Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2025

5 Coresma C 2025

DEUS ESTÁ FACENDO ALGO NOVO; XA AGROMA. NON VOS DECATADES?. SINAL DE CORESMA Colocamos o quinto pétalo da nosa flor. CANTO GOZOSO ENTRADA: Déixate querer (Nº 61) LECTURAS: Benaventurados ( Nº 119) OFERTORIO: Eu soñei (Nº 58)  COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos (Nº 103) PARA NON PERDER O PASO Rematamos hoxe o noso camiño coresmal. Xa divisamos Xerusalén, lugar de festa, de banquete compartido, de soedade e morte; pero tamén lugar de resurrección e vida nova. Por iso nós, con Isaías, tamén sentimos a chamada de Deus, que nos invita a deixar atrás o vello, o antigo, o que non nos fai felices, os desertos da nosa vida para abrir camiños novos, camiños frescos, camiños creativos, camiños de comuñón e sinodalidade. Uns camiños que necesariamente han transitar pola igualdade, porque a dignidade que Deus pousou no corazón de cada persoa úrxenos a afastar de nós a tentación de crérmonos superiores ou mellores ca ninguén. O encontro de Xesús coa muller adúltera que hoxe escoitaremos no...