QUE NON CAIAMOS NA TENTACIÓN DE FACER DA VIDA DOS DEMAIS UN INFORMATIVO DE TELEVISIÓN, SENÓN UNHA SALA DE URXENCIAS NA QUE ACOLLAMOS E ATENDAMOS SEN PREXUÍZOS Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) LECTURAS: Benaventurados (Nº 118) OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32) COMUÑÓN: No colo de miña nai (Nº 49) ESCOITA ACTIVA Cantas veces temos escoitado palabras que soan moi ben ao oído pero que non acaban de converterse en actitudes e comportamentos reais, vivos e concretos! Cantas veces nos temos comprometido en cambiar, en facer as cousas doutro xeito, en non volver cometer os mesmos erros, en... pero que fráxiles somos! Na mesma medida que o temos prometido, temos caído de novo. A pesares da nosa inconstancia, Deus segue ao noso lado, non nos deixa, non cansa de nós. Ao contrario, segue a dicirnos que a dignidade que puxo en tod@s nós non cambia nin se abandona: permanece. E desde esta permanencia, hoxe, agradecidos, queremos compartir ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra