Ir al contenido principal

3 domingo TO 2011

PORQUE O REINO XA ESTÁ AQUÍ.... CELEBRÉMOLO UNID@S

PÓRTICO

O noso mundo está cheo de modelos, de persoas ás que admiramos polas súas calidades, polo seu xeito de ser, de actuar ou de afrontar a vida. Futbolistas, políticos, actores, cantantes... e , en menor escala escritores, poetas, músicos... Porque todos necesitamos reflectirnos nalgunha persoa, especialmente para proxectar o que nos falta a nós. O problema quizá sexa cando non temos referentes, cando non existen esas persoas ou son mediocres. Hoxe a celebración fálanos que os cristiáns non necesitamos buscar moito para a topar un modelo a quen seguir: Xesús, que non falla nunca e é luz na nosa vida. A que esperamos para dicirlle que si?.

O PERDÓN

  • Porque moitas veces fáltannos iniciativa, ilusión e imaxinación á hora de botar as redes, caendo na imposición e na vulgaridade, SEÑOR, PERDOA O NOSO EGOÍSMO.
  • Porque moitas veces o noso individualismo, a nosa autosuficiencia e o noso afán de protagonismo fan que se rompa a unidade nas nosas familias, nas nosas comunidades, cos nos@s veciñ@s, CRISTO, PERDOA O NOSO EGOÍSMO.
  • Porque moitas veces non somos quen de recoñecer os nosos erros e si estamos dispostos a acusar a quen temos ao noso carón, SEÑOR, PERDOA O NOSO EGOÍSMO.

REMUÍÑO

  • VIMOS UNHA GRAN LUZ: Nos tempos que corren, son moitas as persoas que teñen unha actitude negativa e desconfiada diante do futuro e da humanidade. Cans@s de que a economía non vaia arriba, cans@s de que a Igrexa non acabe de ser esa voz profética que acolle e dea resposta a tantos retos que hoxe nos prantexa a sociedade, cans@s, moitas veces de traballar, de vivir, de loitar. Se cadra teriámonos que preguntar en quen puxemos a confianza?, quen nos valía para seguir adiante?. Era tanto o que tiñamos que deixar atrás para que seguir o camiño que nos marcou Xesús?. Para que ser austeros se o tiñamos todo?, para que vivir a pobreza se iso non ía connosco?, para que colaborar cos demais se o que vale é o "sálvese quen poida"?. Diante deste panorama, o final víase vir. Fallou a base, fallaron as persoas e tod@s entramos nun túnel negro e sen luz que é o noso futuro. Pero hoxe esta celebración quere poñer luz, alegría e liberación. Como Isaías, tamén nós podemos dicir que o xugo do opresor, o materialismo, está quebrado e a vara do oportunismo, do derroche e do egoísmo, tamén rachou. Temos un novo horizonte por diante, unha nova xeira de colaboración, unha nova luz alumeou e segue chamándonos ao final deste túnel. Unha luz que vén de nacer hai uns días e que é alegría para tod@s nós.
    • E POR ISO SOMOS PESCADORES DE HOMES: Só desde unha actitude de coherencia e compromiso fondo con aquel no que cremos, só se realmente a fe pinta algo na nosa vida, seremos quen de facer que os demais se cuestionen pola relixión, se cuestionen por Deus. Ás veces a Igrexa converteu a expresión e a chamada que escoitamos hoxe no evanxeo a sermos "pescadores de homes", en sinónimo de imposición, facendo valer aquilo de que o importante é contar con moito número. Sen embargo, o camiño nunca pode ser o da obediencia cega, nin o do medo ou a obriga, porque ademais de ser vieiros contrarios á mensaxe de Xesús, son tamén armas que se volven na súa contra co paso do tempo. O camiño pasa logo pola invitación, non pola imposición; polo cuestionamento e pola fondura das nosas conviccións e non pola obediencia cega, o adoutrinamento ou o cumprimento de normas sen sentido.
    • NA UNIDADE, QUE NON É UNIFORMIDADE: Nesta semana tamén pedimos pola unidade. Unidade de todos os cristiáns, pero tamén unidade dentro da nosa Igrexa e mesmo dentro das nosas comunidades parroquiais. Unidade que non podemos confundir con uniformidade, pois somos conscientes da existencia de diferentes xeitos de pensar, de actuar, de distintas posibilidades.... e de que isto é algo que nos enriquece. Porén, moitas veces atopámonos con que a nosa intolerancia e a nosa autosuficiencia impiden que camiñemos na unidade evanxélica. Parapetámonos na nosa verdade e non estamos dispostos a escoitar e moito menos a aceptar aos que non pensan ou non actúan coma nós. En definitiva, tod@s queremos ser "líderes da manada", sen caermos na conta de que a mensaxe de Xesús non separa entre dominantes e dominad@s, senón que integra, acolle e ábrese a todas as opcións que respecten a dignidade da persoa. Hoxe é un bo día para mirar dentro da nosa vida, da nosa parroquia, da nosa Igrexa e botar fóra todo aquilo que supoña división, enfrontamento ou ruptura.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Señor, Ti queres que sexamos a túa luz no medio das persoas. Conscientes de que para iso necesitamos da túa axuda, dicímosche confiad@s:

QUE NUNCA ESMOREZA A TÚA LUZ NAS NOSAS VIDAS

  • Pola Igrexa, para que non caia na tentación dos personalismos e dos bandos e camiñe unida baixo o único Mestre que é Cristo, dando exemplo de unidade e de servizo desinteresado, OREMOS

QUE NUNCA ESMOREZA A TÚA LUZ NAS NOSAS VIDAS

  • Polas nosas comunidades parroquiais, para que, polos camiños evanxélicos do diálogo e do perdón, da tolerancia e da colaboración, da variedade e do compartir, sexamos quen de superar prexuízos e atrancos e cheguemos á verdadeira comuñón, OREMOS.

QUE NUNCA ESMOREZA A TÚA LUZ NAS NOSAS VIDAS

  • Por tod@s nós, para que teñamos sempre na nosa vida unha actitude de conversión continua, sendo quen de recoñecer os propios erros, refacer camiños e endereitar posturas para acadar unha mesma meta: a construción do reino de Deus, OREMOS.

QUE NUNCA ESMOREZA A TÚA LUZ NAS NOSAS VIDAS

Grazas, Señor, porque día a día es luz no noso camiño. Que sempre busquemos esa luz e así lla mostremos aos demais. PXNS. Amén

PARA A REFLEXIÓN

Polos vieiros do mundo,

ti pasaches dicindo a verdade.

Polos vieiros da terra,

Ti fuches romeiro e mensaxeiro do Pai.

Polos camiños da historia,

Ti estiveches atento aos sinais dos tempos.

Polos camiños dos pobres,

Ti fixeches a vontade do Pai.

Polos vieiros de Deus,

Ti fuches ao encontro de todas as persoas, fillas e marxinadas.

Polos camiños da periferia,

Ti anunciaches a Boa Nova.

Polos vieiros dos irmáns e das irmás,

Ti fixeches o camiño cara ao Pai.

Polos camiños da vida,

Ti mesmo fixeches o teu propio camiño.


 

Polos teus vieiros, lévanos Señor.


 

CANTOS

  • ENTRADA: Que ledicia a miña
  • LECTURAS: Sede o sal sede a luz
  • OFERTORIO: Ti es camiño é verdade
  • COMUÑÓN: Ide e pregoade

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...