Ir al contenido principal

Festa de Todos os Santos 2018



Festa de Tódolos Santos 

A festa da dos que pasaron con sinxeleza facendo do servizo ledicia
Cantos

Entrada.- Benaventurados
Lecturas.- camiñarei na presenza do Señor
Ofertorio.- Deixate querer
Comuñón.- Pan do ceo

Pórtico

          Deus únenos hoxe no seu amor desde o testemuño dos homes e mulleres b@s e xeneros@s, para os que a esperanza e a sinxeleza foron eixes da súa vida. Este mesmo Deus acóllenos ao seu carón para invitarnos á confianza diante de toda a desconfianza do noso mundo. Chámanos chamarnos polo noso nome fronte ao anonimato que nos ignora e silencia; ofrécenos  a súa man nun momento no que o individualismo e o interese puramente materialista se vai impondo por riba da amizade, o amor e a espiritualidade de quen fai da dignidade respecto de persoas e vidas. A festa de hoxe, quere ser logo, chamada a non deixarse arrastrar do pesimismo, para facer agromar a esperanza daquel que sempre que achega a nós, non canse de dicirnos: benaventurados.  Por tant@s Benaventurados que responderon a súa invitación, compartimos e celebramos hoxe este momento de oración.

Perdón

*    Para que aprendamos a facer da nosa vida servizo e non egoísmo.  Señor, que non nos arrastre o pesimismo.

*    Para que non caiamos na tentación da imposición e a falta de respecto aos demais. Xto., que non nos arrastre o pesimismo.

*    Para que os nosos ollos non se pechen diante da inxustiza. Señor, que non nos arrastre o pesimismo.

Remuíño

*    Benaventurad@s dinos o evanxeo que acabamos de proclamar, Benaventurad@s por non deixarnos arrastrar polo que fan todos e caer na mediocridade de quen fai da súa vida vulgaridade que se desenvolve no culto aos cartos, ao poder, ao autoritarismo e ao abuso e imposición. Ao longo da historia da humanidade teñen sido moitos e moitas os escollid@s, Salvad@s e agarimd@s pola tenrura deste Deus que hoxe nos invita a facer memoria histórica de agradecemento das persoas que foron deixando pegada no mundo; as persoas capaces de transformar as estruturas inxustas en servizo, colaboración e gratuidade xenerosa; e que xa gozan da presenza de Deus. Hoxe miramos a tódals xentes para as que o recendo de amor foi o seu xeito de actuar e tratar aos demais.

*    Tomando en serio a palabra proclamada, e prestandolle atención, descubriremos que a mensaxe que nos quere dirixir é en positivo: a bondade do amor de Deus está moito máis presente entre nós do que cremos, por iso temos que deixar de laiarnos, mirar só o negativo, e comezar a construír desde o bo que percibimos ao noso redor. Unha bondade que se nos mostra cada día nas persoas que dan o seu tempo como servizo aos demais, nas que se abren ao compartir o que teñen, nas que están dispostas a facer da vida dos outros un tempo de sorriso e paz. Esa foi a tarefa na que tanto se implicaron homes e mulleres aos que temos coñecido, e que hoxe queremos dicirlle desde esta nosa oración comunitaria: grazas polo voso exemplo, grazas polo camiño que nos abristes, grazas por mostrarnos de que fronte  ao noso pesimismo hai outro xeito, outro mundo, outro corazón que crece e vive en esperanza.

*    A celebración de hoxe  tan que ser para tod@s nós unha celebración de agradecemento, por todo o Reinado de Deus que temos recibido a través da vida, o exemplo e o testemuño das persoas coas quer temos compartido tempo e vida, e que repousan nos “camposantos” das nosas parroquias. E inda que os seus nomes non están nos calendarios, nin as súas festas non se celebran con foguetes e música, hoxe nós, miramos para as lapidas nas que están escritos os seus nomes, e cheos de agradecemento celebramos que teñan sido as mellores testemuñas do amor de Deus. Os mellores embaixadores do ilusionante e esperanzado proxecto de amor, paz e xustiza que viviu e nos invitou a vivir Xesús de Nazaret. Por iso nós hoxe, con actitude orante, corazón latexando de lembranzas e pensamento agradecido nos reunimos para celebrar que “ por riba das  nosas distancias, hai unha fe; unha esperanza que medra en nós tamén . Desde esta fe e nesta esperanza hoxe a nosa presenza é tamén compromiso de recoñecemento do recibido e esixencia para transmitirlle aos que veñen tras de nós o testemuño da identidade crente e servidora que hoxe celebramos.

Oración da comunidade

          Deus, que é amor e acollida, invítanos neste momento a compartir a oración comunitaria dicindo xunt@s: Grazas pola sinxeleza da xente de ben.

Ø  Para que en toda a Igrexa saibamos ser agradecidos e valoremos os exemplos de xenerosidade de tantas persoas, que hoxe, na súa festa, a festa dos santos sen calendario, ven recoñecido o seu traballo e o seu esforzo. Oremos. Grazas pola sinxeleza da xente de ben.


Ø  Para que nas nosas comunidades non desalentemos nunca, e nos esforcemos por ser testemuño de tenrura e servizo sen mediar interese nin cartos. Oremos.  Grazas pola sinxeleza da xente de ben.


Ø  Para que cada un / ha de nós, saibamos valorar a felicidade está na capacidade que teñamos de saír ao encontro dos demais e ofrecernos como samaritanos servidores e ledos. Oremos. . Señor, grazas por facer da santidade don e entrega.

Grazas, Señor, por este día no que nos mostrar a riqueza da vida de tantas persoas que pasaron pola nosa vida facendo o ben. Por Xesucristo o noso Señor. Amén.

Reflexión

Señor, axúdame a ser Santo:
Santo sen premio,
Santo para non ofenderte,
Santo para servir mellor aos demais.
Señor, neste día,
que recordamos e celebramos a memoria de tódolos Santos,
axúdame a acercarme máis a Ti.
que o Espírito, me conceda os dons necesarios para ser mellor.
Non porque eu mereza algo,
Senón para que a miña loanza chegue a Ti, máis plena.
Señor, Perdóame,
Polas miñas infidelidades e abandonos,
Por todo o que podía ter feito e non fixen,
Por todo o que podía ter servido e non servín,
Por todo o que teño desaproveitado.
Dáme a túa Bendición para que o resto da miña vida,
te sexa Fiel e Caritativo,
Luz Túa e Servidor de Todos,
segundo Ti me pidas en cada momento.
Grazas Señor pola Túa Misericordia comigo.Amén.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...