Quen ten bo oído nunca desafina: sabe escoitar tódalas voces sen confundilas Cantos. - Entrada.- Con ledicia vimos ( 3) Lecturas.- Ditosos os que temen ao Señor ( 19) Ofertorio.- Déixate querer ( 61 ) Comuñón.- Quédate, Señor, connosco ( 63) Mirada de esperanza Esta terceira onda da COVID19 chéganos con tanta forza que parece que vai levando todo e a tod@s a eito. Diante desta situación caben dúas maneiras de entender e actuar: caer no pesimismo vitimista que só é capaz de ver todo negro e sen ningunha perspectiva; ou facerlle fronte desde a esperanza de quen ten fe, sendo conscientes das dificultades do momento, e sabendo da fraxilidade da cada un e cada unha de nós, pero esforzándonos por actuar de xeito responsable, e sen deixar que as noticias desalentadoras ou as medidas que nos piden pensar no ben común e non de maneira individualista, nos leven a caer na tristura desesperanzada. No salmo...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra