PASAR POLO GÓLGOTA… PARA CHEGAR AO TABOR
https://drive.google.com/file/d/0B-QLZ-tpDg-aOEx2SE5mS3NUbGs/view?usp=sharingCANTO GOZOSO
ö
ENTRADA: Non vou so (Nº 60)
ö
LECTURAS: Déixate querer (Nº 61)
ö
OFERTORIO: Misioneiro (Nº 37)
ö
COMUÑÓN: Acharte presente (Nº 115)
ESCOITA ACTIVA
Vivimos nunha sociedade na que todo se move polos cartos, que mesmo nos
fan perder a cabeza. O desexo de acumular máis e máis lévanos á competencia, á
deshumanización e á morte.
E nesta sociedade nosa que atropela aos máis febles e aplaude aos que
gañan, Xesús hoxe lémbranos, coa súa pregunta, que o sentido da vida non está
no materialismo abafante nin no utilitarismo tan en boga, senón que somos
invitad@s a saber descubrir que só gaña a verdadeira vida quen é capaz de
entregala xenerosamente.
Oxalá que a Palabra proclamada e o Pan compartido nos axuden a non deixarnos
engaiolar por falsos cantos de sereas.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
* Porque
seguimos sen ser capaces de descubrirte na dor da persoa enferma, na tristura
da persoa desesperanzada, na mirada perdida da persoa que se sinte sola ou no
tempo que non queremos compartir con quen precisa de nós, dicímosche; SEÑOR, A NOSA ALMA TEN SEDE DE TI.
* Porque
seguimos crendo que o sentido da vida está en ter cartos, poder e prestixio,
sen dar entendido que a vida só ten sentido cando se gasta e se desgasta para
facer felices aos demais, dicímosche; CRISTO,
A NOSA ALMA TEN SEDE DE TI.
* Porque son
moitas as veces nas que nos deixamos levar (non sei, non podo...) e renunciamos
a seguir o camiño que Ti nos marcas, pois supón esixencia, esforzo e
compromiso, dicímosche; SEÑOR, A NOSA
ALMA TEN SEDE DE TI.
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
· Un bo slogan que defina ben a nosa sociedade,
podería ser “obtéñao todo e obtéñao agora”. E é que a nosa é a sociedade do
confort, do inmediato, do non esforzo…. Unha educación excesivamente permisiva,
unha falta total de autodisciplina, un ambiente social cheo de estímulos que
nos empurran só a gañar, gozar, gastar e disfrutar, o medo a non vivir
intensamente ou a aparecer coma fracasados e reprimidos…. estannos a conducir a
un xeito de vida no que palabras coma renuncia, sacrificio, esforzo…. xa non
teñen cabida.
· Pero tamén nos decatamos de que non é este o camiño
axeitado para vivir en plenitude, e cando satisfacemos un desexo, rapidamente
xorde outro novo máis apremante e excitante que o anterior, convertendo a nosa
existencia nunha carreira de tolos no que o único que nos enche parece que é
ter sempre máis e disfrutar máis intensamente. Quedamos así atrapad@s nunha
trampa que non ten saída cara á verdadeira liberdade, senón que nos conduce a
unha cruel escravitude.
· E neste crebacabezas…. como encaixamos a nosa fe?.
Pois… do mesmo xeito que os demais elementos: facemos unha fe a medida,
buscamos un cristianismo cómodo, que case ben coas tendencias da nosa
sociedade. O que me interesa cólloo, o que non, déixoo. Por iso entendemos
perfectamente a actitude de Pedro, mesmo nos identificamos con ela: o pasado
domingo, recoñece en Xesús ao Mesías, e hoxe non é quen de entender que o seu é
un camiño de renuncia e sacrificio. A el, coma a nós, gustábanlle os aspectos
amables do seguimento; pero non o sacrificio. Gustáballe o Tabor, pero non o
Gólgota. Hoxe, tamén a nós nos gustan determinados aspectos da nosa fe que
poderíamos dicir son os aspectos folclórico-festivo: a Misa e a festa do día do
patrón, as cerimonias sociais (vodas, bauticeiros, comuñóns…), as procesións….
pero cando o que se nos pide é coherencia, cando nos decatamos de que estamos
chamad@s a encarnar a nosa fe na nosa vida de cada día, cando caemos na conta
de que a fe é o cristal a través do que debemos ver e xulgar o noso mundo para
así poder logo actuar, cando nos damos de conta de que ás veces a fe esixe
renuncia e sacrificio, cando temos descuberto que a fe compromete a vida enteira….
Entón, a cousa cambia!
· Porque a Boa Nova de Xesús sitúa o noso
comportamento cotián no camiño da esperanza: aquí e agora é cando nos xogamos a
salvación. Traballamos para ser libres e para, desde a tolerancia, o diálogo e
o respecto, construír un mundo mellor co esforzo de todas as persoas de boa
vontade. E neste fermoso proxecto temos cabida todas as persoas, coas nosas
cousas boas e cos nosos erros. Xesús chámanos a cargar coas nosas cruces, cos
nosos desánimos, coas nosas neuras… para achegarnos a Deus Pai, que é alento e
forza. Estamos dispost@s a deixarnos acariñar por El?
FRATERNIDADE ORANTE
Poñámonos
agora nas mans de Deus, que nos ama, e digámoslle:
QUE
FAGAMOS DA FE MOTOR DA NOSA VIDA
o
Pola
Igrexa, para que poñendo sempre á persoa no centro do seu actuar, entenda que a
está chamada a gastarse no servizo incondicional, humilde e sinxelo a prol de
todas as persoas, sen ningún tipo de excepción, OREMOS.
QUE
FAGAMOS DA FE MOTOR DA NOSA VIDA
o Polas
nosas comunidades, para que non convertamos a fe en algo baleiro e estéril,
senón que pola contra, sexa o motor que nos leve a traballar por un mundo
mellor, coas mesmas oportunidades para todas as persoas, OREMOS.
QUE
FAGAMOS DA FE MOTOR DA NOSA VIDA
o
Por
tantas e tantas persoas crucificadas no mundo de hoxe: @s famentos, as mulleres
maltratadas e tratadas coma obxectos, @s nen@s escrav@s, @s vell@s abandonad@s,
@s que non teñen saúde, traballo ou vivenda digna… para que sexamos quen, desde
a nosa opción por Xesús, de axudarlle a levar a súa carga, OREMOS.
QUE
FAGAMOS DA FE MOTOR DA NOSA VIDA
Grazas,
Señor, por quereres que a fe sexa a luz que alumee o noso camiño e non un
conxunto de normas inútiles. PXNS. Amén.
MIRADA DIFERENCIADA
Ti, Señor,
dis: “O que queira poñer a salvo a súa vida, perderaa; pero quen a perda pola
miña causa, poñeraa a salvo”.
E nós,
egoístas e covardes, a pesares das túas palabras, temos medo a gastar e a
entregar a vida.
Gastar a
vida é:
û
Traballar polos demais, aínda que non nos paguen
û
Facerlle un favor a quen non pode darnos nada a
cambio
û
Arriscarse ao fracaso sen falsas prudencias
û
Queimar as naves a prol do próximo
Ensínanos, Señor,
a lanzarnos cara ao imposible, sabedores de que connosco van a túa graza e a
túa presenza, que non nos deixar caer en baleiro.
Comentarios