Ir al contenido principal

I DOMINGO DA CORESMA

CAMPAÑA DE MANS UNIDAS

PÓRTICO

Comezamos o tempo da Coresma. É unha chamada forte á conversión e á reconciliación con Deus, coa Igrexa, cos irmáns e irmás. Neste primeiro domingo, invítasenos a meditar cómo Xesús, antes de emprender a súa vida pública, retirouse ao deserto para orar e vencer as tentacións; e neste contexto, co lema “Nais sanas, dereito e esperanza”, celebramos a campaña XLIX de Mans Unidas.

Que esta celebración que agora comezamos nos dea azos para loitar contra todo aquilo que nos afasta do camiño de Deus.

O PERDÓN

ð Ti aseguraches que o ser humano non vive só de pan. Por todos os nosos materialismos, SEÑOR, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE.

ð Ti rexeitaches a tentación da presunción. Por todas as nosas irresponsabilidades, CRISTO, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE.

ð Ti superaches a tentación do poder e do triunfo. Por todas as nosas idolatrías, SEÑOR, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE.

REMUÍÑO

O plan de Deus sobre a persoa é un plan de amor e salvación. El creounos á súa imaxe e semellanza, infundiulles un “alento de vida”. As persoas debemos responder amorosamente ao Creador. Pero na nosa vida moitas veces, como lle ocorreu a Xesús, a tentación peta na nosa porta:

ð Non podemos vivir condicionad@ polos bens deste mundo. Vimos de Deus e cara El camiñamos. El é o punto de referencia para o uso dos bens temporais, que han estar subordinados á súa vontade e á dignidade de todas as persoas.

ð A vaidade, a ostentación, a busca de triunfos rápidos, o mesianismo fácil. Moitas veces queremos usar o noso poder para impresionar á xente… e o que é peor, tentamos utilizar a Deus para o noso proveito.

ð A ambición do poder, a idolatría, o tratar de que Xesús renuncie á total dependencia de Deus. Tamén a Igrexa sufriu tentacións parecidas ao longo dos séculos para exercer con maior eficacia a súa tarefa pastoral e apostólica.

AS TENTACIÓNS DE HOXE

ð O ser humano actual, que parece tan tentado polo ateísmo, debe ser consciente de que unha das tentacións máis graves do noso mundo segue a ser a da idolatría, substituíndo a Deus por outros deuses.

ð Tamén as persoas sentimos a tentación de poñer a proba a Deus dicindo: “Se existise, non permitiría que morresen tant@s nen@s indefens@s no Terceiro Mundo”, sen decatarnos de que é a nosa falla de amor a que permite estas situacións inhumanas.

ð O pesimismo tamén aparece coma unha tentación importante no noso mundo. Nembargantes, @ discípul@ de Xesús non pode vivir ancorado no pesimismo de tentacións e caídas; non podemos quedar no negativo de sentirmos débiles.

Hoxe, a Palabra de Deus ofrécenos a posibilidade de sincerarnos con nós mesmos. A nosa tarefa de cristiáns está en tomar conciencia das nosas propias deficiencias e dos nosos propios erros, actualizar a nosa fe en Cristo morto e resucitado por nós, e en comprometernos na propia conversión. Sen a axuda do Espírito non podemos vencer. E para vencer, unamos a nosa vontade as palabras de Xesús: “non nos deixes caer na tentación”.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

A tentación e o erro seguen existindo na nosa sociedade, aínda que ás veces non queiramos recoñecelo; por iso che pedimos:

SEÑOR, ÁBRENOS Á CONVERSIÓN E Á ESPERANZA

· Polo Papa Bieito, polos bispos, polos cregos e diáconos; para que confíen por riba de todo na Palabra de Deus e na súa forza liberadora, OREMOS.

SEÑOR, ÁBRENOS Á CONVERSIÓN E Á ESPERANZA

· Para que as persoas que viven na abundancia saiban moderar o uso das súas propias riquezas en proveito das persoas necesitadas, e non vivan abstraíd@s nas posesións materiais, OREMOS.

SEÑOR, ÁBRENOS Á CONVERSIÓN E Á ESPERANZA

· Por todas as persoas que traballan en e con Mans Unidas ou con calquera ONG; para que o seu exemplo sexa chamada e convocatoria, que atraia a outros voluntari@s, OREMOS.

SEÑOR, ÁBRENOS Á CONVERSIÓN E Á ESPERANZA

· Por tod@s @s difunt@s, dun xeito especial pol@s que adicaron tempo ou recursos económicos ao servizo solidario cara ós irmáns e ás irmás, para que Deus lles conceda estar gozando da plenitude do Reino, OREMOS.

SEÑOR, ÁBRENOS Á CONVERSIÓN E Á ESPERANZA

· Por tod@s nós, que participamos nesta Eucaristía, para que neste tempo da Coresma, Deus nos conceda a forza necesaria para deixar atrás canto nos endurece e deshumaniza, OREMOS.

SEÑOR, ÁBRENOS Á CONVERSIÓN E Á ESPERANZA

Señor,Ti coñeces a nosa fraxilidade. Escoita a nosas oración e concédenos comezar o camiño coresmal coa forza da túa Palabra, para que venzamos as tentacións e cheguemos cun corazón anovado ás festas pascuais. PXNS. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Nos momentos duros, míranos con misericordia.

Cando somos tentados e fraqueamos, míranos con misericordia.

Cando estamos cegos e ofuscados, míranos con misericordia.

Cando somos capaces do peor, míranos con misericordia.

Cando tropezamos e caemos, míranos con misericordia.

Cando non recoñecemos os nosos erros, míranos con misericordia.

Cando facemos sufrir ao irmán ou á irmá, míranos con misericordia.

Cando nos facemos sufrir a nós mesmos, míranos con misericordia.

E cando pasamos pola noite, axúdanos coa túa misericordia.

Cando entramos no deserto, axúdanos coa túa misericordia.

Cando buscamos sedentos, axúdanos coa túa misericordia.

Cando subimos ao monte, axúdanos coa túa misericordia.

Cando nos pesa a cruz, axúdanos coa túa misericordia.

Cando nos pesa o irmán ou a irmá, axúdanos coa túa misericordia.

Cando nos morde a crítica ou un bico traizoeiro, axúdanos coa túa misericordia.

Cando xa non podemos máis, axúdanos coa túa misericordia.

CANTOS

o ENTRADA: Arrepentido

o LECTURAS: Na noite escura

o OFERTORIO: Canta o sol, canta o mar

o COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...