HERDEIR@S DUNHA GRAN FACENDA: A TERRA CASA DE TOD@S E CHAMADA A DAR FROITOS DE DIÁLOGO E COMUNICACIÓN Pórtico Como ben nos di a primeira lectura, temos que aprender a preguntarlle ao tempo por Deus. Ao tempo difícil, convulso, cargado de pesimismo e cheo de nubes baixas a punto de abrirse e soltar a auga sobre nós; ao tempo que nos invitas a construír entre tod@s, porque nos necesitamos e ninguén debe quedar á marxe; ao tempo no que as cousas non saen como pensabamos; ao tempo que tantas veces perdemos por non dar entendido que é tarefa nosa, libre e responsable, aproveitalo para que dea froito; ao tempo no que o froito está chamado a medrar e a estenderse, facendo da nosa casa, barrio, parroquia, traballo... momento de colaboración, entendemento, diálogo e escoita, como Ti nos aprendiches nesa relación fonda e sempre agarimosa de Pai que no seu Fillo nos deixa gozar da forza e presenza do Espírito. Neste domingo da Santísima Trindade, domingo de comuñón e relación, que apren...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra