Ir al contenido principal

Santiago Apóstolo 2012

BEBER DA PALABRA DE DEUS PARA FACELA PRESENTA NOS GOZOS E ESPERANZAS DAS XENTES DE BEN
Pórtico
            A festa de Santiago Apóstolo volve xuntarnos de novo ao redor do altar para compartir e celebrar a fe. Desde o testemuño que temos recibido a través dos textos da palabra de Deus, podemos dicir que Santiago foi un home de fe profunda, coherente co que cría e facía. O seu aparente arrouto non era máis que expresión da súa dispoñibilidade para levar o seguimento de Xesús ata o extremo, e abofé que o fixo. A vida entregada como servizo ao Evanxeo é para tod@s nós, crentes do terceiro milenio, unha imaxe desde a que somos invitad@s a construír e desenvolver a nosa propia vida. E difícil sería facelo se non tiveramos os pés no chan, e non compartiramos alentos e desalentos cos homes e mulleres do noso tempo, de aí que tamén o día de hoxe sexa cando @s galeg@s celebramos a festa da nosa terra, o día de Galicia, para que como Santiago, saibamos ser fieis á nosa xente, sabendo compartir momentos difíciles, como os que agora estamos a vivir, e despregar a mellor da nosa empatía, de xeito que ninguén que estea ao noso lado se senta ou quede en soidade e abandono. Que hoxe, fe e identidade, sexan motivos gozosos desde os que celebrar sentírmonos comunidade que segue a Xesús.

Perdón
  • Por tódalas veces nas que non quixemos ser colo para quen estaba canso, e berce para quen buscaba acougo, SEÑOR, QUE COIDEMOS O TESOURO DA FE.
  • Porque a nosa comodidade lévanos a esquecer que a resposta ás provocacións está no amor e non na violencia, CRISTO, QUE COIDEMOS O TESOURO DA FE.
  • Porque nos sobran arroutos e nos falta valentía, SEÑOR, QUE COIDEMOS O TESOURO DA FE.
Remuíño
ð @s que acostumamos a participar nas celebracións temos escoitado moitas veces a lectura de Paulo aos Corintios onde se nos presenta a fe coma un tesouro, e coma tal, necesitado de protección e coidado. E isto que tantas veces foi lido diante nosa, móstranos que a fe é moito máis que un asistir a celebracións ou pedir ritos para @s nos@s fill@s. Afirmar que a fe é un tesouro pon de manifesto que é un valor a protexer e conservar, porque nela imos atopando o guieiro para ir facendo o camiño da vida de xeito coherente, e para ir asentando as decisións que nese camiño necesitamos ir tomando. Valores e principios que logo se van expresando en actitudes que mostran a nosa sensibilidade cos crucificados da nosa sociedade ímolos descubrindo a medida que coñecemos a mensaxe do Evanxeo, e o poñemos en relación co que pasa no mundo do que formamos parte. De aí que coma crentes non podemos quedar indiferentes cando descubrimos unha inxustiza, unha mentira, un engano, un maltrato, unha manipulación... ou calquera comportamento no que a persoa, filla de Deus, non ve respectada a súa dignidade e os seus dereitos. Algúns, na maioría das veces por ignorancia ou por vivir a fe coma simple costume, chamaranlle a isto facer política; outros, os máis, descubrirán as consecuencias e a coherencia de chamarse seguidores de Xesús. Se El actuou así, como nós imos recuar e calar diante de tales feitos?. A dimensión social da fe fainos ver que o Evanxeo non son palabras, senón compromisos e comportamentos. Que senón outra cousa fixeron os mártires?. Que senón fixeron aqueles seguidores da primeira hora que, como Santiago a quen hoxe honramos, deron o mellor que tiñan, a súa vida, por defender a causa de Xesús?. E isto é importante que o pensemos un pouco para non facer do Evanxeo e dos testemuños dos dous mil anos de historia do cristianismo, un simple relato que xa pasou. O que non é verdade. O Evanxeo é tamén de hoxe, está aquí, e a nós correspóndenos poñelo en valor e presentalo coa nosa vida. Que mellor tesouro, si, pero tamén que fraxilidade, coma a dos vasos de barro, a nosa!. Crer, falar e vivir son as tres columnas sobre as que construímos a resposta que Xesús, como fixo con Santiago e Xoán, nos segue a pedir a nós.
ð Querer beber do cáliz de Cristo non é unha frase feita, senón unha esixencia de tódolos cristiáns. Unha esixencia que temos que concretar no aquí e agora da vida de cada un de nós; o que supón e pide estar moi atentos ao que pasa no mundo –“Aos signos dos tempos”-.Nós non nos retiramos a vivir a fe aos cuarteis de inverno, senón que a vivimos desde a intemperie do noso mundo. Unha intemperie que está a deixar a moita xente vivindo en desacougo e desesperación. Coñecer a situación, e non tentar escapar dela para meternos dentro das paredes da igrexa, é o primeiro paso para responder á pregunta de Xesús sobre se somos capaces, e queremos selo, de beber o seu cáliz. Non é un cáliz de viño, senón o cáliz que ofrece tempo de fraternidade, colaboración desinteresada e presenza sempre solidaria a tantas persoas ás que a cruz das portas pechadas se lle vai poñendo diante cada día. Bebe-lo cáliz non é mirar para outro lado ou arrimarnos aos nosos, desinteresándonos de quen vai quedando atrás ou é abandonado nas beiras. Bebe-lo cáliz é compartir co irmán os traxectos do seu propio calvario axudándolle a levar a súa cruz. Unha cruz que para moit@s neste momento está a ser moi pesada. Que a celebración de hoxe, desde a  escoita reflexiva da palabra, nos leve a descubrir que a nosa resposta non debe ser buscar saír nos telexornais ou dicir discursos cheos de retórica; tampouco situarnos á beira dos poderosos que viven ao marxe das preocupacións dos pequenos, sinxelos e explotados; senón que a nosa resposta, neste día de Galicia e na festa de Santiago, non poderá ser outra que a de non calar diante da inxustiza, como fixo Xesús, e non pecharlle as portas da nosa vida aos que chamen nela porque necesitan que lle prestemos atención.
Oración da comunidade
            O Señor que nos convoca, invítanos agora a expresar con fondura o que sentimos e queremos compartir neste momento da oración comunitaria. Facémolo dicindo:
QUE COMPARTINDO O TEU CÁLIZ, XERMOLEMOS NA ESPERANZA
*        Para que na Igrexa non esquezamos nunca que a universalidade da túa mensaxe é necesario vivila na cercanía, a acollida e o respecto da cultura e da lingua de cada pobo, Oremos.
QUE COMPARTINDO O TEU CÁLIZ, XERMOLEMOS NA ESPERANZA
*        Para que no medio das nosas comunidades teñamos sempre presente que a fe cando se separa da vida convértese en baldío estéril e sen froito, impedíndonos ser sensibles e cercanos aos gozos e preocupacións dos nosos veciños, Oremos.
QUE COMPARTINDO O TEU CÁLIZ, XERMOLEMOS NA ESPERANZA
*        Para que no día a día da nosa vida nos esforcemos por integrar o tesouro da fe en canto facemos, para poder deste xeito dar resposta á túa invitación de dar froitos de boas obras, especialmente con aqueles que máis sofren, Oremos.
QUE COMPARTINDO O TEU CÁLIZ, XERMOLEMOS NA ESPERANZA
Agradecid@s, Señor, por esta oración que vimos de compartir, poñemos en Ti a nosa forza e a nosa esperanza, únicos camiños que nos axudan a loitar por un futuro máis xusto e fraterno. P.X.N.S. Amén.

Reflexión
O Reino de Deus é amor. Pero, que significa amar?.Significa ser sensible á vida, ás cousas e ás persoas; ter sentimentos cara todo e cara todos, sen excluír nada nin a ninguén. Porque á exclusión só se chega a base de endurecerse, a base de pechar as propias portas. E o endurecemento mata a sensibilidade. Non che resultará difícil atopar exemplos desta clase de sensibilidade na túa propia vida. Non te paraches nunca retirar unha pedra ou un cravo da estrada para evitar que alguén puidera danarse?. O de menos é que ti non chegues nunca a coñecer á persoa que vai beneficiarse dese xesto, ou que non se che agradeza o que fixeches. Falo por puro sentimento de benevolencia e bondade. Neses momentos e noutros moitos, o amor aflorou á superficie na túa vida, facendo ver que se atopaba no teu interior esperando ser liberado. ( A. De Mello, Una llamada al amor.)
Cantos
            ENTRADA: Amigos nas penas
            LECTURAS: Canta o sol/Xurdirá
            OFERTORIO: Na nosa terra/Misioneiro
            COMUÑÓN: Acharte presente/Grazas, Señor, graciñas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...