O GOZO DUNHA UTOPÍA QUE DEPENDE DE NÓS IR CONCRETANDO: AMÉMONOS NA
FRATERNIDADE SOLIDARIA
ESCOITA ACTIVA
As
palabras, cando se usan de xeito indiscriminado ata convertelas en palabras
fetiche –tanto valen para un roto como para un descosido–, acaban perdendo o
seu significado orixinal e profundo. Isto é o que ten pasado coa palabra amor.
A forza de ila repetindo tantas veces e utilizala en situacións que pouco ou
nada tiñan que ver unhas con outras, acabamos por facerlle perder o sentido que
lle deu Xesús cando o proclamou como o gran mandamento dos cristiáns. Porén, se
queremos volver á novidade dos textos de Xesús, atoparemos a frescura dun
valor, dunha actitude que nos levan a plantexar as nosas relacións cos demais
desde unhas claves diferentes ás que habitualmente utilizamos.
O amor é cerne, cimento da mensaxe de Xesús, e está chamado a selo na vida dos cristiáns....na vida de cada un e cada unha de nós. Non deixemos que se cousifique en algo puramente físico que se esgota e rompe, e traballemos para convertelo en xenerosidade e entrega na nosa relación cos demais.
O amor é cerne, cimento da mensaxe de Xesús, e está chamado a selo na vida dos cristiáns....na vida de cada un e cada unha de nós. Non deixemos que se cousifique en algo puramente físico que se esgota e rompe, e traballemos para convertelo en xenerosidade e entrega na nosa relación cos demais.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
*
Por
ter reducido o amor a un impulso físico, medíndoo como tempo e non como entrega
e acompañamento, SEÑOR, SÁNDANOS COA TÚA
MISERICORDIA.
*
Porque
somos dos que perdoan, pero non esquecen, e a memoria do mal fainos infelices, CRISTO, SÁNDANOS COA TÚA MISERICORDIA.
*
Por
empobrecer a forza e riqueza do teu amor ata convertelo en beneficencia, SEÑOR, SÁNDANOS COA TÚA MISERICORDIA.
PALABRA ENRAIZADA
- Amor e próximo forman un binomio fundamental no ser dos cristiáns. Constantemente os textos da biblia, e dentro deles as actitudes que se propoñen como icona a seguir por parte das persoas, poñen este binomio como cerne do que supón confesar a presenza do Deus monoteísta no sentir, actuar e agradecer para a vida dos crentes. O día a día de cada un de nós ha estar marcado polo desenvolvemento destas dúas realidades que, parecendo doadas de cumprir cando se formulan teoricamente, convértense en tarefa e esforzo a medida que as pretendemos levar á nosa praxe de cada día. Isto pon de manifesto que o seguimento dunha convicción relixiosa non é un simple anuncio de boas intencións, senón unha loita por ir enchendo a vida de todo canto nos vai identificando coas actitudes e as esixencias que nos supoñen manifestarnos como crentes. Cómo non sentir rubor diante de certos comportamentos e manifestacións cando os que teñen a tarefa de servir e animar aos membros das comunidades, coa súa maneira de actuar e dicir, fan todo o contrario?. Cómo non sentir escándalo cando persoas que din ter fe en Deus son capaces de enganar, manipular e mesmo reducir ao anonimato e ao esquecemento aos máis débiles e necesitados ou aos que denuncian a súa hipocrisía por non ser coherentes no seu actuar co que din crer?. Pero, sen ir moi lonxe, cómo nós mesmos, tan críticos cos que mandan ou teñen calquera tipo de autoridade, somos capaces de xustificar cos nosos amigos ou familiares, o que non xustificariamos nin permitiriamos a quen pensa diferente a nós ou non é do noso círculo?. O amor a Deus e mais ao próximo non son dúas palabras bonitas que teñamos que relacionar mirando e esixíndolle aos demais. Ámbalas dúas teñen que ser os dous cimentos que nos fagan sentir que ter fe é importante e paga a pena, porque as persoas, fill@s de Deus, estamos por riba de intereses, ganancias ou poder. Deus, a quen tanto pronunciamos cos nosos labios, estanos a dicir que a dignidade e o respecto que pedimos para El e para nós, son os mesmos nos que temos que esforzarnos cando nos relacionamos cos demais. Só deste xeito seremos capaces de entender o que dicimos cando afirmamos que Deus é compasivo e misericordioso.
- Este amor de dobre dirección só pode mostrarse a través do noso esforzo por non ceder á presión de facer da fe e das conviccións relixiosas algo irrelevante... reducíndoo –no mellor dos casos– a unha cuestión puramente cultural, empobrecéndoo nuns ritos e prácticas que, para moitos, só serven para atraer xente e dar beneficios económicos, pero sen ningunha ligazón cara ao Deus da salvación que non distingue entre uns e outros e non cala diante da inxustiza. Por iso Paulo fainos unha chamada de atención para que non vaiamos por este vieiro. A tal fin refréscanos a memoria ao dicirnos que non debemos enganarnos entreténdonos con andrómenas de desunión e enfrontamento....porque o noso non é máis, tampouco menos, que ter a Cristo como facho que ilumine o noso camiño. Non somos duns ou doutros: dereitas/esquerdas; ricos/pobres; espabilados/chouchos; autoridade/pobo... Non, os cristiáns non deberiamos esquecer que a nosa razón de ser está cimentada en Cristo. Non nese Cristo que tantas veces nos teñen presentado como derrotado, sufrinte ou doente, senón o Cristo que non cala diante da inxustiza, que non exclúe a uns -os pobres- para irse cos que mandan esquecéndose daqueles dos que ninguén fala e aos que a atención que se lles presta redúcese a unha cifra estatística nas novas dun telexornal. Paulo chámanos a non deixarnos manipular para non perder o centro do que debe ser a nosa vida: somos de Cristo, e desde e por El ímonos abrindo ao agradecemento a Deus e ao servizo aos irmáns. Ser de Cristo nin é un título nin un papel con selo parroquial, senón a actitude permanente de facer o que El fixo. E isto é unha realidade sempre en camiño e nunca conseguida, por iso os cristiáns nunca nos damos por satisfeitos; e a esperanza anima, orienta e reaviva as nosas vidas.
·
O pleno
de todo este camiño cheo de esforzo e decisións é o amor vivido e sentido como
capacidade para escoitar e perdoar. O “amade aos vosos inimigos” ao que nos
chama Xesús quere resoar como eco en nós para que fagamos unha paradiña e
revisemos a nosa maneira de tratar aos demais e de facer as cousas seguindo
este criterio. Non se nos está pedindo que teñamos que ser os “super amigos de
tod@s“, senón que se nos invita a que miremos cara dentro, e, sendo sinceros
con nós mesmos, tratar de esforzarnos por afastar comportamentos que supoñan
vinganza, soberbia, superioridade, engano, avaricia… e cos que facemos de menos
aos demais. Os amigos elíxense, é verdade; os inimigos créanse. Fagamos o
esforzo de non creralos, senón de recoñecer que na pluralidade só cabe unha
actitude: o respecto e a busca do trato igualitario duns cos outros, sen que
iso supoña identificarse co que o outro pensa, nin que por elo teñamos que
facer o que os outros fan. O amor é tarefa, e iso significa aprender a camiñar
xunt@s... sen impoñer nin deixar que nos impoñan.
FRATERNIDADE ORANTE
Señor,
chámasnos a non identificar o amor coa domesticación. Agradecid@s por non
deixar que tropecemos no noso camiño, dicimos xunt@s:
SEÑOR, QUE TOMEMOS EN SERIO O AMOR AOS DEMAIS
*
Para
que cantos formamos a Igrexa nos esforcemos por camiñar por vieiros de servizo,
respecto e igualdade á hora de tratarnos uns aos outros, OREMOS.
SEÑOR, QUE TOMEMOS EN SERIO O AMOR AOS DEMAIS
*
Para
que nas parroquias nos esforcemos por deixar atrás os contos e os comentarios
que tanto feren e doen, e comecemos a dicirnos as cousas con respecto e sen
segundas intencións, OREMOS.
SEÑOR, QUE TOMEMOS EN SERIO O AMOR AOS DEMAIS
*
Para
que non fagamos da nosa vida un engano, créndonos os mellores e sen necesidade
de arrepentírmonos e pedir perdón, OREMOS.
SEÑOR, QUE TOMEMOS EN SERIO O AMOR AOS DEMAIS
Señor, anima e alenta esta nosa
oración comunitaria. Que atopemos en Ti a forza que nos leve a superar
divisións e enfrontamentos entre nós. P.X.N.S. Amén.
MIRADA DE ESPERANZA
HOXE SÉI QUE A MIÑA VIDA É UN DESERTO
(Liturxia das Horas, Luns II, Laudes)
(Liturxia das Horas, Luns II, Laudes)
Hoxe, que sei que a miña vida é un deserto
no que nunca nacerá unha flor,
veño pedirche, Cristo xardineiro,
polo deserto do meu corazón.
Para que nunca a amargura sexa
na miña vida máis forte que o amor,
pon, Señor, unha fonte de alegría
no deserto do meu corazón.
Para que nunca afoguen os fracasos
as miñas ansias de seguir sempre a túa voz,
pon, Señor, unha fonte de esperanza
no deserto do meu corazón.
Para que nunca busque recompensa
ao dar a miña man ou ao pedir perdón,
pon, Señor, unha fonte de amor puro
no deserto do meu corazón.
Para que non me busque a min cando te busco
e non sexa egoísta a miña oración,
pon o teu corpo, Señor, e a túa palabra
no deserto do meu corazón.
CANTO GOZOSO
- ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar
- LECTURAS: Canta o sol
- OFERTORIO: Como che cantarei
- COMUÑÓN: No colo de miña nai
Comentarios