E TI, QUE ESTAS DISPOSTO A APORTAR? PÓRTICO As persoas sempre buscamos referentes nos que ver reflectidas as nosas aspiracións, aquilo que nos gustaría ser, ao que aspiramos chegar. O problema vén cando non os temos, cando ao que nos invitan a mirar, a televisión, a radio, as modas,.. non nos enche, quedando así perdidos,desorientados. Por iso hoxe, se cadra máis que noutros momentos da historia, precisamos recuperar a nosa capacidade de escoita se non queremos vernos afogados na vulgaridade. A nosa sociedade está enferma na súa vontade de vivir. A civilización do benestar ofrece medios de vida, pero non motivos para vivir. Por iso cómpre estarmos ben atentos á chamada de Deus, a escoitar a voz da verdade, a sintonizar co mellor que hai en nós, a desenvolver o no mundo interior. Temos que ser quen de recoñecer a súa voz entre tantas outras. Teremos que abrir oídos e corazón, teremos que poñer oídos á espreita para non deixarnos enganar por cantos de serea. Que esta celebració...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra