O COMPROMISO COA TERRA, COA XENTE E COAS RAÍCES FAINOS SENTIR O ORGULLO DE SER DE ONDE SOMOS. PARABÉNS PARA TOD@S NÓS!!!! CANTOS Entrada.- Temos unha festa ( 6 ) Lecturas.- Escoita ao Señor ( 15 ) Ofertorio.- Na nosa terra ( 26 ) Comuñón.- Eu soñei ( 58 ) OÍDOS ATENTOS Estamos de festa, e non é unha festa calquera. É a festa da nosa Terra, da nosa xente, da nosa cultura, da nosa lingua, do noso xeito de vivir, sentir e expresar o don da vida. E cando se celebra unha festa coma esta é necesario non só celebrala, senón facelo desde a alegría do corazón, en unión con tódalas persoas que comparten con nós ser quen de ter nacido aquí, e ter gozado de todo canto temos recibido dos homes e mulleres que co seu traballo foron construíndo esta fermosísima Terra que chamamos Galicia. E que mellor que unha parte deste día o poidamos dedicar a xuntarnos e dar garzas a Deus por acompañar esta vida compartida que hoxe celebramos. E xa sabemos que se non somos capaces de sentir e celebrar cal...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra