Ir al contenido principal

19 Domingo TO A 2017


OS MEDOS BLOQUEAN E INHIBEN; A CONFIANZA LÉVANOS A CRECER, MADURAR E AVANZAR


CANTO GOZOSO

ö ENTRADA: Eu sei de quen me fiei (Nº 64)

ö LECTURAS: As túas palabras (Nº 113)

ö OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá (Nº 117)

ö COMUÑÓN: Non vou so (Nº 60)

ESCOITA ACTIVA


Unha certeza nos guía” cantamos moitas veces. A certeza de que no camiño da vida non imos solos, que ao noso lado temos o amigo que sempre está, que acompaña, que escoita, que alenta, que se fai presente porque nos quere e non nos abandona.

            A celebración que agora comezamos quere que sintamos esa presenza, que sexamos conscientes de que, no camiño das nosas vidas, o Deus de Xesús é a mellor das compañas. A compaña que nunca nos deixa nas beiras.

            Nun mundo con tantas persoas na exclusión e no abandono, urxe que tamén nós collamos a boa pegada, a pegada que vai deixando Xesús, para seguila sen desfalecer nin desacougar. E se nós non imos solos, esforcémonos por ser compañeiros de viaxe daqueles que así se senten.

CORAZÓN MISERICORDIOSO


*        Porque  deixamos que os medos afoguen a esperanza; SEÑOR, TÉNDENOS A TÚA MAN.

*        Porque seguimos metidos no barullo que non nos deixa ver as cousas sen vérmonos desbordados; CRISTO, TÉNDENOS A TÚA MAN.

*        Porque seguimos pensando que nós somos os bos, e os demais débennos render preitesía; SEÑOR, TÉNDENOS A TÚA MAN.

OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN


·        Porque a voz de Deus segue presente neste noso mundo aparentemente afastado e a moita distancia Del, deixemos que a súa palabra chegue aos nosos oídos. Busquémola alí onde todos din que non está, alí onde ninguén se para, alí onde só se atopan os últimos , aqueles aos que nin os poderosos nin tampouco nós que, deixándonos levar das rutinas e mentiras repetidas tantas veces que acabamos pensando que son verdade, lles prestamos atención nin dedicamos tempo. Hoxe, e cada vez con máis urxencia, o que se nos pide aos cristiáns non é que quedemos dentro dos templos contemplando a fermosura das súas imaxes ou os trazos arquitectónicos de arcos ou arquivoltas, senón coa xente. No vivir, triste e duro na maioría das veces, das persoas que seguen sen percibir que a vida é un don e que paga a pena vivila. Aí, nesa realidade, é onde hoxe nós estamos chamados a esforzarmos por escoitar a voz de Deus. É aí onde está o murmurio da airexadiña suave coa que Deus nos fala



·        Por iso El está sempre mostrándonos a súa misericordia e lembrándonos que só a poderemos percibir na medida na que nós sexamos tamén capaces de ser misericordiosos cos outros. E isto si que nos custa a tod@s. Porque que o sexan con nós, gústanos, e moitas veces esixímosllo aos demais; pero selo nós cos demais xa non é tan doado, pois obríganos a poñer o mellor de nós, a deixar a tentación de estar permanente no “eu” que nos fai crer que somos mellores cos demais e que son os outros, non nós, os que temos que achegarnos. Pero a mirada de Deus ten outras claves; unhas claves que temos que esforzármonos por coñecer para afondar nelas, unhas claves que pasan por ser nós os que nos acheguemos, deixando atrás a soberbia de pedirlle aos outros que fagan o que nós nin queremos nin estamos dispostos a facer: ser misericordiosos! E nesa capacidade que vaiamos tendo de ser misericordiosos, entenderemos que significa, supón e no que se concreta a salvación.



·        E este esforzo por ser misericordiosos é unha tarefa persoal, que ninguén vai nin pode facer por nós. Non se herda, non é froito do apelido que teñamos, da cultura na que teñamos crecido ou dos ritos relixiosos que teñamos recibido ou nos que teñamos participado. Non. É froito da opción persoal, libre e sen ningún tipo de ataduras nin de deformacións. É esta capacidade de sermos misericordiosos a que nos fai sentírmonos libres, ledos e cheos de esperanza. Capaces de derrotar ao pesimismo que tantas veces quere aniñar en nós; ese derrotismo que, en ocasións, fainos ver as cousas só desde unha perspectiva: a negativa, esquecendo que, como non cansa de dicir Xesús, a actitude do seu seguidor non é escapar dos problemas, senón afrontalos e buscar darlle resposta. É verdade que moitas veces o mar da nosa vida está bravío, pero a diferenza do que pensaban os discípulos, nós non deberiamos ter medo a ver pantasmas. El non o é; non aparece de súpeto, senón que acompaña sempre. O que temos é que preguntarnos se sincera e verdadeiramente, estamos dispostos a prestarlle atención! Non é o medo, senón a confianza, o que nos ofrece Xesús na súa persoa e mensaxe.

FRATERNIDADE ORANTE


Deus sempre acolle e escoita. Nesta confianza dicimos:

QUE LLE PRESTEMOS ATENCIÓN Á TÚA VOZ

¨     Para que sexamos unha Igrexa escoitadora e non indiferente ás dores do noso mundo, OREMOS.

QUE LLE PRESTEMOS ATENCIÓN Á TÚA VOZ

¨     Para que formemos parroquias onde as nosas relacións sexan de acollida, entendemento e diálogo, OREMOS.

QUE LLE PRESTEMOS ATENCIÓN Á TÚA VOZ

¨     Para que nos esforcemos por escoitar a voz de Deus onde hai persoas que sofren, que se senten soas, que non son capaces de superar a fondura da súa dor e da súa tristura, OREMOS.

QUE LLE PRESTEMOS ATENCIÓN Á TÚA VOZ

Señor, na confianza de saber que segues invitándonos a descubrirte na airexiña do irmán necesitado de atención, poñemos na túa man a nosa oración comunitaria, convencidos de que sempre camiñas ao noso lado, facendo teus os nosos proxectos, pero tamén as nosas dificultades. P.X.N.S. Amén.

MIRADA DIFERENCIADA

A Igrexa non existe nunca simplemente para si mesma. Desde a súa orixe vive para os outros, para humanidade, para o mundo. Por tanto, excluír a un so pobo, a unha cultura... é un pecado contra a catolicidade... Na nosa Galicia, onde había moitas relixións e crenzas seculares, a evanxelización xa non respectou debidamente o que había de positivo naquelas realidades. Moitas veces o cristianismo foi botado coma unha lousa para esmagar todo o anterior... O Concilio Vaticano II intentou corrixir este pecado aprobando o emprego das linguas vernáculas na liturxia... Quince anos despois desta aprobación o 98% dos cregos galegos aínda non se deron por enterados deste deber e deste dereito da xente.



(M.Espiña G.)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...