Ir al contenido principal

Pascua do enfermo 2012

PÓRTICO

Temos escoitado moitas veces que a fe cristiá é universal, que non ten fronteiras, que está por riba de razas, linguas, países, culturas, condición sexual, situación económica, laboral ou social. E iso é verdade, o que ocorre que a esta afirmación teórica é necesario poñerlle vida, praxe, rostro, persoas, para evitar que se quede nun marabilloso pronunciamento. A iso, a poñerlle nome e rostro humano ás cousas, é ao que nos invita a celebración de hoxe desde as lecturas que imos proclamar; unha invitación para que espertemos do sono de reducir a fe a un simple estar nas celebracións, e a convertamos en forza, alento e motor do que facemos na vida. Deste xeito faremos realidade a chamada que Xesús nos fai de ser testemuñas súas desde o servizo aos homes e mulleres do noso tempo.
Neste poñer nome e rostro humano, a pascua do enfermo que hoxe celebramos achéganos a un mundo, o da enfermidade, que nos ensina a outra cara da realidade: a da debilidade, a da propia limitación, aquela que nos fai tomar conciencia de que somos seres finitos; pero ao mesmo tempo a que atopa a Deus como forza, a que nos fala de eternidade, a que sente a vida e a fe coma agasallos do Pai. Nas persoas doentes, as comunidades teñen permanentemente o testemuño de Cristo. Hoxe, no día da súa pascua, haberá que facilitarlles o encontro co Resucitado non só persoal, senón tamén comunitariamente, visitando, acompañando, achegándonos a eles.

O PERDÓN

ö  Por ter esquecido o amor e o servizo ás persoas, substituíndoos por normas que non axudan a ninguén, SEÑOR, QUE O NOSO SERVIZO SEXA ÁS PERSOAS NECESITADAS E ENFERMAS.

ö  Para que nos acostumemos a rezar desde o concreto: o que nos pasa, o que nos preocupa, o que nos fai sentir pequenos e excluídos, CRISTO, QUE O NOSO SERVIZO SEXA ÁS PERSOAS NECESITADAS E ENFERMAS.

ö  Para que consigamos facer da nosa vida unha experiencia de encontro que nos afaste do illamento e da soidade, SEÑOR, QUE O NOSO SERVIZO SEXA ÁS PERSOAS NECESITADAS E ENFERMAS.

REMUÍÑO

DEUS NON FAI DISTINGOS: Que ben nos viría a tod@s nós, especialmente a certos membros da nosa cúpula eclesiástica, reler paseniñamente o fragmento dos Feitos dos Apóstolos que vimos de proclamar, pois ben seguro que se o bautizo de Cornelio e daqueles xentís dependese deles, aínda estarían hoxe sen bautizar, afogados nunha manchea de instancias, peticións e solicitudes que desen fe do seu currículo e do seu pedriguí. Porén, a Palabra, unha vez máis, déixanolo ben clariño: “Deus non fai distingos”. A pregunta entón cae de caixón: se iso é así, por que os que falan no seu nome ousan xulgar, condenar, humillar...distinguir?. Fóra da Igrexa non hai salvación, adoitan dicir ben enchidos de orgullo e prepotencia, laiándose daqueles escuros tempos nos que a Igrexa estaba casada co poder, esquecendo totalmente que o seu era servir e non que a servisen. Abramos as ventás dunha vez, deixemos de atufar a rancio, permitamos que o aire do Espírito entre e varra a nosa autosuficiencia de crernos os únicos, os mellores, aqueles que estamos en posesión da verdade absoluta.... porque Deus non fai distincións.
Porque a fe é universal e a ninguén se lle nega, esta fe non pode vivirse se non é desde o amor. Quen descubre a importancia do amor, converte a xustiza en experiencia de encontro, fraternidade e dignidade. O outro revélaseme como igual, o irmán con quen comparto o ser imaxe e semellanza de Deus, e polo tanto non é un simple facer cousas para buscar o que lle pertence, senón que busco e comparto con el o que son e teño, sen limitarnos a un reparto escrupulosamente equitativo. Camiñar na xustiza tendo como cimento o amor ábrenos a descubrir aos compañeir@s de camiño coma parte da nosa dignidade, o que merece o respecto máis absoluto e profundo, pois neles está o Deus que sendo amor se revela no amor que imos deixando co noso quefacer. De aí que insistamos unha e outra vez na afirmación de que a fe non se queda dentro das paredes das igrexas, tampouco no organizar cousas para os que son e pensan coma nós, senón que se abre a vivir a caridade como a mellor mostra, a mellor foto, poderiamos dicir, de que nada do que ocorre e lle pasa a unha persoa nos pode deixar indiferente. Parémonos a pensar un pouco no que isto significa, e contrastémolo coas afirmacións que facemos as veces ou co xeito de comportarnos que adoptamos tamén en moitas ocasións. Sen amor, falaremos de reparto, pero non de xustiza. E Deus, o que quere, xa nolo deixou claro Xesús, é que amemos, para tentar ser amor coma El.
Tal é así que Xesús non dubida en afirmar que o seu grande mandamento non é nin ir á misa, vestir deste ou daquel xeito,decidir se casamos ou non, criticar con quen anda ou fai o veciño... senón o amor. E unha vez dito pon como exemplo de como ten que ser ese amor a relación entre El e Deus Pai. Unha relación marcada pola fidelidade á misión que lle encomendara e o amor desde a que sustentala. A partires de aquí o amor convértese en ledicia á hora de facer as cousas, preocupación polas persoas que temos máis preto e vemos necesitadas, dispoñibilidade a participar ofrecendo cando de bo e positivo un ten e pode ofrecer para que outros crezan, maduren e melloren as súas condicións de vida. O amor ao que nos chama Xesús non é entón algo abstracto, irreal, inalcanzable e tampouco reducible a unha relación física, por moi pracenteira que puidera resultar nese momento. O amor é moito máis profundo, nel vainos a vida, canto somos, facemos ou dicimos. Desde o amor decidimos como e cara onde orientar o que queremos ser e como queremos facelo. E iso non se reduce a un momento, é o horizonte, a orientación que queremos darlle a vida para vivila coa maior e mellor das felicidades: Descubrir no que estamos facendo a presenza de Deus. Entendemos entón por que Xesús non dubida en afirmar que o amor máis grande é o que nos leva a poñernos no sitio do outr@ dando a vida por el?. Do amor xurde a amizade, non o servilismo, e Deus quérenos amigos, non servos, é dicir: libres, non dependentes. Que mellor froito ca este?
Este “Amádevos”, hoxe concrétasenos nas persoas enfermas. Nun mundo cheo de dor son moitas as veces nas que as persoas doentes están discriminadas, maltratadas, abandonadas, separadas..... Visitalas, acompañalas, consolalas é tarefa e compromiso para @s que nos chamamos cristiáns. Porque doentes témolos ao noso redor: na casa, no barrio, na parroquia, entre os amigos.... Enferm@s de dor, de soidade, de sufrimento, de tristura, de desesperanza.... Seremos quen de dicirlles, coma Xesús, “Érguete e vai”. Non deixemos pasar de longo esta nova oportunidade coa que Deus nos agasalla

ORACIÓN DA COMUNIDADE

No amor que Deus nos ofrece e desde o que nos invita a ser prolongación del no medio do mundo dicimos xunt@s:
QUE VIVAMOS O AMOR NON COMA SERVOS, SENÓN COMA AMIGOS
*        Para que a Igrexa se esforce por estar á altura da misión que nos encomendaches de vivir no e para o amor, e nos axude a sentírmonos non servos, senón amigos, OREMOS.
QUE VIVAMOS O AMOR NON COMA SERVOS, SENÓN COMA AMIGOS
*        Para que nas nosas parroquias entendamos dunha vez por todas que amar é preocuparse polo que lle pasa aos demais, non para criticalos ou falar deles, senón para querelos, axudalos e tenderlle a nosa man cando a necesiten, OREMOS.
QUE VIVAMOS O AMOR NON COMA SERVOS, SENÓN COMA AMIGOS
*        Hoxe, no día das persoas doentes, pedimos dun xeito especial por elas, que cangan sobre os seus ombreiros a pesada cruz da enfermidade e polos seus familiares e coidadores, OREMOS.
QUE VIVAMOS O AMOR NON COMA SERVOS, SENÓN COMA AMIGOS
*        Tamén pedimos por tod@s @s profesionais da saúde: médic@s, enfermeir@s, auxiliares, celadores, capeláns, limpadores, administrativ@s... para que saiban ser para as persoas enfermas mans amigas e corazóns quentes, cheos de tenrura e humanidade, e non esquezan nunca que, a pesares dos tempos de crise, traballan con persoas e non con fríos números, OREMOS.
QUE VIVAMOS O AMOR NON COMA SERVOS, SENÓN COMA AMIGOS
*        Por tod@s nós, para que saibamos agradecer e valorar o agasallo da saúde que Deus nos confía para que a coidemos, OREMOS.
QUE VIVAMOS O AMOR NON COMA SERVOS, SENÓN COMA AMIGOS
*        Para que nós aprendamos a poñerlle rostro de humanidade ás palabras, e cando falemos de amor pensemos en quen o está a pasar mal, en quen está enfermo, en quen se sente solo, en quen non ten traballo, en quen... se mostra o rostro do Cristo sufrinte, OREMOS.
QUE VIVAMOS O AMOR NON COMA SERVOS, SENÓN COMA AMIGOS
Grazas, Señor, por axudarnos a descubrir que poñer a palabra amor nos nosos beizos, pide de nós o esforzo por traballar para que as persoas necesitadas nunca nos resulten indiferentes nin estrañas. P.X.N.S. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Bendicíchesnos, Señor,
co agasallo da fe que sanda e salva
e na que todo atopa sentido.
Señor,
nos momentos de dúbida e desconcerto,
cando a dor e o medo se impoñen,
cando nos domina o sufrimento,
aumenta a nosa fe,
para descubrir o teu amor entrañable,
a túa misericordia que sanda as feridas,
a túa vontade de conducirnos cara á plenitude.
Señor,
que en cada acontecemento da vida,
na saúde ou na enfermidade,
na ledicia ou no pranto,
pasemos facendo o ben,
sendo testemuñas do teu amor que salva.
Amén

CANTOS

ö  ENTRADA: Vinde axiña
ö  LECTURAS: Canta aleluia
ö  OFERTORIO: Acharte presente
ö  COMUÑÓN: O amor é o meirande

Comentarios

Iñaki ha dicho que…
Buenos días:

Disculpe que utilice esta ventana de comentarios para hacerle una consulta no relacionada con el tema de la entrada. Hace tiempo que estoy tratando de contactar con la comunidad de base coruñesa Comunidade do Home Novo (vinculados a Encrucillada y a Redes Cristianas) pero hasta hoy no he conseguido contactar con ellos en ninguna de las direcciones que he podido averiguar, que parecen ya abandonadas por Home Novo ¿Por casualidad sabe usted de que modo podría contactar con ellos?

Saludos:
Iñaki
Iñaki ha dicho que…
Buenos días:

Disculpe que utilice esta ventana de comentarios para hacerle una consulta no relacionada con el tema de la entrada. Hace tiempo que estoy tratando de contactar con la comunidad de base coruñesa Comunidade do Home Novo (vinculados a Encrucillada y a Redes Cristianas) pero hasta hoy no he conseguido contactar con ellos en ninguna de las direcciones que he podido averiguar, que parecen ya abandonadas por Home Novo ¿Por casualidad sabe usted de que modo podría contactar con ellos? Espero que el grupo no de haya extinguido.

Saludos:
Iñaki
Remol ha dicho que…
Iñaki: Non teño novas recentes da Comunidade Home Novo. E só por casualidade vin este comentario. Non sei por qué, Blogger non me reporta directamente os comentarios existentes nas entradas. De todos modos, farei un par de consultas, por si conseguise algunha información.
Saúdos,

Santiago

Entradas populares de este blog

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...