Ir al contenido principal

Domingo 24 TO

Se a Igrexa é o novo pobo de Deus, terá tamén El que dicirnos, como dixo de Israel: "...Pervertéronse. Desviáronse do camiño que eu lles indicara. Fixéronse un becerro de metal, prostráronse diante del, ofrecéronlle sacrificios ...?". Non?. Pois moito temos que cambiar.

PÓRTICO

A celebración de hoxe ben podería comprenderse desde as seguintes tres palabras: acollida, alegría e confianza. Porque son estas as tres actitudes que se descobren como eixe das lecturas que imos proclamar na nosa reunión comunitaria. A acollida dun Deus que se fai pobo e que ofrece salvación para tod@s; a alegría daquel@s que se senten querid@s, valorad@s e respectad@s; e confianza porque a pesares de que moitas veces lle viramos as costas a Deus, El segue a ofrecer as súas mans abertas a cant@s queiran collelas.

    Que estas sexan tamén para nós tres actitudes coas que vaiamos facendo da vida un camiño que nos module, a imaxe e semellanza de canto Xesús nos mostrou e invitou a seguir coa súa vida e a súa palabra.

O PERDÓN

  • Porque a nosa comodidade, impídenos, tantas veces, perder o noso tempo para ir buscar e axudar a quen se atopa perdido e so diante das encrucilladas da vida, SEÑOR, ENCOMENDÁMONOS Á TÚA CONFIANZA.
  • Por termos esquecido que a túa xustiza se manifesta sempre de parte dos pequenos, dos humillados, dos desprezados, CRISTO, ENCOMENDÁMONOS Á TÚA CONFIANZA.
  • Por confundir a alegría da que Ti nos falas coa risa fácil e superficial de quen non mira ao seu interior, senón que se deixa levar polo que outros din, SEÑOR, ENCOMENDÁMONOS Á TÚA CONFIANZA.

REMUÍÑO

  • Cantas veces temos xogado a ser pequenos tiranos, falsos deuses!. Cantas amizades perdidas por mor da nosa soberbia, da nosa autosuficiencia!. Cantas bágoas lle fixemos verter aos irmáns e ás irmás a causa da dureza do noso corazón!. Cantas palabras ferintes saen dos nosos beizos, sen pensar na dor que causan!. En definitiva, canta indiferenza!!!!!!!!!!!!!. E a indiferenza é, con moito, un dos peores defectos desta nosa sociedade, tan moderna, tecnolóxica e industrializada. Por que seremos así: fríos, insensibles, ególatras?. Non será acaso porque nos cremos os mellores, os xustos, "lo más de lo más"?.
  • Porén, a Palabra que vimos de proclamar, volve lembrarnos unha vez máis que, se algo nos ten que caracterizar como cristiáns e cristiás é a cercanía e a misericordia; esas actitudes que Deus non se cansa de practicar con cada un e cada unha de nós e que nós tanto lle regateamos aos demais. Moisés é quen de suplicarlle ao Señor para que lle axude a reconducir ao seu pobo, que caera na idolatría; Paulo recoñécese seducido por Cristo, que lle axuda a superar un pasado non exento de erros. E nós?. Somos capaces coas nosas actitudes, coas nosas palabras, cos nosos comportamentos de transmitir a misericordia e a tenrura de Deus ou máis ben seguimos ancorados nun Deus vingativo, xuíz, que premia aos bos e castiga aos malos?. Se é así, quizás deberemos reler paseniñamente as parábolas que hoxe escoitamos no evanxeo e que nos falan de buscar a quen está perdido, de alentar a quen está triste, de escoitar a quen se sinte incomprendido, de acoller a quen é desprezado.... Porque moitas veces esquecemos que o punto de referencia das nosas actuacións debe ser Xesús; e por iso a nosa vida non expresa, non vive, non amosa… a fe que cremos e celebramos; por iso non estamos dispost@s a saírmos das nosas seguridades para ir na busca de quen está perdid@, desorientad@ ou esquecid@. Ou, ao mellor, si estamos dispost@s; pero non desde o respecto á súa liberdade, senón desde a imposición, desde o ordeno e mando.
  • Nunca tanto coma hoxe escoitamos dentro da nosa Igrexa un laio permanente polas ovellas perdidas. E é que mesmo parece que podemos afirmar, sen medo a equivocarnos, que en troques dunha ovella ou dunha moeda perdidas, sería máis propio falar de noventa e nove perdidas e unha que queda no redil, aínda que tamén cabería dicir que ás veces esta permanencia é froito do medo, do costume, da tradición e non dunha decisión persoal. En calquera caso, teriamos que preguntarnos por que se perderon esas 99 restantes. Por iso, aínda que sexa duro, haberá que facer unha autocrítica profunda, serena e sincera sobre a Igrexa que estamos a construír e que ás veces semella máis unha secta (na que a uniformidade, a obediencia cega e a falta de cuestionamento son o máis importante), que unha familia de irmáns e irmás con xeitos de pensar e de vivir diferentes, e que non esquezamos son froito da pluralidade do Espírito. Nós, moitas veces, sen unha visión misericordiosa, tratamos de converter o espazo da comunidade nun lugar de exclusión. Autoerixímonos coma grupo inmaculado e pechamos a nosa porta ás persoas que, por neglixencia, ignorancia ou calquera outro motivo, non levan unha vida "correcta", segundo os nosos criterios. Ás veces somos nós, @s de dentro da propia Igrexa, @s que coa nosa intolerancia, co noso inmobilismo, cos nosos ritos baleiros e afastados da vida das persoas, cos nosos binomios bos-malos, cos nosos malos xestos e coa nosa carraxe, estamos desexando que se vaia a xente, ou alomenos os que non nos din amén a todo. A solución a este desastre atopámola na Palabra que vimos de escoitar; e é unha solución ben sinxela, aínda que esixe de nós tempo, esforzo, adicación... amor. E esta solución chámase CERCANÍA... Menuda chorrada, exclamas!. Non das creto, dis?. Fai a proba e quedarás abraiado!.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Ao Deus do amor e da misericordia, que non se cansa de ofrecernos a súa tenrura, dicímoslle xunt@s:

QUE A CERCANÍA SEXA SINAL DE IDENTIDADE DA NOSA FE

  • Para que a Igrexa, como lle pasou a Israel, non se perverta nin se desvíe do camiño que coa súa vida e o seu quefacer nos mostrou Xesús, evitando converterse en burocracia e en materialismo sen corazón, OREMOS.

QUE A CERCANÍA SEXA SINAL DE IDENTIDADE DA NOSA FE

  • Polas nosas comunidades, para que sempre esteamos dispost@s a ir buscar a quen se sente perdido polo paro, pola droga, pola incomprensión, pola dor, pola tristura, pola vellez, pola soedade... e espera de nós cercanía, axuda e comprensión, OREMOS.

QUE A CERCANÍA SEXA SINAL DE IDENTIDADE DA NOSA FE

  • Por cada un e cada unha de nós, para que nunca nos creamos os bos, os xustos, os mellores, os únicos, os indispensables e saibamos abrir ben os ollos para descubrirmos que ao noso lado hai moitas persoas que buscan a felicidade de xeito calado, facendo felices aos demais, OREMOS.

QUE A CERCANÍA SEXA SINAL DE IDENTIDADE DA NOSA FE

Grazas, Señor, por seres para nós compás e caxato no camiño da vida. Que a pesares das dificultades e dos nosos erros, sempre nos sintamos acompañad@s por Ti. P.X.N.S.

PARA A REFLEXIÓN

Tes dereito a enfadarte, pero non debes pisar a dignidade da outra persoa.

Tes dereito a sentir celos do triunfo dos demais, pero non debes desexarlles mal.

Tes dereito a caer, pero non debes quedar tirad@.

Tes dereito a fracasar, pero non debes sentirte derrotad@.

Tes dereito a equivocarte, pero non debes sentir mágoa de ti mesm@.

Tes dereito a corrixir aos teus fillos, pero non debes romper as súas ilusións.

Tes dereito a ter un mal día, pero non debes permitir que se converta en costume.

Tes dereito a tomar unha decisión equivocada, pero non debes quedar parad@ para sempre.

Tes dereito a ser feliz, pero non debes esquecer ser agradecid@.

Tes dereito a pensar no futuro, pero non debes esquecer o presente.

Tes dereito a buscar a túa superación, pero non debes esquecer os teus valores.

Tes dereito a triunfar, pero non debe ser a conta dos outros.

Tes dereito a inventar, pero non debes esquecer a Deus.

Tes dereito a vivir en paz, pero non debes confundir ese dereito con ser mediocre ou conformista.

Tes dereito a vivir na opulencia, pero non debes esquecer compartir cos menos afortunados.

Tes dereito a desanimarte, pero non debes perder a esperanza.

Tes dereito á xustiza, pero non debes confundila coa vinganza.

Tes dereito a un mañá mellor, pero non debes cimentalo nun hoxe fraudulento.

Tes dereito a ser positivo, pero non debes ser arrogante.

Tes dereito a vivir dereitos e deberes que son o teu deber.

CANTOS

  • ENTRADA: Que ledicia a miña
  • LECTURAS: Camiñando pola vida
  • OFERTORIO: Como che cantarei?
  • COMUÑÓN: Quédate, Señor, connosco

Comentarios

xiztoria ha dicho que…
...danos entrañas de misericordia con toda miseria humana, inspíranos el gesto y la palabra oportuna con el hermano solo y desamparado...

Entradas populares de este blog

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...

Cristo Rei 2025

  UN REI DE SERVIZO NUN MUNDO PRECISADO DE ACOLLIDA E ESCOITA: XESÚS CRISTO CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA .- Que ledos hoxe estamos (  ) ·        LECTURAS .- Moito me alegrei (  ) ·        OFERTORIO.-  Na nosa terra ( 36 ) ·        COMUÑÓN.-  No colo de miña nai   ESCOITA ACTIVA          Remata hoxe o ano litúrxico que comezabamos o primeiro domingo de Advento, hai xa un ano. Un ano de ledicias e tristuras, de esperanzas e desacougos, de loitas e cansazos, pero sempre guiados pola forza e a presenza de Xesús o Mestre, aquel que pasou facendo o ben e tendendo a man a quen ía atopando ao longo do camiño.          E hoxe, como remate deste camiñar, celebramos a festa de Cristo Rei coa que queremos poñer de manifesto que o seu r...