Ir al contenido principal

Domingo 4 2001 A

Cando un busca, por moito que nos escondamos… sempre nos atopan. Deus sae na nosa procura, e sempre acaba atopándonos. Grazas.

Pórtico

    Estar orgullos@ do Señor, un orgullo que nos fai ditos@s. Esta é a invitación que nos dirixe a celebración de hoxe. Que non nos sintamos avergoñados por manifestarnos e sentírmonos crentes, ao contrario, que iso supoña na nosa vida ledicia, gozo, frescura, creatividade e forza para que, canto fagamos, o saibamos poñer na man e protección do Señor. Que mellor cousa para chamarnos ditos@s!. E que maior e mellor recompensa: o agarimo de Deus para sempre. Esta é a nosa esperanza, e por iso nos volvemos xuntar hoxe aquí.

Perdón

  • Por todas as veces nas que a nosa mala conciencia nos leva a apartarnos de Ti, SEÑOR, GÁRDANOS NA TÚA MISERICORDIA.
  • Por todas as veces nas que temos esquecido que só na sinxeleza e no respecto dos demais poderemos acadar a túa benaventuranza, CRISTO, GÁRDANOS NA TÚA MISERICORDIA.
  • Porque con moita facilidade esquecemos canto de bo vas poñendo no noso camiño, SEÑOR, GÁRDANOS NA TÚA MISERICORDIA.

Remuíño

  • Invítanos hoxe o Señor a que saiamos buscalo. Onde, poderemos preguntarnos cun toque de inxenuidade?. Unha pregunta da que xa sabemos a resposta, porque El ténnola dado moitas veces ao longo das páxinas da Palabra: nos pobres, si, naqueles aos que ninguén presta atención nin fai caso. Pobres non só de cartos, que neste momento tamén, pero principalmente nos pobres que se senten baleiros interiormente, nos pobres que son incapaces de facer autocrítica sobre a súa vida, nos pobres que só teñen cartos e aos que lle segue a faltar todo; nos pobres que logo de ter dado moito amor ao longo da súa vida, descóbrense agora na máis absoluta das soidades; nos pobres que téndoo todo, non foron capaces de ter o máis importante: sentirse amados e ser capaces de amar. Son moitos os pobres e as pobrezas coas que hoxe nos imos atopando cada día. Nós temos que esforzarnos, e ás veces si que é difícil!, por atopar neles ao Señor. El non se esconde. Nós, moitas veces si.
  • Paulo dinos que como Deus se quere mostrar, faino de xeito que, se lle poñemos un pouco de atención, o poidamos descubrir nos máis débiles. Aqueles aos que nunca se lles escoita, aos que non se lles presta atención, aos que non se lles entregan premios nin se lles ofrece recoñecemento social, nos que non teñen títulos e non pasaron por universidade algunha, a non ser a da vida, e na que foron aprendendo que o que fai a unha persoa ditosa só é, logo de moito sintetizar e de buscar o esencial, amar e ser amado. É dicir, aqueles que teñen o corazón grande. Non é fácil porque a corrente puxa por nós moitas veces en dirección contraria, pero este ha ser o noso reto, nel temos que poñer todo o noso esforzo, para que aquela auga que nos botaron na cabeza o día do noso bautismo –incorporación/purificación– vaia polo regueiro adecuado ata a desembocadura no mar que, para nós, é Xesús de Nazaret, Aquel que non cansou de dicir: ditosos os:
    • Pobres
    • Que choran
    • Sufridos
    • Famentos e sedentos de xustiza
    • Misericordiosos
    • De corazón limpo
    • Traballan pola paz
    • Perseguidos por causa da xustiza…
  • Porque deles é o Reino dos ceos .Un Reino que comezou xa, do que nós somos continuadores e animadores, e que rematará cando academos a felicidade plena ao seu lado.

Oración da comunidade

Ti, Señor, sempre nos chamas. Falo con tenrura e agarimo. Agradecidos dicímosche agora xuntos:

DITOSO QUEN RESPONDE Á TÚA INVITACIÓN, SEÑOR

Para que os que asumen o servizo de guiar, acompañar, alentar, formar... na Igrexa, se esforcen por facelo con actitude de sinxeleza e capacidade de escoita, Oremos.

DITOSO QUEN RESPONDE Á TÚA INVITACIÓN, SEÑOR

Para que nas nosas comunidades teñamos sempre presente que es Ti o que nos chama e invita, e saibamos responder con actitude de servizo e defensa dos máis débiles e necesitados, Oremos.

DITOSO QUEN RESPONDE Á TÚA INVITACIÓN, SEÑOR

Para que cada un e cada unha de nós nos esforcemos cada día en traballar por ser ditosos, facendo, co noso traballo, ditosos aos demais, Oremos.

DITOSO QUEN RESPONDE Á TÚA INVITACIÓN, SEÑOR

Señor, grazas por ofrecernos a capacidade de ser ditosos, aprendendo a servir e a dialogar cos irmáns.P.X.N.Señor. Amén.

Reflexión

Ditosa a xente misericordiosa

A xente que se doe dos demais.

A xente de corazón brando ante a miseria.

A xente afectada polas desgrazas alleas.

A xente que ten paixón e tenrura.

A xente que remedia ás persoas necesitadas.

A xente que converte o amor en estruturas sociais organizadas.

A xente que, desde a política, responde aos dereitos das persoas e dos grupos máis débiles.

A xente que non pode ollar o mundo con indiferenza.

A xente que chora con quen chora.

A xente que toma en serio a dor allea.

A xente que se compromete en tarefas de solidariedade e voluntariado.

Porque Deus é iso: un corazón apegado a tódalas persoas que atopan a dor no seu camiño de construción persoal e social. Así nos convocas. Amén.

(Manuel Regal, A graza…, 88/89)

Cantos

  • ENTRADA: Que ledicia a miña
  • LECTURAS: Ditoso
    o que segue ao Señor, e vai polo seu camiño
  • OFERTORIO: Cantádelle ao Señor unha cantiga nova
  • COMUÑÓN: Benaventurados

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...