Ir al contenido principal

Lecturas domingo 8 TO A



DOMINGO 8 ORDINARIO – CICLO A

PRIMEIRA      Is 49, 14-15
Non me esquecerei de ti

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS


Sión di: "Iavé non me abandonou, o Señor non se esqueceu de min".
"¿Esquécese unha muller do seu meniño? ¿Non se compadece do fillo das súas entrañas?
Aínda que ela se esqueza, eu non me esquecerei de ti.


SALMO RESP.     Sal 61, 2-3. 6-7. 8-9ab
R/  (6a):  Soamente en Deus acouga, alma miña:

Soamente en Deus acouga a miña alma,
del vén a miña salvación.
El é a miña rocha, o meu acorro,
o meu castelo. Xamais eu non caerei.

Soamente en Deus acouga, alma miña:
El é a miña esperanza.
El é a miña rocha, o meu acorro,
o meu castelo. Xamais eu non caerei.

Deus é a miña salvación e a miña gloria;
el é a miña rocha, o meu castelo.
Pobo seu, afiuza sempre nel,
desafoga diante del o corazón.


SEGUNDA     1 Cor 4, 1-5
O Señor ha manifestar os motivos dos corazóns

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS


Irmáns e irmás:
Que a xente vexa en nós uns servidores de Cristo e administradores dos misterios de Deus. Ora, o que se lles pide ós administradores é que sexan de fiar. Por min impórtame moi pouco que me pidades contas vós ou un tribunal humano; nin tan sequera eu me xulgo a min mesmo. Certo que de nada me remorde a conciencia. Pero non por iso estou xa xustificado: quen me pide contas é o Señor. De modo, que non xulguedes antes de tempo: agardade a que chegue o Señor. Xa se encargará El de sacar á luz os segredos das tebras e de descubrir os motivos dos corazóns. Entón quen o mereza recibirá do Señor o seu aprobado.


ALELUIA      Hebr 4, 12
A palabra do Señor e viva e eficaz
discerne os pensamentos e intencións do corazón


EVANXEO       Mt 6, 24-34
Non vos preocupedes polo que pasará mañá

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO


Dilles Xesús ós seus discípulos:
Ninguén pode servir a dous amos, porque ou lle ten lei a un e xenreira a outro, ou ben atende a un e menospreza ó outro. Non podedes servir a Deus e mais o diñeiro.
Por iso dígovos: non andedes agoniados pola vosa vida (o que ides comer, o que ides beber), nin polo voso corpo (o que ides vestir). ¿Non vale máis a vosa vida cá mantenza, e non vale máis o voso corpo có vestido?
Ollade para as aves do ceo: nin sementan, nin seituran, nin recollen nas arcas e, con todo, son mantidas polo voso Pai celestial. ¿Non valedes vós máis ca elas? E ¿quen de vós, por máis que se angustie, pode engadir un anaco máis ó tempo da súa vida?
E polo vestido ¿por que vos angustiades? Aprendede dos lirios do campo: como medran, e non traballan, nin fían. E asegúrovos que nin Salomón en toda a súa gloria se chegou a vestir coma un deles. Pois se á herba do campo, que hoxe verdea e mañá será botada ó forno, Deus así a viste, ¿canto máis non fará por vós, homes de pouca fe?
Non andedes angustiados dicindo: "¿Que imos comer?" ou "¿que imos beber?" ou "¿que imos vestir?" Por todas esas cousas andan angustiados os pagáns; e ben sabe voso Pai celestial que as precisades. Procurade primeiro o Reino de Deus e maila súa xustiza, e todas esas cousas hánsevos dar de máis a máis. Así que non vos angustiedes polo de mañá; mañá xa traerá a súa angueira. Cada día ten abondo cos seus pesares.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...

Cristo Rei 2025

  UN REI DE SERVIZO NUN MUNDO PRECISADO DE ACOLLIDA E ESCOITA: XESÚS CRISTO CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA .- Que ledos hoxe estamos (  ) ·        LECTURAS .- Moito me alegrei (  ) ·        OFERTORIO.-  Na nosa terra ( 36 ) ·        COMUÑÓN.-  No colo de miña nai   ESCOITA ACTIVA          Remata hoxe o ano litúrxico que comezabamos o primeiro domingo de Advento, hai xa un ano. Un ano de ledicias e tristuras, de esperanzas e desacougos, de loitas e cansazos, pero sempre guiados pola forza e a presenza de Xesús o Mestre, aquel que pasou facendo o ben e tendendo a man a quen ía atopando ao longo do camiño.          E hoxe, como remate deste camiñar, celebramos a festa de Cristo Rei coa que queremos poñer de manifesto que o seu r...