COMO FIXO CON ISRAEL, DEUS TAMÉN CONFÍA EN NÓS. EN TEMPOS DE TANTA DESCONFIANZA, ESFORCÉMONOS POR TRANSMITIR CONFIANZA SENDO ACUBILLO PARA QUEN NOS BUSCA E NECESITA
Descarga o ficheiro
SINAL DE CORESMA
Avanzamos no
tempo de coresma. Neste terceiro domingo sumamos unha nova pedra ás dúas
anteriores ao redor da árbore da esperanza. Colocamos o letreiro coa palabra APARENTAR. Si, porque a forza de querer
estar sempre estupendos/as, acabamos distorsionando a nosa propia realidade,
chegando a aparentar o que non somos, caendo así na dobre moral de quen sabe
que non está sendo sincero no que di e fai. E como ben sabemos, a aparencia,
antes ou despois, acaba desmontándose, quedando en nós a sensación de fracaso e
soidade. Sigamos a Xesús se libremente queremos facelo, pero non caiamos na
tentación de aparentar o que non somos nin estamos dispostos a ser: crentes.
CANTO GOZOSO
o
ENTRADA:
Eu sei de quen me fiei (Nº 64)
o
LECTURAS:
Señor Xesús, bendito sexas (Nº 52)
o
OFERTORIO:
Pan do ceo (Nº 53)
o
COMUÑÓN:
Déixate querer (nº 61)
PARA NON PERDER O
PASO
As Táboas volven poñer ante nós que a
esixencia da persoa crente no Deus de Xesús non é algo periférico e aparente,
senón central e real. Central porque se non somos capaces de mostrar na nosa
vida, co que facemos e dicimos, que o que cremos paga a pena, dificilmente poderemos
afirmar que a nosa fe en Deus é importante, fundamental na vida. A Deus non o
gañamos con ritos nin con costumes, senón desde o convencemento e o esforzo de
facer as cousas poñendo á persoa –toda e calquera persoa, El non fai distingos–
no centro do noso actuar.
Busquemos con
sinceridade, sen tentar nin enganar nin enganarnos, canto de bo podemos traer
hoxe á celebración e así agradecelo e compartilo.
CO CORAZÓN FERIDO
· Por
caer no autoengano de aparentar o que nos somos; SEÑOR, EN TI POÑEMOS A CONFIANZA.
· Por
non facer do esforzo esquinal da nosa vida; CRISTO, EN TI POÑEMOS A CONFIANZA.
· Por
ser preguiceiros no traballo de unir á comunidade; SEÑOR, EN TI POÑEMOS A CONFIANZA.
UNHA PALABRA QUE
AGROMA
ü Deus
nin esquece nin abandona. Nós si esquecemos e abandonamos. Aquí esta o punto e
contrapunto desde onde somos invitados a analizar a nosa vida. Canto construímos
ou canto destruímos. A mirada que teñamos e poñemos sobre as cousas achegaranos
ou afastaranos de Deus. E non vai depender de ninguén máis ca de nós. Por iso é
xa tempo de que nos preguntemos: como quero construír a miña vida? Sobre a que
a quero asentar? Cales quero que sexan os pilotes sobre os que se vaia
desenvolvendo e aportándome madurez, sentido, esperanza e verdade? Son estas
preguntas que case nunca nos facemos, pois deixámonos ir rutineiramente na
sucesión dos días. A liturxia pon cada certo tempo ante nós un tempo forte para
que fagamos unha paradiña, botemos unha ollada ao noso interior e nos
esforcemos por ser siner@s na análise a nas conclusións. Para iso debemos estar
convencid@s de querer cambiar. O proxecto que Israel descubre que lle vai dar a
felicidade, tal e como escoitabamos no libro do Éxodo, pasa por poñelo en práctica
no noso día a día. Non é algo teórico, ou para quedar nos papeis, senón para
ser levado á vida. E ten como centro recoñecer que o outro non é cousa para
nós, senón un/ha igual, un irmán/irmá co que compartimos a dignidade que Deus
puxo en tod@s nós.
ü Tendo
El palabras de vida eterna; é dicir, palabras que non son baleiro, palabras que
non son consumo, palabras que non se din para esquecer, senón para quedar e cambiar
o corazón. Estas palabras acollidas desde Xesús descubrimos, como lle dicía
Paulo aos Corintios, que non son palabras consumo ou discurso, senón palabras
para a vida. Para encher a vida de cada un/ha de nós de razón e sentido,
palabras para superar desesperanza e cansazo; palabras para non deixarnos
abater polo aburrimento. Tristemente moitas das persoas que foron acollidas na
fe no bautismo, por non ser capaces, ou non ter alguén ao seu lado que as
acompañara, acabaron afastándose e dándolle as costas ao proxecto fermoso e
ledo que Deus en Xesús ten para nós. Ao mellor non viron naquelas persoas que
os achegaron á fe o testemuño nin o sentido, senón só costume e aparencia; ao
mellor tamén esperaban dos que nos chamamos seguidores de Xesús un testemuño de
honestidade, coherencia, verdade, actuar xusto e respectuoso... que non
fomos/somos capaces de dar; ou ao mellor, que tamén pode ser, non estaban dispostos
a poñer o mellor de si para que a súa vida fose esixencia e verdade en cada
cousa que fixeran. As razóns poden ser moitas, pero para nós hoxe e aquí so hai
unha: se non poñemos o centro en Cristo, e non somos capaces de recoñecelo nos
demais, todo acaba volvéndose aparencia. E como ben sabemos, antes ou despois,
a aparencia so trae tristura e desconsolo.
ü Un
consolo que supón non quedar parados dentro das paredes do templo. A coherencia
e o sentido da fe xógase poñendo os pés no chan e aprendendo a mirar, con
sinceridade e gañas de cambiar as cousas, a canto temos ao redor. Pero tamén
supón que debemos buscar espazos e momentos para a reflexións, para o
discernimento persoal, para facernos
preguntas que enchan os nosos baleiros e nos ofrezan respostas que nos alenten
e axuden a dar pasos cara adiante, saíndo das nosas zonas de conforto e dos
nosos lugares comúns. A Xesús o que o alporiza, como acabamos de ver no
Evanxeo, é a aparencia de querer quedar ben con tod@s sen comprometerse con
nada nin con ninguén. Querer manter un discurso público dun xeito, e logo na
vida privada da familia, relación cos amigos... ter actitudes totalmente
contrarias e distintas. En fin, o que Xesús rexeita e condena é a dobre moral
de querer ser o que non somos. Para os xudeus o templo, dicían, era lugar de
respecto, de encontro con Deus, de... e cando chega Xesús atopa que non era así,
que aquilo só estaba ao servizo dos poderosos e dos que querían facer da fe e
da vivencia relixiosa interese persoal. Por iso se rebela e alporiza. Non
fagamos nós hoxe o mesmo. Busquemos ser honestos con nós mesmos, coherentes co
que facemos e sinceros coa nosa maneira de vivir.
DESDE A ORACIÓN
COMPARTIDA
Porque Deus acolle
canto lle contamos cando o facemos dese a sinceridade, dicimos xunt@s:
QUE NON NOS DEIXEMOS
SECUESTRAR POLA APARIENCIA
v Para
que traballemos por ser unha Igrexa de acollida e non de condena, OREMOS.
QUE NON NOS DEIXEMOS
SECUESTRAR POLA APARIENCIA
v Para
que nos esforcemos por facer do diálogo ponte que nos leve a entendernos e a
participar da vida das comunidades; OREMOS.
QUE NON NOS DEIXEMOS
SECUESTRAR POLA APARIENCIA
v Para
que a fe sexa o espello onde nos descubramos como somos, e nos esforcemos por
cambiar canto nos impide ser honestos, sinceros, coherentes e xustos cos demais,
OREMOS.
QUE NON NOS DEIXEMOS
SECUESTRAR POLA APARIENCIA
Grazas Señor, por
esta oportunidade que nos das de facer do Evanxeo espello desde o que mirar a
coherencia do noso actuar. PXNS. Amén.
PARA QUE TODOS
SINTAMOS A LEDICIA DO COMUNITARIO
•«A ledicia do
Evanxeo enche corazón e vida enteira dos que se encontran con Xesús. Os que se deixan
salvar por El son liberados do pecado, da tristeza, do baleiro interior, do
illamento».
•«Máis que o
tremor a equivocarnos, espero que nos mova o tremor a encerrarnos nas
estruturas que nos dan unha falsa contención, nas normas que nos volven xuíces
implacables».
•«Agradezo o
fermoso exemplo que me dan tantos cristiáns que ofrecen a súa vida e o seu
tempo con alegría. Ese testemuño faime moito ben e sostenme no meu propio
desexo de superar o egoísmo para entregarme máis».
•«Temos creado
novos ídolos. A adoración do antigo becerro de ouro(cf. Ex 32,1-35) atopou unha
versión nova e desapiadada no fetichismo do diñeiro e na ditadura da economía
sen un rostro e sen un obxectivo verdadeiramente humano».
(Francisco, E.G.)
Comentarios