Ir al contenido principal

30 domingo TO B 2018



Só seremos capaces de ver se nos deixamos acompañar. Na sinodalidade facemos sempre camiño, no individualismo volvémonos  estáticos e deseperanzados

Cantos

  • Entrada.-   Que ledicia miña ( 4 )
  • Lecturas.- Deixate querer ( 61 )
  • Ofertorio.- Veleiqui, Señor, o viño  ( 37 )
  • Comuñón.- Todos xuntos coas mans unidas ( 56 )

Para non perde-lo paso 
A medida que imos crecendo e madurando, imos tamén aprendendo a mirar. E a diferenza do ver que descobre pero non interpreta, a capacidade de mirar a  realidade  faino transcender ir máis alá do que son capaces de captar os nosos ollos. Porque a mirada fainos interpretar o que vemos, descubrir os seu contido e significado, non quedarnos nin deixarnos levar da primeira impresión.

No evanxeo de hoxe Xesús danos unha lección de como ha ser esa mirada que debemos poñer en practica cada día. E dinos que non pode ser máis que a mirada de quen descobre aos seus iguais que sofren, están sos ou son vítimas de quen ten poder e practica o autoritarismo. E fronte a esta mirada de imposición que só  pode ofrecer medo, Xesús ofrécenos e pídenos poñer en practica unha mirada de acollida, escoita e confianza.

Son tantos os “ Bartimeos ” que necesitan desa mirada no noso mundo, que non nos vai quedar outra que abandonar a comodidade da nosa fe burguesa e pouco crítica para acoller a fe que nos trae a mirada, sempre nova de Xesús, no rostro, cheo de esperanzas e angustias, dos irmáns.




Co corazón ferido

   Por intentar mirara moito, pero ser incapaces de ve-lo importante. Señor, que camiñemos na túa luz.

   Por non valorar a importancia do tempo para facer canto nos enche o corazón e axuda a poñer sorrisos no dos demais . Señor , que camiñemos na túa luz.

   Por deixarnos vencer da tentación da tristura e da desesperanza. Señor, que camiñemos na túa luz.

Unha palabra que agroma

   Inda que o binomio fe – alegría aparece de xeito moi marcado ao longo da proposta de Xesús, a base de  insistir  no pecado, a condenación, o castigo... acabamos por presentar unha imaxe, tamén unha vivencia, da fe entristecida, individualista e afastada do sentido transformador da vida persoal e da sociedade, tantas veces de costas ao proxecto de xustiza e igualdade do que nos fala a Palabra de Deus. Xeremías exprésao moi ben na primeira das lecturas que hoxe temos feito. Non podemos dirixirnos a Deus con xesto  de persoas vencidas e incapaces de poñer esforzo e ganas por superar atrancos e dificultades que se nos van presentando na vida. Se xa de partida dicimos que nada podemos facer, por moito que falemos de Deus, escoitemos a súa Palabra ou esteamos moito tempo dentro dos templos, para nada nos vale. Dicía Óscar Romero, o santo do pobo e da denuncia profética, que a Biblia é Palabra de Deus, pero esta só se fai Palabra de Deus cando se actualiza e se aplica a súa realidade histórica. Non facelo así, acaba converténdoa  nunha palabra que nin di nada nin nos move a realimentarnos interiormente para integrala nas actitudes que movan e  constrúan a nosa vida.

   E esta palabra non exclúe a ninguén. Non practica o clasismo de ser para unha clase determinada e non para outra, a Palabra que sempre escoitamos e lemos nas celebracións é Palabra permanentemente viva e con forza, de tod@s. Unha palabra que ao non distinguir acolle e engloba. Escoitabámolo tamén por boca de Xeremías: a palabra convoca a cegos, coxos... e convoca para cambiarnos e transformar os espazos alí onde esteamos . Por iso é palabra que aleda e non entristece, que ten actualidade e non queda vella; palabra que se escoita para que tamén nós aprendamos a escoitar . Unha palabra que non pode máis que traernos alegría . Non é logo un soño, unha invención, unha proposta de demagoxia para manipular as nosas conciencias, senón unha invitación a que espertemos de todo canto non nos faga pobo, misericordia, xustiza, igualdade e respecto permanente para con nós e os demais.


   Desde ela Deus chámanos a ser sementadores desta palabra coa nosa maneira de achegarnos á realidade . Non para deixarnos enganar polas nosas precomprensións e teimas, polas respostas xa feitas, senón pola novidade que fai que os nosos ollos sexan capaces de percibir a complexidade da vida, superando a tentación de intimismo que nos illa e non deixa mirar de fronte aos demais . E a esta chamada de Deus debemos responder nós de xeito libre, auténtico, ledo e honesto . Sen mentir, sen enganar sen camiñar nas medias verdades que fan invisibles os problemas e crean mundos paralelos. Coma Bartimeu, pidamos con convencemento ao Señor que sexamos capaces  de mirar a realidade tal e como é; que sexamos capaces de mirar o mundo coas súas complexidades pero con moitas capacidades para ser distinto; que sexamos capaces de mirar ás persoas, nas súas equivocacións, si, pero tamén nos seus acertos e esforzos.  Non deixemos, nisto si que nos dan unha lección o tándem conformado por Xesús e Bartimeu, que a desidia entre en nós para evitar mira-la realidade dun mundo complexo pero con moitas posibilidades e capacidades ,se cada un/ha de nós poñemos o mellor da nosa parte para construílo. Gritemos tamén nós con forza: Señor, que vexa/ mos!




Desde a oración compartida

  Rezamos de maneira comunitaria ao Señor que nos  ofrece os ollos non para tapalos senón para mirar e descubrilo entre nós, e  digamos: Señor, que actuemos sempre con convencemento.

   Para que entre tod@s nos esforcemos por construír unha Igrexa que ademais de ve-los problemas e dificultades non se queda no laio, senón que se esforza por buscar solucións e cambios. Oremos. Señor , que actuemos sempre con convencemento.

   Para que as nosas relacións na casa, o barrio e a parroquia busquen sempre a sinceridade do noso actuar e a solidariedade no noso axudar. Oremos. Señor , que actuemos sempre con convencemento.

   Para que non deixemos que o derrotismo entre en nós e paralice as nosas capacidades, esmoreza as nosas ilusións e secuestre as nosas esperanzas. Oremos. Señor, que actuemos sempre con convencemento.

       Señor, poñemos canto temos rezado na túa man, para que non deixemos nunca que os pasos da vida se afasten da túa proposta de acollernos, respectarnos e axudarnos. Por Cristo o noso Señor. Amén.


Para que tod@s sintamos a ledicia do comunitario

Sínodo significa “fazer xunto camiño (syn= juntos; odos=camiño) ou “camiñar xuntos”. O Sínodo acontece a partir da convocación do bispo (nunha Diocese) ou do Papa (no ámbito da Igrexa toda).
Com todo, confeso que non estamos acostumados a esta forma compartida de ser e viver. Somos muito individualistas em todos os níveis: na cúpula e na base.
A Sinodalidade é a forma mais mellor de exercer o poder na Igreja. Uma Igreja sinodal não contradiz a unidade, mas faz parte de sua dimensão constitutiva, embora por séculos esquecida. Juntos podemos superar melhor a autorreferencialidade e corrigir o poder absoluto, prepotência internalizada dos senhores feudais.
Esta Colegialidade sinodal foi pedida, 50 anos atrás, no Concílio Vaticano II, mas ainda não implementada por resistências internas em diversas instâncias.
Como envolver mais o povo de Deus, e acelerar esta colegialidade em todos os níveis ? Como colocar os leigos, eles e elas, em postos de decisão nos diversos organismos eclesiásticos? ... Só uma Igreja poliédrica e culturalmente diversa com Jesus como centro, consegue contentar a todos e não excluir ninguém. O Papa Francisco está tentando caminhar nesse sentido, apesar do descontentamento de alguns aferrados a antigas formas de poder.
Precisamos caminhar juntos e viver esta eclesiologia plural, inclusiva e sinodal. Uma Igreja que consulta, reza e vive na diversidade.

( José Ramón F. de la Cigoña  )

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...