DITOSAS AS PERSOAS DE CORAZÓN LIMPO, PORQUE NON ENCIRRAN DESPREZO PARA COA DEMAIS XENTE Cantos.- · ENTRADA.- Andarei na presenza ( 11 ) · LECTURAS.- Benaventurados ( 119 ) · OFERTORIO.- Na nosa terra ( 36 ) · COMUÑÓN.- Quédate, Señor, connosco ( 63 ) Abríndonos á esperanza Hoxe imos escoitar no evanxeo a proclamación das Benaventuranzas. O ditosos vai resoar nos nosos oídos, si, pero tamén ten que facelo no noso corazón. Porque, sentímonos de verdade persoas ditosas, ledas, agarimadas e movidas pola esperanza? Ou máis ben seguimos sendo de pedal fixo, sen abrirnos nin á dozura da palabra nin á esixencia de facela vida co noso actuar e comportarnos? Seguimos sendo do “sempre se fixo así, e non se vai facer doutra forma?”. Porque se estamos nese nivel de vivencia, participación e colaboración e...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra