CANDO DEUS SE CONVERTE EN SOLIDARIEDADE, O POUCO SEMPRE É MOITO. SEN EL, O MOITO QUEDA EN NADA PÓRTICO A medida que pasan os días as dificultades son cada vez maiores e a esperanza vai esmorecendo. O que noutro tempo era de moitas cores, pasou logo a gris, para irse convertendo, cada vez para máis persoas, na negrura máis absoluta. A negrura de quen non ve saída e a quen todas as posibilidades se lle van pechando; a negrura da decepción de quen se esforzou, buscou e non conseguiu atopar un pequeno claro na súa vida. En situacións así, a fe, sen que teña solucións de tipo técnico, convértese en pequena lumieira que vai mantendo a forza para non virse abaixo de xeito definitivo. Unha fe que ve en Xesús a aquel que loitou contra toda desesperanza, que confiou a pesares de que os seus o abandonaran renegando del. Como lle ocorreu a Xesús, tamén a fe volve a ofrecérsenos como chama que mantén viva en nós a capacidade de non deixarnos vencer polo abatemento e a desesperación,...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra