CAMIÑANDO NA SINODALIDADE
CANTO GOZOSO
o ENTRADA: Unha xuntanza de amor (Nº 7)
o LECTURAS: A túa Palabra (Nº 25)
o OFERTORIO: Eu soñei (Nº58)
o COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)
OLLOS ABERTOS
As persoas fixemos e facemos de todo con Deus. Unhas séntense na obriga de defendelo (aínda que sexa condenando aos irmáns e, sobre todo, ás irmás); outras mesmo ousan dicirlle o que debería facer nestes tempos de ateísmo e crise moral; algunhas seguen aferrándose a imaxes relixiosas e concepcións infantís. Hainas tamén que falan del coma se coñecen ao detalle os seus plans e designios; e quen invoca a súa autoridade a tempo e a destempo. Fanse e fixéronse demasiadas caricaturas de Deus... nas que as mais das veces non sae demasiado favorecido, pois El non é un Deus nin destrutor, nin castigador, nin vingativo, senón un Deus que crea, sostén e leva á plenitude a vida das persoas.
E neste contexto de vida, celebramos hoxe a Xornada da Igrexa Diocesana que pon diante de nós a necesidade de camiñar xuntos, sinodalmente, en palabras do papa Francisco, para sentírmonos comunidade que camiña compartindo ledicias e tristuras no amor e na misericordia de Deus.
CORAZÓN MAGOADO
Porque dicimos que queremos vivir, e pola contra facemos imposible a vida contaminando, explotando e asolando a Casa Común que nos deches, SEÑOR, LÉVANOS NO TEU COLO.
Porque pola febleza da nosa fe seguimos vendo a morte como final de meta, cando en realidade é comezo de vida en plenitude, CRISTO, LÉVANOS NO TEU COLO.
Polas veces nas que non quixemos comprometernos a camiñar en comunidade, SEÑOR, LÉVANOS NO TEU COLO.
PALABRA QUE INTERPELA
Afirmar que Deus é un Deus de vida e non de morte, supón que nunca creremos:
no Deus que sorprenda ás persoas nun pecado de debilidade,
no Deus que ame a dor,
no Deus que lle poña luz vermella ás ledicias humanas,
no Deus que esterilice a razón das persoas,
no Deus que bendiga aos novos Caíns da humanidade,
no Deus mago e feiticieiro,
no Deus que se fai temer.

no Deus que non se deixa chamar de ti,
no Deus que non precisa das persoas,
no Deus quiniela.... co que se acerta só por sorte,
no Deus árbitro, que xulga só co regulamento na man,
no Deus incapaz de sorrir diante das trasnadas das persoas,
no Deus que manda ao inferno,
no Deus que non sabe esperar

no Deus que adoran os que son capaces de condenar ás persoas,
no Deus incapaz de amar o que moitos desprezan,
no Deus incapaz de perdoar o que moitos condenan,
no Deus incapaz de redimir a miseria,
no Deus que lle impida ás persoas medrar, conquistar, transformarse,
no Deus que esixa renunciar a ser persoa para crer,
no Deus que non acepte unha cadeira baleira nas nosas festas.

no Deus que só poden entender as persoas maduras, sabias e ben situadas,
no Deus a quen lle agrade a beneficencia de quen non practica a xustiza,
no Deus que condena a sexualidade,
no Deus que se arrepinte de terlle dado a liberdade ás persoas,
no Deus que prefira a inxustiza á desorde,
no Deus mudo e insensible nos problemas da humanidade,
no Deus que cre discípulos desertores das tarefas do mundo.

no Deus que poña a lei por riba da conciencia,
no Deus que dea por boa a guerra,
no Deus que cause o cancro, a sida ou calquera enfermidade,
no Deus que non saia ao encontro de quen o abandonou,
no Deus que non tivese unha palabra distinta, persoal, propia para cada persoa,
no Deus que non tivese misterio,
no Deus que non fose maior ca nós,
no Deus incapaz de facer novas todas as cousas.
A Palabra que vimos de escoitar é clara. A que tren subimos, ao de vida ou ao de morte?.
ORAMOS EN COMUNIDADE
Pondo a nosa esperanza no Deus que sabe acompañar as nosas vidas e respectar a nosa liberdade, compartamos agora a nosa oración, sabéndoa por ao seu dispor para dar froitos de amor solidario e confiado, e digamos.
GRAZAS, SEÑOR DA VIDA
Dámosche grazas pola Igrexa, hoxe especialmente agradecemos a nosa pertenza á diocese de Tui-Vigo. Para que sempre nos sintamos corresponsables da nosa tarefa evanxelizadora, OREMOS
GRAZAS, SEÑOR DA VIDA
Dámosche grazas polos nosos grupos cristiáns, parroquiais ou diocesanos. Para que non nos deixemos levar pola indiferenza, senón que convertamos a nosa resposta de fe en acción a favor das persoas que máis precisan de nós, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR DA VIDA
Dámosche grazas tamén pola vida. Para que nos esforcemos cada día en vencer a tentación de facer da resposta que nos pide Xesús un simple cumprimento de preceptos, normas ou mandatos, sen ser capaces de poñerlle vida, ilusión e risco, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR DA VIDA
Grazas, Señor, por lembrarnos unha vez máis que Ti es un Deus de vida e que por iso podemos atoparte sempre onde as persoas traballan por unha humanidade máis humana. P.X.N.S. Amén.
REFLEXIÓN
(Propoñemos coller unha parte do remuíño, cadaquén a que queira, e lela como reflexión)

Comentarios