Ir al contenido principal

17 Domingo TO A 2017


QUE NON CAIAMOS NA TENTACIÓN DE FACER DA VIDA DOS DEMAIS UN INFORMATIVO DE TELEVISIÓN, SENÓN UNHA SALA DE URXENCIAS NA QUE ACOLLAMOS E ATENDAMOS SEN PREXUÍZOS
Descarga o ficheiro
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4)
LECTURAS: Benaventurados (Nº 118) 
OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32)
COMUÑÓN: No colo de miña nai (Nº 49)

ESCOITA ACTIVA
Cantas veces temos escoitado palabras que soan moi ben ao oído pero que non acaban de converterse en actitudes e comportamentos reais, vivos e concretos! Cantas veces nos temos comprometido en cambiar, en facer as cousas doutro xeito, en non volver cometer os mesmos erros, en... pero que fráxiles somos! Na mesma medida que o temos prometido, temos caído de novo. A pesares da nosa inconstancia, Deus segue ao noso lado, non nos deixa, non cansa de nós. Ao contrario, segue a dicirnos que a dignidade que puxo en tod@s nós non cambia nin se abandona: permanece. E desde esta permanencia, hoxe, agradecidos, queremos compartir este momento de fe e esperanza ao responder á súa convocatoria de celebrar, de novo en comunidade, este domingo.

CORAZÓN MISERICORDIOSO
*   Afasta de nós, Señor, a tentación de crernos mellores ca os demais; SEÑOR, QUE NON CAMIÑEMOS SOLOS.
*    Acompáñanos na loita e no esforzo por non deixarnos levar da rutina; CRISTO, QUE NON CAMIÑEMOS SOLOS.
*     Aléntanos na tarefa de recoñecernos necesitados da túa misericordia e da axuda dos demais; SEÑOR, QUE NON CAMIÑEMOS SOLOS.


OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
·   “Concédelle, pois, ao teu servo un corazón escoitador, que saiba gobernar ben o teu pobo e distinguir o ben e o mal”. Esta frase que vimos de escoitar na primeira lectura, ben podería ser cabeceira de todas as nosas casas. Quen non desexaría ter un corazón escoitador? Un corazón que preste atención, que acompañe, que poña ás persoas por riba de calquera outro tipo de intereses -e isto non poden ser só palabras-, en fin: un corazón cun latexo humanizador, real e concreto; que non busca os focos das cámaras senón os ollos das persoas. Pero, que difícil nos resulta a tod@s! A tendencia é a de deixarnos levar do que nos esixe e custa menos esforzo. Falamos moito; pero facemos pouco. Oímos todo; pero non escoitamos. Miramos; pero non vemos. Esixímoslle aos demais; pero non temos ese mesmo grado de compromiso para esixirnos tamén a nós. Por iso é tan importante traballar para que o noso corazón sexa quen de discernir para non confundilo todo e caer no comportamento inxusto de quen non sabe distinguir onde está o actuar honesto, coherente, confiado e xusto. Como desexariamos ter este corazón, verdade? Pois non vai depender de ninguén máis que de nós traballar para acadalo. Porque non falamos do corazón coma un órgano físico do corpo, senón como sé da moralidade, do actuar moral, do actuar xusto e feliz. Traballemos entón para acadalo, e deixemos atrás canto non son máis ca atrancos que nos impiden conseguilo.


·        E como nos lembra Paulo na carta aos cristiáns de Roma, ese corazón será posible sempre se colaborarmos na construción do que é bo, do que fai posible que deixemos atrás actitudes e comportamentos que exclúen, que distinguen e diferencian por preferencias, e non igualan por ser persoas. Se somos imaxe de Deus, é dicir, presenza en cada un/ha, sen pararnos a mirar contas correntes, horas de televisión, capacidade de mandar nos demais ou forza física. Se, como afirma Paulo, somos capaces de descubrir a presenza de Deus nos demais, e como consecuencia, tamén en nós. Como é que esquecemos isto cando usamos/recorremos á violencia, cando mentimos e abusamos dos máis débiles, cando diferenciamos e non facemos o esforzo de abrir os ollos e mirar ás persoas que temos ao lado?
·  Traballemos arreo para coidar o tesouro desta fe que non nos pecha dentro dos templos, senón que nos chama a vivila e mostrala a través do noso bo facer coas persoas e as cousas. Construamos Reinado de Deus desde o actuar con alegría e a superación do derrotismo. Esforcémonos por botar as redes unha e moitas veces aprendendo a confiar nos demais e abandonando as actitudes de soberbia ou superioridade que puidera haber en nós. Quen somos nós para crernos mellores, superiores ou máis importantes aos demais. A mensaxe de Xesús non distingue. Por que nós si?


FRATERNIDADE ORANTE
Porque sabemos que Deus acolle e móstrase en todas as persoas, sen facer diferenzas, unímonos a El e dicimos:
SEÑOR, GRAZAS POR TRATARNOS COMA IGUAIS
¨     Pola Igrexa, para que non teña medo a recoñecer os seus erros e a pedir perdón, OREMOS. 
SEÑOR, GRAZAS POR TRATARNOS COMA IGUAIS
¨     Polas nosas comunidades parroquiais, para que superemos a tentación, tantas veces consentida, de facer diferenzas e practicar exclusións, OREMOS.
SEÑOR, GRAZAS POR TRATARNOS COMA IGUAIS
¨     Por cantos hoxe nos reunimos nas nosas comunidades parroquiais para compartir e celebrar a fe, para que fagamos un verdadeiro esforzo por ser xenerosos e solidarios con quen necesita do noso sorriso, a nosa visita ou a nosa axuda material, OREMOS.
SEÑOR, GRAZAS POR TRATARNOS COMA IGUAIS
Señor, poñemos nas túas mans a nosa oración comunitaria. Sabemos que nunca nos esqueces nin nos dás as costas, por iso seguimos confiando e poñendo a nosa esperanza en Ti. P.X.N.S. Amén.


MIRADA DIFERENCIADA
Deus fixo un día o regalo da vida, e por enriba ao seu Fillo regalou. Regalounos a terra, a vontade e a xente; e a todo lle deu luz co regalo do amor. Non dubides máis. Regala a palabra, un sorriso, o teu tempo, a túa suor, a túa paz e esperanza, o teu esforzo, os encontros, e co Señor ti serás VOLUNTARIO DO AMOR. Hoxe queremos acoller a vida. Hoxe podemos coñecer o amor, porque temos connosco o mellor regalo: ao noso carón están VOLUNTARIOS DO BEN Non dubides máis... Xuntos buscamos atopar o camiño; xuntos andamos cara un mundo mellor, este mundo amañece cando alguén se regala; gracias aos que o fan con nós VOLUNTARIOS DA PAZ Non dubides máis.


(Voluntarios do amor Miguel de La Mata )

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...