MARÍA, ROSTRO FEMININO NO QUE DEUS DEIXA A SÚA PEGADA DE MISERICORDIA Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Coa nosa naiciña do ceo (Nº 69) ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 124) LECTURAS: Camiñar sen Xesús sen amor (Nº 68) OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ESCOITA ACTIVA Hoxe é o sexto domingo de pascua, o domingo no que celebramos a Pascua do Enfermo. O lema deste Ano da Misericordia ten como referencia a María, muller de presenza e palabra. Presenza porque ela adoita estar nos momentos decisivos da vida do seu Fillo e dos apóstolos, e palabra porque dos seus beizos saen sempre palabras que invitan a escoitar; palabras que alentan; palabras que consolan; palabras que chaman a acompañar. Desde ela, a confianza e o acompañamento fanse rostro de muller na que Deus pon a súa confianza. Por iso dicimos que « María é rostro de confianza e de acompañamento ”. Ela sabe estar cando é necesario. Nas ledicias e tamén na dor, na...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra