Ir al contenido principal

… E XESÚS ESTABA NA POLA

PÓRTICO

De entre todos os tempos litúrxicos, a Coresma na que estamos mergullad@s, leva parella unha connotación negativa. Falar de Coresma evoca en nós palabras como renuncia, sacrificio, austeridade…. Valores que non están de moda na nosa sociedade de hoxe.

E iso é verdade: a Coresma é tempo de renuncia, de sacrificio, de austeridade… pero sobre todo é tempo de reflexión, de preparación… para vivir o acontecemento que alumea e dá sentido á nosa vida cristiá: a resurrección de Cristo.

Que a celebración deste segundo domingo da Coresma nos dea azos para seguir camiñando neste tempo de conversión e de cambio, neste tempo de graza.

O PERDÓN

Ø      Porque moitas veces negámonos a saír de nós mesmos para ir ao encontro d@ outr@ e descubrir que ao noso carón existen persoas que non teñen traballo, saúde, acceso á educación…. SEÑOR, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE.

Ø      Por negarche cada día momentos de oración e paz, CRISTO, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE.

Ø      Polas ocasións nas que non somos fieis ás nosas convicións, claudicando diante da tentación da insolidariedade, da inxustiza, do egoísmo, da vinganza, SEÑOR, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE.

REMUÍÑO

Hoxe a Palabra márcanos unha ruta de viaxe:

ü      SAE: É o primeiro que se lle pide a Abrahán para poder conseguir a terra prometida. “Sae da túa terra e da túa casa”; libérate das túas ataduras. Sae do teu templo, das túas costumes relixiosas, do teu culto rutinario e baleiro, de todo aquilo co que cres poder comprar a Deus. Sae de ti mesmo, do teu illamento, do teu refuxio, das túas seguridades, dos teus complexos… despóxate do teu poder, dos teus bens, da nosa prepotencia cultural…. Porque para camiñar cómpre ir o máis lixeiro posible.

ü      SUBE: O camiño ás veces é costa arriba, pero paga a pena. É unha chamada á superación. Non todo o camiño é chan; pero nel iremos atopando cos acontecementos da vida e descubrindo a presenza do Señor. Non teñamos medo, non nos deixemos levar polos profetas de calamidades.

ü      ESCOITA: Pedro falaba moito, e non sabía o que dicía. Na nosa sociedade, na que son moitos os discursos, na que hai saturación de palabras, onde tod@s din que teñen algo que ofrecer, ás veces queda pouco tempo para a reflexión e podemos deixarnos levar polo que nos resulta máis gracioso, cómodo ou fácil. Por iso cómpre que saibamos facer silencio para poder escoitar a Palabra de Deus, o berro dos irmáns e das irmás, as sinais da historia. Porque…escoitar é confianza e compromiso.

ü      BAIXA: Porque non podemos estar sempre no cumio, hai que volver aos irmáns e ás irmás que sofren e non poden camiñar, e para @s que estamos chamad@s a ser sal e luz. Hai moita desigualdade social a prol da cal traballar. Por iso… nada de quedar no monte, o noso escenario é o mundo, alí onde estamos, cada un no noso lugar, no que desenvolvemos as tarefas que van enchendo tempo e vida. Xa está ben de construír grupos burbulla, que non só non axudan, senón que desvirtúan o que debe ser a nosa función de mensaxeir@s dunha Boa Nova: Deus quérenos, ocúpase e preocúpase de nós e por nós.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Confiad@s na túa misericordia, compartimos este momento de oración comunitaria dicindo:

                SEÑOR, ÁBRENOS Á CONVERSIÓN E Á ESPERANZA

§        Pola Igrexa, para que neste camiño da coresma sexamos quen de transformarnos, de quitar todo o accesorio, que tantas veces nos impide achegarnos con liberdade ás persoas do noso tempo, OREMOS.

                SEÑOR, ÁBRENOS Á CONVERSIÓN E Á ESPERANZA

§        Polas nosas comunidades, para que non deixemos pasar este tempo de graza que é a coresma, e o aproveitemos para deixar atrás canto nos fai infelices, insolidarios e superficiais, OREMOS.

                SEÑOR, ÁBRENOS Á CONVERSIÓN E Á ESPERANZA

§        Por tod@s nós, para que escoitemos a voz do Señor nas demais persoas, especialmente nas que viven na desigualdade: as que sofren, as que están enfermas, as excluídas, as que carecen de oportunidades, as paradas, as presas, as que son vítimas da violencia, OREMOS.

                SEÑOR, ÁBRENOS Á CONVERSIÓN E Á ESPERANZA

Grazas, Señor, porque fas que este camiño da coresma sexa un camiño de conversión, de esperanza, de atoparnos con nós mesmos e contigo. PXNS. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Nos momentos duros, míranos con misericordia.

Cando somos tentados e fraqueamos, míranos con misericordia.

Cando estamos cegos e ofuscados, míranos con misericordia.

Cando somos capaces do peor, míranos con misericordia.

Cando tropezamos e caemos, míranos con misericordia.

Cando non recoñecemos os nosos erros, míranos con misericordia.

Cando facemos sufrir ao irmán ou á irmá, míranos con misericordia.

Cando nos facemos sufrir a nós mesmos, míranos con misericordia.

E cando pasamos pola noite, axúdanos coa túa misericordia.

Cando entramos no deserto, axúdanos coa túa misericordia.

Cando buscamos sedentos, axúdanos coa túa misericordia.

Cando subimos ao monte, axúdanos coa túa misericordia.

Cando nos pesa a cruz, axúdanos coa túa misericordia.

Cando nos pesa o irmán ou a irmá, axúdanos coa túa misericordia.

Cando nos morde a crítica ou un bico traizoeiro, axúdanos coa túa misericordia.

Cando xa non podemos máis, axúdanos coa túa misericordia.

CANTOS

o       ENTRADA: Arrepentido

o       LECTURAS: Na noite escura

o       OFERTORIO: Canta o sol, canta o mar

o       COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...