Ir al contenido principal

2 domingo pascua

MIREMOS AS CHAGAS DA HUMANIDADE PORQUE AHÍ ESTÁ CRISTO

Pórtico

Vivimos nun mundo no que o que non entra polos ollos non existe. Necesitamos comprobar os feitos para que estes sexan verdade. Todo se compra, e incluso a ledicia e a felicidade moitas veces buscámola no material, no acumular, nos cartos. Pero mira por onde, descoidamos o que non nos convén. Non somos capaces de descubrir que nos que sofren, que nas persoas desherdadas e silenciadas, está Xesús e é nas súas chagas nas que temos que meter o noso dedo e a nosa vida.

Que a celebración de hoxe nos faga conscientes de que grazas á fe, temos que ser quen de descubrir a Xesús en tódolos que sofren.

Perdón

(É aconsellable neste tempo facer o rito da aspersión á asemblea)

  • Pola túa resurrección que nos enche de vida. SEÑOR, ANIMA A NOSA VIDA.
  • Pola túa resurrección, que fai de nós persoas novas. CRISTO, ANIMA A NOSA VIDA.
  • Pola túa resurrección, que fai comunidade coa túa presenza, SEÑOR, ANIMA A NOSA VIDA.

Remuíño

Xesús hoxe sitúase no medio dos apóstolos, da comunidade primeira. Aparécese na comunidade e para a comunidade e quere que dende aí, os apóstolos sexan luz, sexan forza transformadora coa forza do espírito. O anterior pasou: o abandono, a soidade, a traizón; o vello queda atrás e é todo novo, porque El, coa súa resurrección, faino todo novo. El segue no medio de nós coma o que serve, alentando, animando, chamando a atención. Só espera unha resposta axeitada, un si xeneroso que transmita aos demais esta nova vida, esta alegría que brota de sentirnos unidos, queridos, acompañados. Logo, estamos chamados a mostrar a alegría, a sanación, a liberación. Porque no mundo seguen as chagas de Xesús en tódalas persoas que sofren inxustiza, desigualdade, abandono, pobreza, fame, maltrato. É aí onde temos que tocar para descubrilo. Onde temos que poñer vida, alento, ilusión, esperanza, alegría; sobre todo porque estamos chamados a transformar o mundo, a facer del unha comunidade de irmáns e irmás, que dende a diferenza somos capaces de camiñar, traballar e sentir cun so corazón. Así nos mostra esa primeira comunidade os Feitos dos Apóstolos. Un ideal ao que temos que temos que ir camiñando, unha utopía que se vai construíndo día a día e non unha quimera imposible. Deixemos atrás o noso egoísmo, o intentar acaparar por enriba de todo, que sexa o nos testemuño a unidade, o compartir, o sentir común, e sobre todo o compartir os bens, e tamén o tempo, os valores, as ilusións, as esperanzas, as loitas e tamén as tristuras. Abramos o noso corazón á forza do espírito que nos fai apóstolos da resurrección do Señor. Pidámosllo así nesta celebración.

Oración da comunidade

Señor, convócasnos este día, para que experimentemos nas nosas vidas a forza da túa resurrección, que alenta e vivifica a nosa vida. Con ánimos renovados dicimos con fe:

QUE SINTAMOS NA NOSA VIDA A TÚA LIBRACIÓN

Pola Igrexa, para que recibindo o don do Espírito, fomente nos seus membros, a dimensión comunitaria da fe, o sentido crítico ante a realidade e o compromiso a favor dun mundo máis humano, OREMOS:

QUE SINTAMOS NA NOSA VIDA A TÚA LIBRACIÓN

Polas nosas comunidades, para que sintan a presenza do Señor no medio delas e así o mostren ao mundo, levando aos demais a forza de quen se sente renovado e alentado polo espírito, OREMOS:

QUE SINTAMOS NA NOSA VIDA A TÚA LIBRACIÓN

Por todos nós, que experimentamos nas nosas vidas a forza da resurrección, para que descubramos ao Señor nas chagas do noso mundo: os emigrantes, os parados, os anciáns, os enfermos crónicos, os transeúntes... e busquemos solucións dignas e xustas. OREMOS:

QUE SINTAMOS NA NOSA VIDA A TÚA LIBRACIÓN

Grazas, Señor, porque segues a transformar a nosa vida coa túa resurrección. Fai de nós persoas entregadas aos demais. PXNS.

Para a reflexión

Ti e eu

Só Ti podes dar a fe,

pero eu podo dar o meu testemuño.

Só Ti podes dar a esperanza,

pero eu podo devolverlle a confianza aos meus irmáns.

Só Ti podes dar o amor,

pero eu podo ensinarlle aos outros a amar.

Só Ti podes dar a paz,

pero eu podo salvar a unión.

Só Ti podes dar a forza,

pero eu podo levantar ao desanimado.

Só Ti es o camiño,

pero eu podo ensinarllo aos outros.

Só Ti es a vida,

pero eu podo devolver aos outros o desexo de vivir.

Só Ti podes facer o imposible,

pero eu podo facer o posible.

Só Ti non necesitas a ninguén,

pero prefires contar comigo.

Cantos

Entrada: Bendito ti Xesús resucitado

Aspersión: A auga do Señor

Lecturas: Grazas, Señor, graciñas

Ofertorio: Benaventurados

Comuñón: O amor é o meirande

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Domingo Ramos 2025

TRANSFORMEMOS A FLOR MURCHA DA CORESMA NO VERDE ESPERANZADO CARA Á PASCUA   Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos.  COMEZANDO A CAMIÑAR Xesús púxose en camiño cara a Xerusalén ,escoitaremos na lectura do evanxeo de Lucas. Un camiño que se converte en sinal de contradición. En Xerusalén vivirá a morte; pero tamén alí, na mesma Xerusalén, na resurrección, mostrarase a grandeza e a fondura do Deus que envía ao seu Fillo para ser coma nós. A resurrección é, xa que logo, o triunfo, a esperanza, o punto de chegada dun camiño duro, difícil e cheo de dificultades. Nós hoxe tamén, coma Xesús, poñémonos en camiño cara esa Xerusalén que nos levará da mesa da fraternidade ao triunfo da Noite Santa da vida, pasando pola tristura e o desacougo da Paixón do Venres Santo. Dispoñámonos, poñendo o mellor de nós, a comezar esta andaina de salvación e esperanza. ACOLLENDO A BENDICIÓN DE DEUS Señor, sabénd...