Ir al contenido principal

Coresma 2008

INTRODUCIÓN

Comezamos o tempo coresmal. Os corenta días antes da Pascua cóntanse a partires do mércores de cinza. Unha corentena de preparación para unírmonos plenamente a Cristo no seu misterio pascual. Necesitaremos máis oración, máis austeridade, máis caridade. Necesitamos máis fe e máis apertura á Palabra de Deus.

Porque se Deus é amor, a nosa Coresma deberá ensinarnos a amar e a exercitarnos para vivir no amor. Un camiño para alcanzar a Cristo e bañarse nos ríos do seu costado. Dito doutro xeito, é un camiño interior para descubrir a Xesucristo, que xa nos alcanzou primeiro. Está dentro de nós. Entre El e nós non hai distancia. Está en ti, aínda que te sobrepasa, pero é o teu verdadeiro “eu”. Vivifícate e plenifícate. Sexa, pois, a nosa Coresma un exercicio continuado de amor.

Vamos pornos en camiño ao longo da Coresma, coma aquel samaritano,e seguro que cada día atoparemos persoas abandonadas, que morren por falla de amor e axuda. Cantas Coresmas precisaríamos para chegarmos a coñecer e a atender a todas esas persoas?:

·         Millóns de abortos provocados. Non son aceptad@, non hai lugar para el@s neste mundo.

·         985 millóns de pobres, case un de cada seis habitantes viven con menos dun dólar ao día, 11 millóns de nen@s morren cada ano.

·         27 millóns de escrav@s no mundo. Canta morte!. Naceron para servir aos señores e señorit@s.

·         3 millóns de nenas mutiladas sexualmente cada ano, o que orixina en moitos casos a morte.

·         A muller, tantas veces obxecto de desexo, pero non de amor.

·         Millóns de inmigrant@s, @s que morren tristemente no camiño, @s que son rexeitad@s, @s que son explotad@s.

·         Millóns de desprazad@s.

·         Miles de condenad@s a pena de morte. No ano 2005, polo menos 2.148 persoas foron executadas en 22 países.

·         Millóns de transeúntes, os sen-teito.

·         Millóns de drogadit@s e enferm@s da SIDA.

·         Millóns de discapacitad@s.

·         Tant@s, tant@s, tant@s... mal vist@s por seren distint@s.

Se todos estes datos e números nos quedan un pouco lonxe, convén que nos propoñamos para a Coresma algunhas cousas máis concretas e cércanas:

·         Necesitamos despoxarnos das nosas comodidades e apegos.

·         Necesitamos agrandar a nosa capacidade de comprensión e compaixón.

·         Necesitamos unha sobredose de misericordia.

·         Necesitamos ollos novos, para ver mellor @s irmáns.

·         Necesitamos silencio, para escoitar voces que chegan de moi lonxe e de moi dentro.

NECESITAMOS FE, ORACIÓN, ABSTINENCIA OU POBREZA, CARIDADE OU MISERICORDIA.

INDICACIÓNS “LITÚRXICAS”

SÍMBOLO

Está Coresma traballaremos con noticias dos xornais, nas que aparezan reflectidos cinco dos grandes problemas do noso mundo. Ao longo da semana iremos recortando novas, fotos, reportaxes…. que teñan que ver co tema do seguinte domingo. Logo, no momento do ofertorio pegarémolas nun taboleiro e comprometerémonos a traballar para erradicalos, pois estamos convencid@s que a Pascua cara á que camiñamos traerá un mundo anovado. Na proposta da celebración que enviamos tamén terá cabida ese tema.

Cada domingo centrarémonos nun dos grandes problemas:

·         1º DOMINGO (10 de febreiro): A fame (Campaña de Mans Unidas)

·         2º DOMINGO (17 de febreiro): As desigualdades sociais

·         3º DOMINGO (24 de febreiro): A violencia

·         4º DOMINGO (2 de marzo): Os problemas medioambientais

·         5º DOMINGO (9 de marzo): As migracións

 

Por outra banda, para darlle unidade a este tempo litúrxico, as respostas ás peticións de perdón e á oración da comunidade, así coma os cantos, serán as mesmas os cinco domingos.

Asemade, enviamos tamén unha oración de reflexión que podemos fotocopiar e darlle á xente para rezarmos tod@s xunt@s durante todo o tempo coresmal.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...