempo de iniciación!
CANTOS
ð
ENTRADA: Preparade o camiño
ao Señor
ð
LECTURAS: A auga do Señor
ð
OFERTORIO: Xesús chamado amigo
ð
COMUÑÓN: Volve Señor
![]() |
Add caption |
Comentarios