NO AMOR DE CRISTO, O PAN DA SOLIDARIEDADE RACHA AS CADEAS DA CRISE SIGNO DE CORESMA : A frase que escollemos para colocar este segundo domingo arredor do signo principal é TAN ASUSTADO ESTABA, QUE NON SABÍA O QUE DICÍA. Con ela queremos expresar de que moitas veces a nós tamén nos pasa que estamos tan asustados que non sabemos o que dicimos, e a solidariedade convértese en avaricia e egoísmo. PÓRTICO Dinos o Evanxeo de hoxe que Pedro, co susto que tiña ao descubrir quen era Xesús e como se lles acababa de manifestar, non sabía o que dicía. E cando un non sabe o que di, pola súa boca acaban saíndo cousas sen sentido, e das que moitas veces acaba arrepentíndose. Que mellor invitación entón, á luz do Evanxeo que logo proclamaremos, para que fagamos o esforzo de pensar as cousas antes de dicilas; de introducir a reflexión no canto do arrouto; de non falar para o aire. Non é doado, pero e...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra