2º Domingo de Coresma 2007 Signo Taboleiro no que se irán colocando algunhas das novas negativas da semana. Debaixo unha frase que nos vai situando no camiño da pascua: “A morte non é o final. El abriunos o camiño” Pórtico Se algunha vez subimos unha montaña, sabemos do esforzo físico que isto supón... e tamén do atractivo que leva consigo: o de irnos vendo cada vez máis arriba... como dominando a situación e a satisfacción de chegar ao cumio. Pero a pesares das dificultades... o que máis custa non é subir, senón baixar. Pois ben... aos amigos de Xesús pasoulles o mesmo cá nós. Estamos mellor na montaña, no espectacular, no distinto, na novidade... mellor que no día a día, verdade?. Valoramos moitos máis calquera novidade que o sinxelo da xente pequena, que nos parece sempre igual. E é que a vida ten tanto de gris e de amargura que nos quedan poucas ganas de baixar, de pisar terra, de facerlle fronte á dura realidade... Pero Deus non está arriba, senón na vida, no chan, cóbado con cóba...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra