Fagamos do Advento unha escaleira de igualdade SINAL DE ADVENTO Ao longo deste tempo de Advento, utilizaremos como sinal unha escaleira de catro chanzos, que chamaremos a escaleira da igualdade. Cada un dos domingos iremos colocando neles, comezando por abaixo, unha lenda que poña de manifesto que este tempo de Advento ha ser para nós a ocasión de ir deixando atrás aqueles comportamentos que fan que nos sintamos persoas atrapadas na rutina de non prestar atención á xente e ao dano que lle podemos procurar; xente que vai creando desigualdade nas nosas relacións e formas de pensar. As lendas para cada un dos domingos serán: 1º.- Deixemos atrás o chanzo do control 2º.- Deixemos atrás o chanzo da falta de respecto a outras opinións 3.- Deixemos atrás o chanz...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra