Ir al contenido principal

4 Coresma B



As novas Babilonias van desterrando, porque non gustan nin interesan, ás persoas que non cumpren os patróns impostos polos que mandan: guapos, famosos e triunfadores, que saben vender fume pero non tender unha man a quen a necesita
Descarga o ficheiro

SINAL DE CORESMA: Continuamos poñendo dúas folliñas máis, que rematarán o brazo horizontal da cruz.

CANTO GOZOSO

  • ENTRADA: Eu sei de quen me fiei
  • LECTURAS: Benaventurados
  • OFERTORIO: Na nosa terra
  • COMUÑÓN: Non vou so

ESCOITA ACTIVA
                Babilonia era para uns o triunfo, a riqueza o dominio. Porén, para moitos outros era escravitude, sometemento e indiferenza. O pobo de Israel pertencía a este último grupo. Pouco a pouco foran perdendo a frescura da fe, o alento por traballar comunitariamente, e a esixencia de non deixarse levar polo fácil e cómodo. Nunha palabra: esquecéronse de Deus. Neste esquecemento escribiu Israel a súa propia desfeita. Todo se viu abaixo, o que foi a ocasión para que os babilonios os someteran e deportaran. De novo volvían ter que marchar do su país para ser escravos dos triunfadores, dos que daquela tiñan o poder.

            Coma naquel tempo, tamén nós, como sociedade e persoalmente, fomos esquecendo e desterrando a Deus das nosas vidas. Non era moderno, non era racional, todo era unha mentira, diciamos. Invisibilizar a Deus supuxo tamén invisibilizarnos uns a outros e caer na máis absoluta indiferenza. Nada importa, todo dá igual e só queda protexerse para que namentres lles toque a outros non me alcance a min.

A onde nos leva isto?. Cara onde imos?. A pesares desta teimosía dos humanos, Deus segue a termar de nós, a querernos. Para El seguimos a ser visibles; e chámanos a nós a non permitir que ningún poder, abuso ou escravitude someta e manipule a cantos somos feitura das súas mans e quentura do seu corazón.
CORAZÓN MISERICORDIOSO

  • Por deixar que o sufrimento das persoas sexa cada vez maior, sen mover un dedo para impedilo, SEÑOR, NON NOS DEIXES CAER NA INDIFERENZA.
  • Por pechar os ollos ás inxustizas que vemos cada día, esperando que sexan outr@s os que dean o primeiro paso, CRISTO, NON NOS DEIXES CAER NA INDIFERENZA.
  • Por andar demasiado ocupados en aparentar o que non somos, esquecéndonos de coidar o que é importante para as persoas, SEÑOR, NON NOS DEIXES CAER NA INDIFERENZA.

PALABRA ENRAIZADA
Babilonia era o desterro, a separación, o fracaso como pobo disposto a non deixarse vencer pola influencia de canto facía que as persoas non foran importantes, senón medios aos que aproveitar para sacarlles proveito. E nada mellor que sometelas, reducilas polo medo e a violencia ao que dispuxeran os que mandaban. Isto supúxolle a Israel volver coller o camiño do exilio, do desmembramento coma pobo, da pobreza e do sometemento. Inda que pasaron anos, hoxe, podemos dicir, que van aparecendo novas “Babilonias” que tamén pretenden someternos, dominarnos, facer de nós monicreques manipulables ao antollo das súas propias decisións. As babilonias de hoxe vannos quitando as ilusións, a confianza, o sorriso e a foza da palabra dada para introducir criterios de rendibilidade, e visións puramente en perspectiva económica -canto poida sacar de aquí– das persoas. Temos un número de identificación que vai solapando o noso nome e a nosa identidade. Péchannos en cifras ou en estatísticas. Pero non importa porque os que gañan, os de sempre, sacarán tallada disto. E os que quedan nas beiras –os descartes, como di o papa Francisco– son peóns necesarios que teñen que inmolarse para que as cifras cadren, os balances se publiquen e as palabras saian da boca dos poderosos de maneira engaiolante e sen ningún tipo de mala conciencia. O que vale son os resultados, mellor, os bos resultados. Inda que estes sexan a costa da dignidade e o recoñecemento das persoas, de todas aquelas ás que só se recorre cando veñan as eleccións e hai que xustificar un gran número de papeletas nas urnas. Israel, cando se deu conta do seu error, tivo conciencia de que non podía quedar quedo, había que moverse e actuar. Non bastaba coa nostalxia de sentar na ribeira do río lembrando con morriña a súa terra. Na persoa de Ciro reflíctese o cambio de actitudes e a toma de conciencia para poñer un punto e aparte no que foi, para apostar polo que será, o que vai ser. Coma a eles, tamén a palabra de Deus invítanos, neste tempo de coresma, a cada un/ha e nós a cambiar o rumbo, a ser protagonistas comunitarios de tódalas cousas que entre tod@s é posible realizar. O individualismo non leva a ningures, o traballo en común devolve as esperanzas e a dignidade que outr@s intentaron sacarnos. Poñámonos logo en camiño.

A farturenta misericordia da que fala Paulo na carta aos efesios, ha ser para nós pulo que nos faga mobilizarnos e superar a paralización na que tantas veces camiñamos. En Cristo ábrensenos unha visión e unha acción novas e profundas. Novidade e profundidade que supoñen un actuar limpo, sen medias verdades, sen agochar o que nos fai humanos e cheos de erros, sen pretender vendernos como se foramos inmaculados e sen tacha. Esta novidade que nos ofrece Cristo o que fai é humanizarnos, sen crernos os novos deuses, ou os novos salvadores. Solos non iremos nunca moi lonxe, coa verdade e en comunidade, si que poderemos camiñar acadando avances e logros de humanización, de felicidade e de salvación. Ser feitura de Deus é unha esixencia, un compromiso que pide de nós non converter a fe en algo accesorio, en rutina, en costume ou divertimento. A fe ha ser raíz desde onde abordar problemas e tratar de atopar en unión solucións desde a escoita plural de tod@s, inda que non sexan dos “nosos”. Porque o seguimento de Xesús, foi, é e será un camiño que temos que percorrer sen cansar ata conseguir o maior dos bens: o ben común; que nós chamamos plenitude, resurrección e vida. Por aí han camiñar as nosas vidas, preocupándonos mais de acoller, acompañar e buscar puntos de unión que de xulgar, condenar e ter sempre a palabra na boca antes de escoitar o que a outra persoa está a dicir. Xesús foi mestre neste camiño. A coresma quere ser medio para volver a El logo de ternos apartado. Aproveitémolo!

FRATERNIDADE ORANTE
Agradezamos xunt@s a Deus o agarimo e a tenrura coa que se vai achegando a nós, e digamos:

GRAZAS, SEÑOR, POR NON XULGARNOS

  • Para que a Igrexa sexa unha comunidade de acollida, de solidariedade e de misericordia, esforzándose por levar a tenrura de Deus a quen se atopa dasacougad@, OREMOS.

GRAZAS, SEÑOR, POR NON XULGARNOS

  • Para que nas nosas comunidades aprendamos a pensar o que dicimos antes de ferir aos que están máis preto de nós coas nosas palabras, OREMOS.

GRAZAS, SEÑOR, POR NON XULGARNOS

  • Para que saibamos estar sempre ao lado das persoas que non teñen traballo, están enfermas ou non acaban de atopar camiño nin acougo nas súas vidas, OREMOS.

GRAZAS, SEÑOR, POR NON XULGARNOS

Señor, poñemos na túa man as nosas preocupacións e desacougos, sabendo que ti nunca nos das as costas, senón que nos acolles e acompañas sempre. P.X.N.S. Amén.

MIRADA ESPERANZADA
“Se un membro sofre, todos sofren con el” (1 Co 12,26) –A Igrexa 1. “O cristián é aquel que permite que Deus o revista da súa bondade e misericordia, que o revista de Cristo, para chegar a ser coma El, servo de Deus e dos homes”. 2. “A Coresma é un tempo propicio para deixarnos servir por Cristo e así chegar a ser coma El. Isto sucede cando recibimos a Eucaristía, onde nos convertemos no que recibimos:o corpo de Cristo. Nel non hai lugar para a indiferenza”. 3. “A Igrexa é communio sanctorum –comuñón dos santos- porque nela participan os santos, pero a súa vez porque é comuñón de cousas santas: o amor de Deus que se nos revelou en Cristo e todos os seus dons”.
(Ver en: http://www.vidanueva.es/2015/01/28/diez-ideas-del-papa-francisco-en-su-mensaje-para-la-cuaresma-2015)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...