Ir al contenido principal

1 Advento 2019 A


Ao longo deste tempo de Advento, utilizaremos como sinal unha escaleira de catro chanzos, que chamaremos a escaleira da igualdade. Cada un dos domingos iremos colocando neles, comezando por abaixo, unha lenda que poña de manifesto que este tempo de Advento ha ser para nós a ocasión de ir deixando atrás aqueles comportamentos que fan que nos sintamos persoas atrapadas na rutina de non prestar atención á xente e ao dano que lle podemos procurar; xente que vai creando desigualdade nas nosas relacións e formas de pensar.
As lendas para cada un dos domingos serán:
            1º.- Deixemos atrás o chanzo do control
            2º.- Deixemos atrás o chanzo da falta de respecto a outras opinións
            3.- Deixemos atrás o chanzo da ansia de dominio
            4º.- Deixemos atrás o chanzo da aparencia
Nesta primeira semana colocamos a primeira lenda:

o   ENTRADA: Volve Señor (Nº 90)
o   LECTURAS: Moito me alegrei
o   OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32)
o   COMUÑÓN: No colo da miña nai (Nº 49)
ESPERTANDO Á RENOVACIÓN
            E volveu chegar o Advento, xa nos tardaba! E con el o comezo deste camiño de preparación á celebración do nacemento de Xesús. Queremos facelo con sinxeleza, e tentando poñer o mellor de nós en forma de sinceridade para cambiar e deixar atrás todo canto nos impide facer da igualdade na nosa casa, no noso traballo, no noso barrio, na nosa parroquia, no... de xeito que os chanzos sexan unha verdadeira subida que saiba deixar atrás todo canto nos vai cargando de desacougo e indiferenza ante a dor dos demais, especialmente das demais.
            Que poidamos chegar ao Nadal co corazón disposto a celebrar interiormente, superando a tentación do superficial e aparente.
ABRÓNOS Á MISERICORDIA
·      Para que nos esforcemos por non controlar a vida de ninguén; SEÑOR, QUE OS CHANZOS SEXAN DE CONVERSIÓN .
·      Para que aproveitemos este tempo de Advento para poñer andar pausado e reflexivo na nosa vida; CRISTO, QUE OS CHANZOS SEXAN DE CONVERSIÓN.
·      Para que a palabra que sae da nosa boca non sexa espada que fire, senón bálsamo que acolle; SEÑOR, QUE OS CHANZOS SEXAN DE CONVERSIÓN.
NA ESCOITA DA PALABRA
A escaleira que temos diante do altar márcanos a idea desde a que somos invitadas e invitados a celebrar este tempo de Advento. Chámasenos a subir os chanzos, a non quedarnos neles, a non estancarnos na comodidade de non plantexarnos como somos, que non estamos a facer ben, e canto esforzo estamos dispostos a poñer para ir superando cada un dos chanzos da nosa escaleira persoal da vida. O profeta Isaías expresa este camiño de non quedar parad@s ante ou no medio da escaleira invitándonos a mirar sempre cara adiante e a non facer este camiño sos, senón deixándonos acompañar da comunidade, porque a fe ou se vive en comunidade ou acaba illándonos no noso propio egoísmo. Así poderemos entender por que as espadas acaban sendo arados e as lanzas podaduras.

E neste camiño non ha ser a amargura tristeira senón a esperanza gozosa a que nos mova a subir estes chanzos que tantas veces nos retrasan, nos estancan e nos impiden avanzar e estar a gusto coa nosa vida, co que imos facendo cada día, e producindo en nós a sensación de baleiro e perda de horizonte. Sen norte cara ao que tirar, a vida acaba por ser unha simple espera da nada, do fin, do remate. Para que isto non sexa así os tempos fortes queren ser na liturxia católica o momento de pararse e orientar o camiño persoal de cada un/ha de nós. É logo o Advento tempo de graza e gratitude ao Deus que nos invita a espertar do soño que nos evade para deixarnos guiar pola luz que ilumina o noso camiño.

Fagamos entón este camiño alegres e sen rostros tristeiros e desencaixados, senón coa forza de prepararnos a acoller a quen chega porque non quere que nos perdamos na voráxine de barullos, propostas e ofertas, moitas delas puro consumismo líquido, que non queren outra cousas máis que desorientarnos e apartarnos do camiño. Velemos logo e preparémonos para cando El chegue e nos chame.
COMPARTINDO O QUE NOS UNE
Desde a escaleira da vida que hoxe comezamos a subir, pidamos ao Señor que non deixemos nunca de subir os chanzos que convertan o noso corazón en acollida e misericordia. Fagámolo dicindo xunt@s:

GRAZAS POR ALENTARNOS A SUBIR A ESCALEIRA
Para que na Igrexa tod@s, pero especialmente os que ocupan posicións de goberno, suban á escaleira deixando atrás a tentación de impoñer, xulgar e condenar, Oremos
Para que nas nosas parroquias non nos quedemos estancad@s nos chanzos que non fan posible que nos formemos e nos renovemos como crentes e veciñ@s, Oremos.
Para que na escaleira da vida non nos estanquemos na rutina, a desesperanza e a indiferenza ante a violencia que sofren persoas que viven ao noso redor, Oremos.
Grazas, Señor, pola oportunidade que nos dás de seguir subindo chanzos que nos axudan a cambiar a dureza do noso corazón. P.X.N.S. Amén.
AGRADECENDO O DON DA FE
As persoas cristiás, na nosa vida cotiá, deberiamos estar atentas ás tentativas do poder económico que pretende transformar o Advento nun período de louco consumismo, verdadeiro atentado á dignidade de todas as persoas que Cristo veu salvar. Igualdade e fraternidade son dous berros de esperanza que o Nadal proclama. O comportamento de cada persoa cristiá debería estar de acordo, non con os modelos culturais que os medios de comunicación se esforzan por impoñer, senón coas leccións de vida que se aprenden nas páxinas do Evanxeo, que narran o nacemento de Cristo, ou ao contemplar a simplicidade e pobreza do primeiro nacemento: unha gruta, unha manxadoira, un Neno, que sendo rico fíxose pobre para ensinar ás persoas a mais bela das leccións: felices os que teñen un corazón de pobre, porque deles é o reino dos ceos.
Onde están os mestres que queiran dicir isto con palabras e coa a vida? Os discípulos non tardarían en seren multitude. Porque o Advento naceu para introducir aos fieis no misterio da Encarnación, misterio que fai nacer a Deus para o os seres humanos e nos conduce cara Deus.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...

4 advento 2024

    HUMILDES CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA SINXELEZA ACOLLEDORA SINAL DE ADVENTO Completamos o noso berce.   CANTO GOZOSO o    ENTRADA:  Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS:  Vén axiña visitarnos (Nº 86) o    OFERTORIO:  Recibe, Señor (Nº 31) o    COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   OLLOS DE ESPERANZA              Belén era unha aldea pequeniña, un lugar que pasaba totalmente desapercibido e que semellaba pouco ou nada importante. Ata que unha noite converteuse en lugar de salvación e acollida, porque alí naceu o Fillo de Deus. Neste cuarto e derradeiro domingo do Advento, Belén quere ser para todas e todos nós un recordatorio claro de que Deus está no sinxelo, no humilde, na xente máis esquecida e que, ao igual que Belén, é moitas veces invisibilizada e marxinada.    CORAZÓN MISERICORDIOSO ·      ...