Ir al contenido principal

Domingo 28 TO B 2018

NON DEIXEMOS QUE O PERIFÉRICO NECROSE A NOSA RIQUEZA INTERIOR

PALABRA QUE ALEDA

    • ENTRADA: Con ledicia vimos (Nº 3)
    • LECTURAS: Benaventurados (Nº 119)
    • OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36)
    • COMUÑÓN: Non vou so (Nº 60)

    PALABRA QUE ACHEGA

    Boas días: neste comezar o noso encontro comunitario. Deus volve xuntarnos para compartir e aquecer os corazóns que ao longo da semana foron arrefriando polas tristuras, as desesperanzas, os desenganos... a rutina. E volve facelo porque é sabio e perseverante, e quere que sigamos estas súas pegadas para ser tamén nós persoas que non se deixan abater polas dificultades –que xa sabemos que non é doado– nin polo costume de facer o que moit@s fan: corpo presente e corazón ausente. Non. Poñamos presenza, corazón e pensamento para compartir e agradecer poder volver reunirnos, vernos, saudarnos e participar xunt@s da confianza no Deus que non busca outra cousa para nós máis que sexamos felices.

    PALABRA QUE TRANSFORMA

    • Polas veces nas que ferimos coas nosas palabras e accións; SEÑOR, NON NOS DEIXES DA TÚA MAN.
    • Polas veces nas que os nosos xestos separaran e entristecen aos que temos ao noso lado; CRISTO, NON NOS DEIXES DA TÚA MAN.
    • Polas veces nas que non pensamos o que dicimos nin dicimos o que pensamos; SEÑOR, NON NOS DEIXES DA TÚA MAN.

    PALABRA QUE REBULE



    As persoas non nacemos para estar soas e illadas unhas das outras. Un elemento que nos configura é o de ser cos outros, cos demais. Buscar só a nosa comenencia lévanos a ser persoas caprichosas, volubles e tremendamente inseguras. Porén, cando somos capaces de escoitar e de que nos escoiten, de axudar e deixarnos axudar, de ofrecer e estar tamén dispostos a acoller, móstrasenos a verdadeira grandeza de todas as persoas. A relacionalidade lévanos a que aprendamos a chegarnos ás demais persoas desde un dobre criterio: prudencia e sabedoría. A prudencia de non actuar nin dicir as cousas arroutadamente, senón de xeito reflexivo. A sabedoría de quen ten o convencemento de que ao necesitar dos demais só pode aprender escoitando, prestando atención ao que os outros nos din e fan, vencendo a tentación de querer sempre dicir a última palabra ou ser referencia permanente en cada conversa. Moito temos que aprender!

    Neste proxecto Deus danos a fartura da súa presencia permanente, á vez que nos bendí sen facer nin apartes nin distincións. É a súa unha bendición entre e para iguais, unha bendición que acolle e non discrimina; unha bendición na que non se “nomina” a ninguén para que teña que saír. Cristo abriu este camiño, e desde El nós estamos chamados/invitados a ilo facendo cada día co noso traballo, nas relacións familiares, cos compromisos que nos levan a asociarnos e formar parte de grupos que buscan poñer sorrisos e dignidade nas vidas das persoas. Dignidade que esixe que non sexan só palabras as que adocen os nosos oídos, senón que se han concretar na forma de facer as cousas e na maneira de reivindicar sempre, e non só por comenencia, o que é bo para tod@s e non invisibiliza nin exclúe a ninguén. A Palabra de Deus, sabia e sempre mostrando o seu dinamismo desde a súa aplicación á vida, é a mellor compañeira para ir desenvolvendo este camiño.

    E como vemos no evanxeo, cústanos sempre moito cambiar o corazón e non deixar que nel aniñen desexos de ter, posuír, mandar... É doado afirmar que un cre en Deus, pero cando desde esa afirmación se nos pide que sexamos coherentes con ela á hora de comportarnos, de tomar decisións, de non deixarnos levar polo que fan tod@s... entón si que se volve moi complicado. Iso foi o que lle pasou ao mozo do que se nos fala no evanxeo –tiña moitos cartos!– el rezaba, ía ao templo, cando alguén lle pedía esmola dáballa, pero... non foi capaz de ter un corazón desprendido. Pasaranos así tamén a nós? El era dos “nosos” pero o seu ser “dos nosos” era periférico, externo. Non levaba a que o seu corazón cambiase. Cantos crentes “dos nosos”: misa, novenas, enterros, bautizos... para os que logo a aplicación do rezado e celebrado neses encontros está en total desconexión coa vida? Loitemos contra esta tentación e non deixemos que nos invada, ou sega a invadir. Porque, como ben sabemos, cando a necrose da espiritualidade xa chegou a todo, non queda moito que facer.

    PALABRA QUE SE ENCONTRA

    Recemos xunt@s ao Deus que acolle sempre a nosa disposición a compartir a oración e digamos:
    GRAZAS, SEÑOR, POR QUERERNOS IGUAIS
    Para que como Igrexa saibamos recoñecer as nosas equivocacións e traballemos por buscar o que une e non quedarnos no que nos separa dos demais; OREMOS.
    GRAZAS, SEÑOR, POR QUERERNOS IGUAIS
    Para que nos esforcemos por ter unha relación sa e igualitaria entre os membros das nosas comunidades parroquiais, sabendo valorar o que compartimos e comprender o que nos diferenza; OREMOS
    GRAZAS, SEÑOR, POR QUERERNOS IGUAIS
    Para que no noso actuar de cada día, fagamos da igualdade e do trato xusto vieiros do noso comportamento; OREMOS.
    GRAZAS, SEÑOR, POR QUERERNOS IGUAIS
    Grazas, Señor por ofrecernos este momento de oración comunitaria para poder compartir o que nos une, e superar o que nos diferenza. P.X.N.S.

    PALABRA QUE ACHEGA

    Visita Deus ao seu pobo
    cando alguén vai pola vida
    pensando máis ca no seu,
    doándose da aflixida.
    Visita Deus ao seu pobo
    cando alguén nos di: non chores,
    e logo dá en traballar
    para poñer fin ás dores.
    Visita Deus ao seu pobo
    cando unha man estendida
    Vale de apoio para a persoa amargada,
    recuperándoa para a vida.
    Visita Deus ao seu pobo
    valéndose dos teus brazos,
    que tamén por mans alleas
    es ti por Deus visitado.
    Posto que a gloria de Deus
    é que o pobre teña vida,
    busquémola, logo xuntos,
    Nesta terriña dorida.
    (Manolo Regal, Un Caxato...)

    Comentarios

    Entradas populares de este blog

    Corpus 2024 B

    ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

    3 Coresma 2024

    DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos co...

    6 Pascua 2024

      CONSTRUÍNDO CASA COMÚN SEN FACER DISTINCIÓNS NIN PERDER A IDENTIDADE CANTOS ·        ENTRADA:  Con ledicia vimos todos ao altar (Nº 2) ·        LECTURAS:  Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 23) ·        OFERTORIO:  O amor é o meirande (Nº 120) ·        COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   AQUECENDO O CORAZÓN              Neste sexto domingo de Pascua invítasenos a prestar atención, poñendo corazón, ollos, mans, pensamento, pés... para vivir facendo do amor cerne da nosa vida. A isto chámanos o Evanxeo de hoxe. Non é doado, sabémolo, pero non podemos renunciar a tentalo, porque só quen se esforza pode recoller logo o froito do seu esforzo.          Cando Xesús fala do amor, non está a teorizar nin tampouco a dicir palabras pa...