UN ADVENTO PARA CONSTRUÍR ESPERENZA ABRINDO O CORAZÓN A QUEN CHEGA SIGNO: Elaboraremos unha árbore en cartolina (tamén pode ser unha árbore natural) na que iremos pendurando, cada un dos domingos de Advento, un corazón tamén feito de cartolina. Dito corazón ten unha pechadura que, ao abrirse, deixa ver dentro unha frase dos textos das lecturas do día, que nos invita a deixar atrás canto nos fai insensibles e ritualistas na nosa tarefa de levar á vida de cada día as esixencias do Evanxeo de Xesús. Ao remate do Advento, poñeremos a árbore cos corazóns pendurados nela, diante do nacemento. Este é un sinal de que estamos dispostos a que o Deus que nace sexa estímulo e forza para non volver ao candado que nos encerra e illa dos irmáns. Neste primeiro domingo, a frase que escollemos é: “ Imos alegres á casa do Señor ”. PÓRTICO Cando se comeza algo novo sempre se xera un momento de ilusión, esperanza, ledicia, estímulo… Non sabemos se seremos capaces de acadar o obxectivo propo...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra