A fe non é un
comercio, inda que algúns que teñen como misión achegárnola a convertan nunha
profesión de taxa e estipendio
SINAL DE CORESMA
SINAL DE CORESMA
Comezamos
o tempo de Coresma. Un tempo forte que a liturxia católica volve ofrecernos
para celebrar a Pascua co corazón e as actitudes dispostas a non deixarnos
levar da rutina nin polo desacougo. Por iso, en tempos de reciclaxe, reutilización e redución, queremos que a árbore que no
Advento nos invitaba a desprendernos das pedras escurecidas da nosa vida, nos
axude ao longo desta Coresma a tomar conciencia de que non pode haber esperanza
pascual se deixamos que se adhiran a nós as pedras que nos ennegrecen e nos
afastan da forza e da alegría da fe.
Cada
domingo colocaremos ao redor da árbore unha pedra que nos lembrará que se non
poñemos esforzo acabaremos facendo da fe irrelevancia en cada un de nós. Neste
primeiro domingo a chamada de atención é para que non fagamos da fe un
comercio.
CANTO
GOZOSO
o
ENTRADA: Misioneiro (Nº 115)
o
LECTURAS: Non vou so (Nº 60)
o
OFERTORIO: Sede a sal, sede a luz
o
COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (nº 89)
PARA
NON PERDER O PASO
Dicimos, ou escoitamos dicir, moitas
veces –esa é polo menos a sensación que temos– o rápido que pasan tempos e
cousas. E parece ser verdade, porque inda non hai nada estabamos con panxoliñas
e abrindo agasallos de Reis, e hoxe celebramos o primeiro domingo desta corentena
que nos vai levar ata a Pascua. Sexa unha sensación ou sexa verdade o rápido
que vai todo, o que si temos por diante é unha nova oportunidade para mirar
dentro de nós e descubrir que cousas non van ben e debemos cambiar. Farémolo
axudados pola árbore da esperanza que xa fixo con nós o camiño do Advento ao
Nadal. E esta árbore chámanos hoxe a esforzarnos para desterrar de nós calquera
intento feito por quen, no nome de Deus, o que busca é simplemente facer cartos
e impoñer medo nas conciencias. Deus non cobra nin mete medo. Dinos, unha e
outra vez, que El é e nós somos gratuidade, e que só desde ela entenderemos que
El, sempre e por riba de todo, é amor.
CO
CORAZÓN FERIDO
· Por pensar pouco as cousas importantes; SEÑOR, QUE RECOÑEZAMOS O NOSOS ERROS.
· Por rezar de rutina e sen ganas; CRISTO, QUE RECOÑEZAMOS OS NOSOS ERROS.
· Porque non sobran palabras e nos faltan feitos;
SEÑOR, QUE RECOÑEZAMOS OS NOSOS ERROS.
UNHA
PALABRA QUE AGROMA
ü Deus non nos quere solos. Terma e preocúpase.
Somos feitura das súas mans, quentura do seu corazón, acollida da súa ollada de
tenrura. Por iso a súa palabra é de entendemento, de encontro e de diálogo. Non
impón. Escoita e alenta. A súa Alianza incorpóranos a unha relación de iguais
marcada pola capacidade de escoita e colaboración. Por iso abre o foco da
relación con nós a través do conformar a nosa casa común, onde tod@s somos
importantes, necesarios, pero nunca imprescindibles. O seu: “Vou establecer a miña alianza convosco e cos
vosos descendentes, con tódolos animais que están convosco, os paxaros, os
gandos e as feras todas do monte, cantos saíron da arca e agora viven na terra”
é o mellor exemplo desta non exclusión, e da reciprocidade colaborativa para
que a súa obra teña o cumio na capacidade de legar aos que veñen detrás esta
casa amañada, e nas mellores condicións para vivir nela. Seremos capaces de
facelo? Venceremos a tentación de deixarlles só lixo e destrución? De nós, de
ninguén máis, vai depender.
ü Como nos dicía a segunda lectura, Deus é
paciencia; a paciencia que nos invita a poñer os pés no chan, a non
precipitarnos no que facemos, na toma de decisións, na palabra que
pronunciamos, na... a paciencia de Deus quere ser luz para que tamén nós
entremos nese ritmo de ser pacientes. E quen se esforza por desenvolvelo vai
atopando no seu camiño apoios que o axudan a non recuar nin a afundirse. A
paciencia de Deus está sempre disposta a soltar as cadeas que nos atan. E son
tantas! Convertamos logo este tempo de coresma nunha experiencia de andar
pacientemente o camiño dunha vida que queremos se faga por vieiros de madurez e
crecemento persoal.
ü O deserto é lugar de tentación, a falta de
auga e o moito sol provocan alucinacións. Tamén no mundo de hoxe hai moito
deserto, e son moitas as persoas que neste deserto, onde nós facemos o posible para
que non sexa casa común, sofren alucinacións, créndose o que non son, e onde o
seu ritmo de vida lévaos ao baleiro e ao sensentido.
ü A tentación foi para Xesús experiencia de
fortalecemento e clarificación persoal. El non sucumbiu a ela; nós si, e moitas
veces. E deixamos que entre en nós, abandonándonos, facendo unha vida onde Deus
é prescindible, que nos acaba levando, moitas veces á desesperación. Unha desesperación
que queremos encher –aquí está a contradición– de cousas que non nos enchen.
Coresma quere ser a man que nos axude a poñer un punto neste tantas veces camiñar
sen rumbo, para que non deixemos que a superficialidade, as présas, a
incapacidade para non deixarnos levar do cómodo e fácil, acampen na nosa vida e
nos envolvan de tal xeito que abafemos dentro. Esforcémonos por poñer distancia,
e fagamos desta coresma tempo no que as pedras, que tanto nos pesan, se vaian
soltando de nós porque estamos sendo capaces de non deixar que aniñen no
corazón.
DESDE
A ORACIÓN COMPARTIDA
Sabedores
do valor e da forza da oración comunitaria, rezamos xuntos dicindo:
QUE NON NOS DEIXEMOS
ROUBAR A ALEGRÍA
v Para
que o papa Francisco, os bispos, os curas e cantos senten que Xesús é guieiro
nas súas vidas, non se deixen abater pola irrelevancia de quen coida que a fe é
hoxe prescindible, OREMOS.
QUE NON NOS DEIXEMOS
ROUBAR A ALEGRÍA
v Para
que nas nosas comunidades nos esforcemos por afastar de nós a identificación da
confianza e do amor de Deus cos cartos; OREMOS.
QUE NON NOS DEIXEMOS
ROUBAR A ALEGRÍA
v Para
que non deixemos que o corazón se nos endureza coa pedra que nos fai
insensibles á dor e tristura das persoas que nos necesitan, OREMOS.
QUE NON NOS DEIXEMOS
ROUBAR A ALEGRÍA
Señor, sabémonos
necesitados de Ti, e moitas veces caemos na tentación de esquecerte. Dános azos
para non deixarnos ir por este camiño. PXNS. Amén.
PARA
QUE TODOS SINTAMOS A LEDICIA DO COMUNITARIO
“A oración non consiste en actos humanos particulares,
nos que nos diriximos a Deus e nos apartamos do mundo. Máis ben teriamos que
dicir que a Deus só o atopamos no mundo, e sobre todo nos nosos próximos.
Orar por outro significa expoñerse a si mesmo e ao
outro ao fundamento común do noso ser, é dicir, ver o interese polo outro á luz
de aquelo que nos concirne incondicionalmente, xa que logo, introducir a Deus
nesta relación... calquera outra cousa é exercitar isto ou recollemento
interior na profundidade.
Polo tanto, o obxecto da oración non é Deus como
persoa trascendente, obxecto da oración é o mundo... Orar significa, recoñecer
ao outro en Deus e a Deus no outro. Experimentar a vida cotián na súa
profundidade.
(W. Kasper, Introducción a la fe. P.102)
Comentarios