Só un corazón quente é quen de entender que a misericordia de Deus é sabedoría de felicidade Descarga o ficheiro RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS o ENTRADA: Ti es camiño e verdade o LECTURAS: As túas palabras son espírito e vida o OFERTORIO: Na nosa terra o COMUÑÓN: Déixate querer OLLOS ABERTOS Vivimos con cara de tristeza. Non coa de vinagre, pero si coa de tristeza. Por que nos pasa isto se o temos todo: casa, coche, médicos, profes...? Estamos rodeados de xente, a televisión está permanentemente emitindo, as emisoras de radio no deixan de sonar, os teléfonos seica son intelixentes, os ordenadores persoais... por que entón ese corazón tan reseco e esa cara marcada polas engurras da tristeza? Non será que a nosa confianza seguimos a poñela no ter, no posuír, no gardar, no cobizar, e non no ser: ser persoa, ser amig@, ser feliz, ser bo marido, boa muller, bo fillo, bo cura...? Que mellor momento ca este,...