Unha bendición sen auga bendita que non busca votos, senón acoller co corazón e vivir coas actitudes o día a día da súa presenza Pórtico Acostumados a ver nas bendicións das cousas, non a decisión de facer presente a Deus na vida, senón o culto á imaxe da autoridade de " turno ", a palabra de Deus invítanos hoxe a cambiar esta falsa imaxe que temos do que significa querer ser bendicidos pola presenza de Deus na nosa vida. Aquel que é a nosa bendición preséntasenos de xeito modesto, sinxelo e sen facer apenas barullo, como sen que se note; pero si que está, e faino para converter a nosa vida nunha treboada de disposición e esforzo por levar sorriso de dignidade e xustiza alí onde a violencia, o abuso e a utilización das persoas para fins interesados acabaron impóndose. Si, a bendición da que Deus nos fala non sae nos xornais nin tampouco abre os programas de información, pero si que alenta e enche a nosa vida de valores, actitudes e opcións nas que a igualdade e a dignidade hu...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra