Ir al contenido principal

Vésperas da misericordia

SINAL DE ADVENTO
Estamos a vivir na Igrexa un momento de especial vitalidade. O pontificado do papa Francisco está a supor que moitas persoas volvan de novo a vista, e moitas delas tamén o corazón, ás actuacións e manifestacións non só do papa, senón tamén de moitos bispos e grupos que conformamos a comunidade cristiá. Parece que se está a dar unha volta ao importante, sen perderse en liortas ideolóxicas e interesadas de grupos intraeclesiais que o que buscan é situar aos seus membros -peóns- en ámbitos de influencia e poder dentro das estruturas da Igrexa. Esta volta, desde dentro e fóra da mesma Igrexa, volve a renomearse como “primavera eclesial” e é continuadora da xeira comezada por Xoán XXIII e o concilio Vaticano II. Nela ten un papel fundamental, como guieiro e promotor, o papa Francisco. O seu pontificado está a servir para volver esperanzar e ilusionar a cantos consideramos que a Igrexa ha ser un servizo ao mundo na solidariedade, a transparencia e vivencia do Evanxeo. Isto significa esforzarse por ser referente moral nun mundo desmoralizado e demasiado centrado nas cousas, nos logros e nos avances tecnolóxicos –poder ao fin e ao remate– e non nas persoas.
            Consciente disto, o papa non deixa de urxirnos -aos católicos; pero sen excluír a quen tamén queira unirse- a traballar por poñer no centro da casa común non as ideas, senón as persoas.Esta invitación vaise plasmando en accións e propostas suxestivas e anovadoras, no canto de superar a desilusión e falta de esperanza que vai facendo das comunidades cristiás museos do pasado e non asembleas vivas de participación solidaria e fraterna.
Dúas destas propostas están sendo neste momento presenza activa e creadora en toda a Igrexa. A primeira, a importancia da familia e o seu papel fundamental na construción de sociedades máis humanas, que pensen desde a lóxica da reflexión e actúen desde a lóxica do amor. Os dous sínodos dedicados a reflexionar sobre ela así o poñen de manifesto. O segundo dos temas eixo na vida da Igrexa neste momento é o da misericordia. O vindeiro día oito de decembro, festa da Inmaculada, comezaremos en toda a Igrexa o “Ano da misericordia”.
Pois ben, a estas dúas realidades tan importantes na vida da Igrexa, quixemos dedicar este ano o sinal do Advento. Así, ao longo destas catro semanas previas á celebración do Nadal, iremos poñendo no taboleiro de cortiza que colocamos diante do altar e que utilizamos para destacar os momentos importantes do noso calendario litúrxico, as siluetas das diferentes xeracións que compoñen a realidade familiar (nenos, mozos, pais, avós) e as letras que conforman a palabra misericordia. Engadimos tamén os corazóns, que como ben sabemos queren expresar sempre o compromiso da caridade que ha latexar en cada un de nós e nas nosas comunidades. Deste xeito familia, misericordia e caridade van ser as referencias fundamentais ao longo do Advento que nos axuden a ir tomando conciencia que só desde o cambio dos corazóns, que promove actitudes de renovación e transformación, e abríndonos ao amor que leveda sempre ao interno das nosas familias, poderemos facer do Advento un tempo que nos faga participar e gozar con verdadeiro sentido evanxélico do Deus que nace e quere ser acollido no berce de cada unha das nosas casas.

Mozas e mozos

 

Nais e pais



Avós e avoas







A composición

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...