Nin luces de neon nin lámpadas de baixo custo. Unha única e sempre activa luz: Xesús de Nazaré Pórtico Nunha sociedade plural coma a nosa, e diante dun clima social indiferente ao relixioso, moitos cristiáns terminan por vivir a súa fe cunha especie de complexo de inferioridade. Séntense crentes no máis fondo do seu corazón; pero non se atreven a confesarse como tales diante dos demais, nin no seu ámbito profesional nin nos seus círculos sociais. Porén, nun tempo no que tanto se fala de autenticidade, sería un contrasentido que os crentes ocultaramos as convicións que poñen luz e sabor na nosa vida. Entre o cristián intolerante e agresivo (que tristemente tanto prolifera) e o cristián acomplexado e avergoñado, está a persoa de fe, que sabe presentar e testemuñar a súa propia experiencia de crente dun xeito sinxelo e profundo. A nosa sociedade precisa destas persoas mensaxeiras do Reino, testemuñas que demostren que a vida pode ser vivida con dignidade e confianza, con fondura e esperan...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra