Ir al contenido principal

23 domingo TO A 2023

23º domingo do tempo Ordinario

No contrapaso do mundo de hoxe: fagamos da humildade e do perdón chanzos da escaleira dea vida

CANTOS

            Entrada.-  Unha parroquia                                                                                        

            Lecturas.- O amor é o meirande (120)

            Ofertorio.- Eu soñei ( 58)

            Comuñón.- Quédate, Señor, connosco ( 63 )

 

OÍDO Á ESPREITA

            Preséntanos hoxe a Palabra de Deus que imos proclamar unha invitación que vai a contracorrente do mundo no que vivimos: practicar a corrección fraterna. É dicir, corrixir ao irmán e á irmá, recoñecer que nos equivocamos moitas veces, saber pedir perdón a quen temos menosprezado, aceptar o perdón de quen sabe que nos fixo dano... Actitudes que neste noso mundo no que todas e todos estamos, e no que parece que queremos ter sempre razón e converter en verdade o que nos gusta, nos convén ou nos ofrece protagonismo ao modo dos e das “ influencers” hoxe tan de moda, non teñen nin moito creto nin tampouco son as que máis se valoran e viven. Porén, Xesús insiste no importante que é corrixir e deixarse corrixir, recoñecer as equivocación e ser quen de volver comezar de novo, facer da vida sinxeleza e humildade e non soberbia. É verdade que non é doado querer vivir así, pero ese é o noso reto e a nosa tarefa para poder dicir con sinceridade, e sen aparentar, que somos, e queremos seguir sendo, seguidores e seguidoras súas.

 

CORAZÓN AQUECIDO

·      Pola nosa incapacidade para recoñecer os nosos erros. SEÑOR, INSISTE A TEMPO E A DESTEMPO.

·      Pola dureza do noso corazón, xa tan afeito a crernos perfectos e mellores ca os demais. CRISTO, INSISTE A TEMPO E A DESTEMPO.

·      Polas moitas dificultades que temos en deixarnos corrixir dos nosos erros. SEÑOR, INSISTE A TEMPO E A DESTEMPO.

 

PALABRA PROCLAMADA

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE EZEQUIEL

 

Di o Señor:

¡Eh ti, fillo de Adam!: a ti constituínte vixía para a Casa de Israel,

vas escoitar da miña boca as palabras,

e valos avisar da miña parte.

Cando eu lle diga ó malvado:

"Malvado, vas morrer",

se ti non lle falas para avisalo do seu destino,

el, o malvado, morrerá pola súa culpa;

pero a ti pediránseche contas do seu sangue.

Pero se ti avísa-lo malvado do seu destino

para apartalo del, e el non cambia de conducta,

el morrerá pola súa culpa

pero ti salvara-la túa vida. Palabra do Señor

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

Irmáns e irmás:

A ninguén lle debades nada, fóra de amarvos uns a outros, porque o que ama o próximo, ten cumprida a Lei. Porque o non adulterarás, non matarás, non roubarás, non cobizarás  e tódolos outros mandamentos, resúmense nestas palabras: amarás ó teu próximo como a ti mesmo. Quen ama o seu próximo non lle fai mal. Verdadeiramente, o amor é o pleno cumprimento da Lei. Palabra do Señor

 

 

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

Dilles Xesús ós seus discípulos:

Se teu irmán peca contra ti, vai e repréndeo; pero ti só con el. Se te escoita, conquistáche-lo teu irmán. Se non te escoita, leva contigo un ou dous, para que por medio de dúas ou tres testemuñas quede resolto o asunto. Se non vos fai caso, dillo á comunidade; e se tampouco o lle fai caso á comunidade, sexa para ti como un pagán ou un recadador de impostos. Asegúrovos que o que atedes na terra será atado no ceo, e o que desatedes na terra será desatado no ceo.

Asegúrovos tamén que se dous de vós se poñen de acordo na terra para pedir calquera cousa, conseguirano do meu Pai celestial. Porque onde están dous ou tres reunidos no meu nome, alí no medio estou eu. Palabra do Señor.

 

 

 

PALABRA REMOÍDA

·      Comeza a palabra de hoxe facéndonos ver que a nosa presenza no mundo, o que facemos, o que nos motiva e alenta a tomar posición e ter criterios claros de actuación ante situacións e problemas, fai que nunca caiamos na indiferenza fronte ao que pasa arredor de nós. Nada nos pode levar a invisibilizar  persoas e situacións. Porque canto ocorre non é froito nin de maxia nin do azar, e si consecuencia das decisións, pensadas ou non, que tomamos e que nos levan a actuar dun ou doutro xeito. Porque o mundo non é nin nos pode ser alleo. E nisto insistiulle moito Xesús aos discípulos. Seguindo esta xeira, tamén o Concilio Vaticano II, que xa hai ben anos que se ten celebrado, non deixou de lembrárnolo: canto nos pasa e pasa no mundo, ten moito que ver co noso actuar, coas decisións que tomamos, coas cousas que priorizamos e desprezamos. Ninguén ten un destino preestablecido, inda que moitas veces o digamos ou só o pensemos; e canto ocorre e nos ocorre ten unha razón e é froito de decisións tomadas que foron traendo como consecuencia uns determinados feitos. Isto quere dicir que non podemos darlle as costas a canto pasa e nos pasa; que non podemos disimular que nada temos que ver con situacións que cada día vivimos ou coñecemos a través dos medios de comunicación: lumes, escaseza de auga, tronadas, aumento de temperatura, crispación, violencia, maltrato... Nada é froito do azar ou de que “ tiña que ser así”. Non. Máis ben a razón está detrás de como nos comportamos, actuamos, decidimos ou mostramos indiferenza diante do que pasa. Xa non chega con laiarnos, é preciso actuar. Como Francisco di tantas veces: todo está conectado.

 

·      E Paulo, no texto que vimos de escoitar da carta que lle escribe aos Romanos móstranos que o único que pode romper con ese pasotismo que nos fai crer que as cousas pasan porque si, sen que nos teñamos que ver nada nelas, é o amor. Porque o amor, cando se entende como capacidade de querer, pensar e actuar poñendo ás persoas no centro das decisións, é o que nos leva a que comecemos a actuar con verdadeira liberdade, sen deixarnos manipular, sen permitir que nos tomen por parvos, cando non o somos; que tomemos en serio traballar  evitando que nos fagan invisibles, inda que se lles encha a boca  en dicir que o que se fai, decide ou as decisións que se toman son polo ben da xente, do pobo, da comunidade, do ben común ou da xustiza. As palabras canto máis se usan, se non van acompañadas de feitos, convértense en retrousos baleiros que  perden todo o seu sentido e capacidade transformadora. Esforcémonos entón, como nos Paulo na carta aos Romanos, en facer que o que nos mova a actuar, comportarnos, tratarnos ou a tomar decisións sexa de verdade desde o amor e polas persoas. Pero que sexa de verdade. Non nos enganemos nin nos deixemos enganar.

 

·      Xesús no Evanxeo volve insistir na necesidade de saír de nós mesmos e das nosas teimas, que tantas veces nos incapacitan para ser felices, para ser persoas de esperanza, para ver que o mundo é máis amplo que a nosa micro realidade. Como di o documento de traballo do Sínodo da Sinodalidade, precisamos ensanchar a realidade da nosa vida, para non caer na tentación do sectarismo, de pensar que o noso é o único e  o mellor, de concluír que só nós e os que coma nós pensan son os perfectos, os mellores, os exclusivos, os... elixidos. E iso non o podemos facer se  non é desde unha actitude de apertura, acollida e sensibilidade para quen non pensa coma nós, non actúa coma nós ou non di as mesmas cousas ca nós. Ensanchemos entón a nosa tenda desde un corazón capaz de integrar e non de excluír; de renovar e non de vivir da  e na nostalxia; de tomar en serio que a irmandade é principio irrenunciable desde onde corrixir e deixarse corrixir. Que sexamos quen de deixar a ofrende diante do altar, pedir perdón e  volver presentala! 

ORACIÓN COMPARTIDA

Porque Deus segue a tendernos a man para subir os chanzos da vida, rezamos agora dicindo: que ensanchemos a tenda da fraternidade.

·      Para que sexamos unha Igrexa sen medo a dialogar co mundo, a traballar por facelo mellor a non vivir da nostalxia do pasado. Oremos. Que ensanchemos a tenda da fraternidade .

·      Para que nos esforcemos por construír comunidades parroquiais que non teñan medo a ensanchar a comunicación, o entendemento, o traballo en común e o compromiso coas e polas persoas; tódalas persoas. Oremos. Que ensanchemos a tenda da fraternidade .

·      Para que saibamos recoñecernos persoas sempre precisadas de pedir perdón e perdoar; de ser misericordiosas e non movidas pola rancor; de camiñar coa man tendida e non co puño pechado. Oremos. Que ensanchemos a tenda da fraternidade .

Señor, grazas por acompañar sempre este nos querer camiñar a túa beira. Por Cristo o noso Señor. Amén.

 

ALENTO RENOVADOR

A pasaxe do Evanxeo de hoxe fala da corrección fraterna, e invítanos a reflexionar sobre a dobre dimensión da existencia cristiá: a comunidade, que esixe a protección da comuñón, é dicir, da Igrexa, e a persoal, que require a atención e o respecto de cada conciencia individual. 

Para corrixir ao irmán e irmá que cometeu un erro, Xesús propón unha pedagoxía da recuperación. E sempre a pedagoxía de Xesús é unha pedagoxía de recuperación; El sempre busca recuperar e salvar. E esta pedagoxía da recuperación artéllase no «Vai e corrixe, só ti con el», é dicir, non poñas o seu pecado diante de todos e todas. Trátase de ir ao irmán con discreción, non para xulgalo, senón para axudarlle a darse conta do que fi

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...

4 advento 2024

    HUMILDES CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA SINXELEZA ACOLLEDORA SINAL DE ADVENTO Completamos o noso berce.   CANTO GOZOSO o    ENTRADA:  Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS:  Vén axiña visitarnos (Nº 86) o    OFERTORIO:  Recibe, Señor (Nº 31) o    COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   OLLOS DE ESPERANZA              Belén era unha aldea pequeniña, un lugar que pasaba totalmente desapercibido e que semellaba pouco ou nada importante. Ata que unha noite converteuse en lugar de salvación e acollida, porque alí naceu o Fillo de Deus. Neste cuarto e derradeiro domingo do Advento, Belén quere ser para todas e todos nós un recordatorio claro de que Deus está no sinxelo, no humilde, na xente máis esquecida e que, ao igual que Belén, é moitas veces invisibilizada e marxinada.    CORAZÓN MISERICORDIOSO ·      ...