Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2025

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

6 Pascua 2025 C

Pascua do enfermo 2025 Peregrinos na esperanza “En esperanza fomos salvados” (Rom 8, 24). Sinal .- Engadimos un novo pétalo á flor da pascua Cantos .- ·         Entrada.-  Que ledos  (  5  ) ·         Lecturas.-  Canta Aleluia  ( 21 ) ·         Ofertorio.-  Recibe, Señor . ( 31 ) ·         Comuñón.-  Na tardiña baixa da vida  (81)   Abríndonos ao   Espírito Celebramos hoxe o día da Pascua do enfermo. A lenda deste ano, en consonancia co Xubileo 2025, e tomando un parágrafo da carta aos Romanos dinos que “en esperanza fomos salvados”. E non é unha esperanza a modo de retrouso ou frase feita a que nos salva; todo o contrario, a esperanza que dá sentido e nos abre a un horizonte de plenitude que non se esgota nin esmorece, é a esperanza que nos deixou Xesús de Nazaret. Aquel quen pasou fa...

5 domingo Pascua 2025

  O AMOR É SEMPRE NOVO SE É COMA O EVANXEO: NON SE PROCLAMA, SENÓN QUE SE VIVE E SE OFRECE   CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA:  O amor é o meirande (Nº 119) ·        ASPERSIÓN:  A auga do Señor (Nº 124) ·        LECTURAS:  Douvos un mandato novo (Nº 18) ·        OFERTORIO:  Ti es o pan do ceo (Nº 54) ·        COMUÑÓN:  Pan do ceo, pan de vida (Nº 53)   POÑÉMONOS Á ESCOITA ACTIVA   Neste quinto domingo de pascua, a celebración quere invitarnos a dar grazas pola ledicia de vivir o amor coas persoas que temos ao redor: pais/nais, fillos/fillas, avós/avoas, parella, amigas e amigos. Dar grazas porque non estamos solos; dar grazas porque falar de Deus supón sempre descubrilo desde o amor vivido e entregado ao servizo dos demais. Nisto consiste o novo mandamento que Xesús nos dá: en amarnos, en tr...