Ir al contenido principal

1 Advento

UN ADVENTO PARA CONSTRUÍR ESPERENZA ABRINDO O CORAZÓN A QUEN CHEGA

SIGNO: Elaboraremos unha árbore en cartolina (tamén pode ser unha árbore natural) na que iremos pendurando, cada un dos domingos de Advento, un corazón tamén feito de cartolina. Dito corazón ten unha pechadura que, ao abrirse, deixa ver dentro unha frase dos textos das lecturas do día, que nos invita a deixar atrás canto nos fai insensibles e ritualistas na nosa tarefa de levar á vida de cada día as esixencias do Evanxeo de Xesús. Ao remate do Advento, poñeremos a árbore cos corazóns pendurados nela, diante do nacemento. Este é un sinal de que estamos dispostos a que o Deus que nace sexa estímulo e forza para non volver ao candado que nos encerra e illa dos irmáns.

Neste primeiro domingo, a frase que escollemos é: “Imos alegres á casa do Señor”.

PÓRTICO
Cando se comeza algo novo sempre se xera un momento de ilusión, esperanza, ledicia, estímulo… Non sabemos se seremos capaces de acadar o obxectivo proposto, se cansaremos antes de rematar ou se conseguiremos manter as ganas e a tensión ao longo de todo o proceso no que se vaia desenvolvendo esa acción. Algo así nos ocorre tamén co tempo de Advento, pois se ben é verdade que todos os anos aparece no calendario litúrxico como un tempo de preparación ao Nadal, non é menos certo que as nosas actitudes, a nosa situación persoal ou a nosa vida de fe non son sempre as mesmas. Nós cambiamos, e as experiencias que vivimos veñen marcadas por este cambio. Iso quere dicirnos que inda que volvamos falar do Advento, a nosa vida desde hai doce meses non é a mesma. Por iso volvemos atopar cunha invitación a facer unha paradiña para revisar como foi este último ano da nosa existencia, e de que xeito o noso actuar ten sido expresión de que Deus foi acollido no corazón de cada un de nós. Deixemos, logo, que este tempo que nos abre o camiño do Nadal sexa tempo de revisión, renovación e misericordia, no que nos preparemos para acoller ao Señor acollendo aos irmáns que nos tendan a man e necesiten da nosa presenza.

 
PERDÓN
û  Por ter posto demasiados candados no noso corazón, que nos foron facendo insensibles diante da tristura dos irmáns e das irmás, SEÑOR, QUE A CHAVE DO TEU AMOR ABRA O NOSO CORAZÓN.
û  Por ter postos candados no noso corazón que nos levaron a darlle as costas á dor dos nosos irmáns e das nosas irmás, CRISTO, QUE A CHAVE DO TEU AMOR ABRA O NOSO CORAZÓN.
û  Por ter posto candados no noso corazón que nos fixeron consentidores, co noso silencio, da inxustiza e a dor das persoas que temos ao noso lado, SEÑOR, QUE A CHAVE DO TEU AMOR ABRA O NOSO CORAZÓN.

REMUÍÑO
·         Empezar de novo nunca é tarde nin cansa: O salmo dinos que vimos ledos á casa do Señor. Á nosa casa. Esta ledicia ten que movernos a facer deste tempo de Advento que hoxe comezamos un tempo de vivencia profunda da fe e de preparación para o acontecemento que cambiou a historia da salvación: o nacemento de Xesús. Cómo non vai ser isto motivo de ledicia!. Cómo non ha movernos a deixar atrás todo canto nos fai inseguros, infelices, rancorosos, preguiceiros!. Cómo non vai ser motivo de alegría coller a man de quen nos alenta a camiñar por vieiros de entendemento, colaboración, diálogo ou solidariedade!. Cómo non vai ser motivo de ledicia dicirlle si a Aquel que non leva conta do que fixemos, senón que sae ao noso encontro coa man sempre tendida e disposta a acoller!. Non cantamos, por acaso, moitas veces que o achamos presente na vida e nos fiamos del sen necesidade de velo?. Cómo, entón, non responder ao seu chamamento de facer deste tempo de Advento un tempo de apertura do corazón a ser mellores e a traballar por facer mellor o mundo no que vivimos: familia, parroquia, traballo … A salvación chéganos con Xesús, abramos o candado do noso corazón para que entre!!!!!!!!!!!!!!.

·         Recoñecer que tod@s podemos cambiar, é sinal de madurez: Para que esta chegada poida ser posible, necesitamos poñer un pouco ou un moito de cada un de nós. Se non estamos dispostos a cambiar, a deixar atrás todo canto sabemos que non nos fai mellores persoas nin nos axuda a ser máis felices, é mellor que con sinceridade non sigamos cara adiante, que o deixemos, porque Xesús pídenos cambio. Se non estamos dispostos a dar ese paso, todo canto fagamos é baldío. E xa sabemos que o que non dá froito acaba por cortarse para que non estorbe. Co comezo do Advento estamos diante dunha nova oportunidade de facer as cousas doutro xeito, de romper rutinas, de impedir que o costume marque e guíe a nosa vida. Fagamos destas catro semanas un tempo de salvación, novidade e esperanza que mova e remova as nosas vidas; que nos faga pensar un pouco en canto temos que ir deixando atrás porque nos pesa demasiado. Porque, como ben di Xesús, non se avanza se non imos lixeiros de equipaxe.

·         Deixarnos levar da man de quen nunca nosa falla, é sinal de nada está perdido: Para que nada se perda e a nosa docilidade non sexa sometemento nin escravitude, temos que estar vixiantes. Vixiantes para que nada se nos cole e non faga retroceder. Xa non podemos mirar atrás. O que era xa non é, e temos por diante un fermoso tempo no que abrir todos os candados que pechan o noso corazón no egoísmo da inxustiza, e nos impiden abrilo á solidariedade de quen tende a man para dicirnos: vén, aquí estou contigo.

ORACIÓN DA COMUNIDADE
No comezo do Advento, deixemos que a man de Deus abra o candado do corazón que tantas veces nos ten impedido mostrarnos sensibles á dor dos irmáns e dispostos a cambiar, e digamos:

SEÑOR, QUE DEIXEMOS ENCHOUPAR DE AMOR O CORAZÓN
*    Para que neste tempo de Advento, saibamos descubrir que só sentíndonos Igrexa que recoñece os seus erros e pide perdón por eles, acadaremos a renovación e a misericordia de Deus, OREMOS.
SEÑOR, QUE DEIXEMOS ENCHOUPAR DE AMOR O CORAZÓN

*    Para que estas catro semanas nos axuden a tomar conciencia de que tamén na nosa parroquia e cos nosos veciños necesitamos cambiar actitudes que nos fan insensibles e non nos deixan ver a necesidade que os demais teñen de nós, OREMOS.
SEÑOR, QUE DEIXEMOS ENCHOUPAR DE AMOR O CORAZÓN
*    Para que a nivel persoal aproveitemos o tempo de Advento para curar as feridas que van deixando en nós o egoísmo, a cobiza, a preguiza e incapacidade de ser sensibles e próximos á dor dos demais, OREMOS.
SEÑOR, QUE DEIXEMOS ENCHOUPAR DE AMOR O CORAZÓN

Señor, que o Advento sexa tempo que aproveitemos para curar as feridas que nos fan poñer candados a nosa relación contigo e cos irmáns. P.X.N.S. Amén.

PARA A REFLEXIÓN
Somos mulleres e homes de esperanza, por iso, queremos agradecerche, Señor, que sexas luz que vence á tebra para iluminar o mundo coa túa presenza, unha presenza: 

o   que nos invita a camiñar na benaventuranza

o   que nos mostra a grandeza de tant@s voluntari@s que dan o mellor das súas vidas para facer felices a quen os necesita.

o   que nos chama a vivir na grandeza da túa misericordia a través da entrega xenerosa, calada, e sempre perseverante, de quen segue camiñando na esperanza a pesares dos desacougos e dificultades da vida.

o   que nos fai sentir familia unida non pola rutina e o enfrontamento, senón polo amor e a axuda que nos prestamos uns aos outros.

o   que nos leva a agradecer o traballo de tantas persoas que se ocupan e preocupan de nós, profesionais dos diversos campos do mundo do traballo, que co seu esforzo nos van facendo a vida máis doada e feliz.

o   Que non deixa que a amargura, o desacougo e a desconfianza aniñen na nosa vida, senón que nos dá ollos para ver, oídos para escoitar e corazón para seguir sementando no medio do mundo folerpas de amor gratuíto, xusto, participativo e solidario. Amén
CANTOS
·         ENTRADA: Volve, Señor
·         LECTURAS: Veña o teu Reino
·         OFERTORIO: Na nosa terra
·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Cristo Rei 2025

  UN REI DE SERVIZO NUN MUNDO PRECISADO DE ACOLLIDA E ESCOITA: XESÚS CRISTO CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA .- Que ledos hoxe estamos (  ) ·        LECTURAS .- Moito me alegrei (  ) ·        OFERTORIO.-  Na nosa terra ( 36 ) ·        COMUÑÓN.-  No colo de miña nai   ESCOITA ACTIVA          Remata hoxe o ano litúrxico que comezabamos o primeiro domingo de Advento, hai xa un ano. Un ano de ledicias e tristuras, de esperanzas e desacougos, de loitas e cansazos, pero sempre guiados pola forza e a presenza de Xesús o Mestre, aquel que pasou facendo o ben e tendendo a man a quen ía atopando ao longo do camiño.          E hoxe, como remate deste camiñar, celebramos a festa de Cristo Rei coa que queremos poñer de manifesto que o seu r...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...