TRABALLEMOS BUSCANDO CANTO NOS UNE, PARA FACER DA RELIXIÓN UN CAMIÑO DE ACHEGA E NON DE ENFRONTAMENTO Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5) LECTURAS: As túas palabras OFERTORIO: Velaquí, Señor, o viño (Nº 37) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ESCOITA ACTIVA Pecado e graza contrapóñense de novo hoxe nos textos que imos proclamar ao longo da celebración. Si, porque o pecado pon de manifesto a nosa limitación, a debilidade, a capacidade que temos de ser falibles, de equivocarnos, de non estar permanentemente na verdade nin de dar sempre a resposta acertada. O pecado, e isto non debera sonar raro, fainos poñer os pés no chan e descubrirnos humanos; superando a tentación, tan ao uso hoxe en día, do endeusamento; da substitución de Deus por nós mesmos, autodándonos aires de grandeza, superioridade e igualdade a Deus. Namentres nós actuamos así moitas veces, Deus móstrasenos coma un de nós, ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra