A SAÚDE, DEREITO DE TODAS AS PERSOAS...... ACTÚA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
(CAMPAÑA DE MANS UNIDAS 2012)
PÓRTICO
A
todas as persoas nos preocupa gozar de boa saúde, sobre todo cando a
perdemos, cando corremos o risco de perdela ou cando somos conscientes
de como se vai deteriorando. Cando estamos che@s de vida e de forza,
frecuentemente vivimos alle@s ao valor real do que temos. Ademais, o
feito de que na nosa sociedade rica, afeit@s como estamos a poñernos nas
mans dos médicos e a acudir aos centros de saúde ou aos hospitais,
esquecemos con frecuencia que cadaquén é responsable da súa saúde.
Pero, é este un dereito do que todas as persoas disfrutamos?. Desgrazadamente non. Por iso, a campaña deste ano de Mans Unidas
intenta chamar a nosa atención sobre o feito de que temos que traballar
para que este dereito fundamental sexa unha realidade para todas as
persoas do mundo. Temos que romper ese círculo vicioso da fatalidade de
que hai enfermidades de ricos e enfermidades de pobres.
Porque
o dereito á saúde non é unha cuestión exclusivamente médica: hai que
considerar todo aquilo que deteriora ou ameaza a calidade de vida das
persoas: vivir en condicións pouco saudables, non ter un sistema
sanitario que proporcione atención estable, non dispor dos alimentos e
da auga precisos, non ter acceso ás menciñas básicas.... A
insensibilidade diante do sufrimento dos demais, alimentada pola cultura
da abundancia, do consumismo e do non esforzo debe ser superada a
través da formación moral da conciencia na responsabilidade social e na
información.
Que esta celebración que agora comezamos nos axude a poñernos na liña de saída.
O PERDÓN- Por non agradecer a saúde e a vida que pos nas nosas mans, SEÑOR, SE QUERES PODES LIMPARNOS.
- Porque moitas veces non coidamos a nosa saúde como debemos e só nos damos conta do importante que é cando a perdemos, CRISTO, SE QUERES PODES LIMPARNOS.
- Por ter renunciado a “gastar” o noso tempo escoitando, esperanzando e acompañando ás persoas enfermas, SEÑOR, SE QUERES PODES LIMPARNOS.
Que dura lei aquela!. Quen vía aparecer na súa pel as manchas da lepra
sabía que todo estaba perdido. Era declarado impuro, marxinado
friamente..... para que ninguén o confundira cunha persoa boa, para que
ninguén se contaminara. Como tantas persoas leprosas de hoxe: os anciáns e as anciás, que despois de dalo todo, constitúen un atranco e un estorbo para a familia; @s parad@s, sen posibilidade de ter unha vida digna mentres outras persoas nadan na abundancia; @s enferm@s,
moitas veces abandonad@s pola súa familia nos centros hospitalarios e
sen pinga de cariño; persoas ás que se lles negan os seus dereitos
fundamentais polo seu xénero, pola súa ideoloxía, pola cor da súa pel,
por rezar a un deus diferente....
A sociedade, dicimos, ten que defenderse delas. Nós privatizamos a nosa
vida cortando toda clase de relacións co mundo das persoas que sofren e
illámonos nos nosos propios problemas, facéndonos cada vez máis
insensibles diante da dor allea. Medra a apatía, a indiferenza e a
insensibilidade diante do sufrimento das outras persoas. E así educamos á
xente nova, para que non se conmovan e pensen só en si mesmos. A fin de
contas.... é o máis normal!. Trátase de poñer en práctica as ensinanzas
daquela vella fábula: non se pode deixar que unha soa mazá podre acabe
podrecendo ao resto das mazás sans. Elemental.
Pero vén Xesús e pono todo do revés. Achégaselle un leproso e El,
sentindo mágoa, estende a súa man e cúrao. Que atrevemento!!!!!. Porque
non lle gustan os “ghettos”. El veu para liberar, para salvar, por iso
non quere que se marxine a ninguén. Como poderá sandar un doente a quen
se lle corta todo contacto coa vida?. El prefire arriscar, porque ama.
El opta pola integración....E o camiño queda aberto. Fronte dun mundo
que pecha comodamente os seus ollos para non ver a quen sofre ou que
diante daqueles que poden crearnos problemas non atopa máis solución que
metelos en bolsas de lixo e deixalos que vaian podrecendo nas aforas
das nosas cidades, Xesús ensina un camiño diferente: acoller, integrar, salvar.
E por ese camiño difícil e moitas veces incomprendido por ser política e
relixiosamente incorrecto, foron entrando, ao longo dos séculos, as
persoas que optaron por seguilo, para que todos se salven. Velaquí a
encrucillada na que nos atopamos: ou tomamos o camiño da primeira
lectura e, nun “sálvese quen poida” buscamos só non contaminarnos co
mal, conservarnos limpos e impecables, colocar fóra da nosa vista toda
pobreza e toda maldade, non mesturar as mazás sans coas podres..... ou
cambiámonos á lóxica positiva que Xesús reflicte nas súas parábolas: un
pouco de lévedo, na masa, é quen de transformala; un gran de sal,
morrendo dentro, acaba dando sabor a toda a comida. É unha lóxica
distinta: ir polo mundo cos brazos abertos acollendo, comprendendo,
compartindo, integrando, aínda a costa de tragarnos o medo de que algo
sucio se nos poidan pegar.
Hoxe, segundo domingo de febreiro celebramos a Xornada Nacional de Mans
Unidas. Este ano, baixo o lema “A saúde, dereito de todas as persoas.
Actúa!, chámanos a combater no mundo fronte dun grande número de
enfermidades que se dan especialmente nos países en vías de
desenvolvemento. Os coñecementos médicos actuais fan posible a
erradicación destas enfermidades. Cómpre a elaboración de programas
médicos, sociais e educativos que leven a reducir a extensión das
mesmas. A simple vista, o tema deste ano é só un asunto médico e de
investigación científica, pero a verdade é que a loita contra destas
enfermidades debe englobarse nunha visión máis ampla da saúde, que
chamamos salvación. Debemos mirar pola salvación das persoas.
Se botamos unha mirada crítica ao noso mundo, descubrimos que existen
dous mundo paralelos no campo da economía que dividen ás persoas en
ricas e pobres, en sociedade do benestar e sociedade de supervivencia,
en fartos e famentos.... Esta mesma división reprodúcese de xeito
escandaloso se cabe no campo da saúde e da enfermidade. Existe un mundo
desenvolvido no que a saúde está completamente protexida e asegurada. A
meirande parte da investigación médica céntrase na saúde e nas
enfermidades das persoas deste mundo rico, de xeito que case todas as
enfermidades e problemas clínicos teñen unha solución posible...Pero, ao
mesmo tempo, moi preto deste mundo desenvolvido, porque os transportes e
as comunicacións achegáronnos moito, existe un mundo sumido na
prehistoria médica, paralela e proporcional á súa miseria económica.
Nese mundo non existe asistencia médica universal, ás veces nin tan
sequera hai atención médica ningunha. É un mundo que non coñece nin
disfruta os avances da medicina. Nel, as persoas sobreviven ou morren
nunha situación de prehistoria da hixiene, da saúde e da medicina. É un
mundo estancado, alleo aos avances da ciencia, no que a supervivencia
non depende da medicina, senón da fortaleza física das persoas enfermas.
É un mundo no que a vida está sempre en perigo, porque calquera
infección, calquera bacteria, calquera virus, pode truncar en poucos
días calquera vida humana.
Nós hoxe, sabemos que as enfermidades non son un castigo de Deus e que
as persoas doentes son aínda máis queridas por El por ser fill@s
sufrintes. Porén, as persoas enfermas nos países máis pobres, viven sen
dignidade, sen dereitos, sen futuro, moitas veces abandonadas á súa
sorte. Nós debemos sentir o que afirma o documento base de Mans Unidas
deste ano: “Os
enfermos da SIDA, paludismo ou malaria, tuberculose, chagas, dengue,
entre outras enfermidades, teñen valor para nós, impórtannos. Son seres
humanos que non perden a súa dignidade ética. A nosa compaixón activa
comprométenos con eles para ser compañeir@s de viaxe na recuperación da
súa saúde e no desenvolvemento de todas as súas capacidades”.
Se así o facemos, estaremos levando a salvación global a todas as
persoas.A sociedade seguirá levantando fronteiras de separación cara ás
persoas marxinadas. Son fronteiras que, a unha persoa crente, só lle
indican as barreiras que ha traspasar para achegarse ao irmán e á irmá
necesitad@s.
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Señor, ti sempre nos valoras como somos, por iso nos deches a tod@s a mesma dignidade, por iso xunt@s dicimos:
SEÑOR, SANDA O NOSO CORAZÓN DO EGOÍSMO
- Por todas aquelas persoas que na Igrexa teñen tarefas de responsabilidade, para que o seu testemuño e a súa palabra manifesten sempre o amor de Deus polos máis pequenos, OREMOS.
SEÑOR, SANDA O NOSO CORAZÓN DO EGOÍSMO
- Polos nosos gobernantes e políticos, para que impulsen o verdadeiro desenvolvemento dos pobos máis pobres, eliminando as causas da fame das enfermidades, OREMOS.
SEÑOR, SANDA O NOSO CORAZÓN DO EGOÍSMO
- Por todas as persoas que se atopan nunha situación de sufrimento, polas persoas enfermas, polas persoas que viven con fame e sede, polas persoas que non ven respectados os seus dereitos e a súa dignidade, para que o consolo de Deus, a través nosa, e a axuda de todos as faga saír da súa pobreza, OREMOS.
SEÑOR, SANDA O NOSO CORAZÓN DO EGOÍSMO
- Por todas as persoas que traballan en e por calquera ONG, para que o amor de Cristo brille nelas e se estenda a todas as persoas, OREMOS.
SEÑOR, SANDA O NOSO CORAZÓN DO EGOÍSMO
- Por cada un e cada unha de nós, para que a través do noso testemuño de entrega e de sinxeleza contribuamos ao verdadeiro desenvolvemento de todas as persoas, irmás nosas, OREMOS.
SEÑOR, SANDA O NOSO CORAZÓN DO EGOÍSMO
- Para que sempre coidemos e agradezamos a saúde coma un ben fundamental, traballando para que sexa un dereito do que poidan disfrutar todas as persoas, OREMOS.
SEÑOR, SANDA O NOSO CORAZÓN DO EGOÍSMO
Señor, ti creáchesnos a todas as persoas iguais en dignidade. Non deixes de lembrárnolo día a día. PXNS. Amén.
PARA A REFLEXIÓN
Señor Xesús, que curaches ás persoas enfermas
para manifestarlles o amor de Deus.
Cura as enfermidades do noso mundo,
do noso corpo, do noso corazón.
Axuda ás persoas que están enfermas por seren pobres,
ás enfermas de SIDA, de malaria, de tuberculose
e doutras enfermidades asasinas dos pobres.
Axuda tamén ás persoas enfermas do corazón,
ás persoas enfermas dunha sociedade opulenta,
que só pensa en si mesma,
que se esquece das persoas pobres, deixándoas morrer.
Elas están enfermas de SIDA,
nós estamos enferm@s de insensibilidade;
elas padecen a malaria,
nós padecemos o egoísmo;
elas sofren a tuberculose,
nós sufrimos a falla de valores;
elas padecen a enfermidade do soño,
nós durmimos sen enterarnos da realidade;
a elas os parasitos inocúlanlles virus e bacterias,
a nós inféctanos o virus do materialismo egoísta;
elas padecen desnutrición, colite e cólera,
nós provocamos a cólera coa nosa pasividade.
Señor, Ti que pasaches facendo o ben
devolvendo a saúde ás persoas pecadoras
e sandando ás persoas enfermas coas túas mans milagreiras,
fai que as nosas mans solidarias
sexan prolongación das túas,
para seguir salvando, hoxe,
a toda clase de persoas enfermas do noso mundo.
CANTOS- ENTRADA: Unha xuntanza de amor
- LECTURAS: O amor é o meirande
- OFERTORIO: Eu soñei
- COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas
Comentarios