A familia berce para convivir para madurar e crecer en humanismo
Cantos
Entrada.- Eu soñeiLecturas.- As túas Palabras, Señor, son Espírito e vida
Ofertorio.- Velaquí, Señor, o viño
Comuñón.- Gracias, Señor, graciñas
A familia é berce de acollida ao que chegamos de primeiras ao abrir os ollos á vida. Berce no que imos crecendo e aprendendo; berce no que descubrimos o mellor e tamén as dificultades da vida. Por iso dicimos que é escola, a primeira, onde a clase dura vinte catro horas, e na que o profesorado é a tempo completo, sen estar preocupados polo cambio de clase nin polo remate da xornada laboral. A familia é escola permanente. Deste este seu ser, hoxe, na Igrexa celebramos a súa festa, o que pode ser un bo momento ara dar grazas por ela e por todo canto temos aprendido, cos seus luscos e fuscos, ao longo do tempo. Sen familia que nos quixera e axuda, non estariamos hoxe aquí. Celebremos logo con alegría esta invitación a dar grazas a Deus.
Corazón misericordioso
- Porque moitas veces non somos capaces de corresponder ao amor na nosa familia. Señor, que non esquezamos o berce no que nacemos.
- Porque somos rácanos para recoñecer o moito recibido, a pesares dos esforzos e dificultades, nas nosas familias. Cristo, que non esquezamos o berce no que nacemos.
- Porque fáltanos capacidade para saber dicir grazas e pedir por favor. Señor, que non esquezamos o berce no que nacemos.
Palabra ofrecida
Amor, traballo e respecto son tres palabras que hoxe nos poden servir para enmarcar a celebración deste domingo da Sagrada Familia.- Amor desinteresado en tempos nos que a todo se lle vai poñendo prezo, e onde a desconfianza cando alguén actúa e se compromete desde a gratuidade, suponlle que sexa persoa mirada con e desde a desconfianza. Poren, a familia, desde o minuto un, mellor, desde o momento no que se sabe que se espera un fillo/a ponse en situación de acollida e dispoñibilidade. Que en tempos de aplicacións múltiples e variopintas, non é debido a unha delas, senón á capacidade que temos as persoas de facer do amor realidade visible de xenerosidade compartida a tempo completo e de xeito gratuíto. E iso non se pode aprender, sae directamente do corazón, da nosa capacidade de descubrirnos necesitados unhas persoas das outras; da capacidade de darnos sen que medie contrato laboral ou horas reguladas por convenio. O amor, inda que as veces para algunhas persoas puidera parecerllo, non é froito do material, senón da capacidade de descubrir o sentido humano da nosa vida e de outras moitas vidas. Desde el sabemos renunciar a cousas materiais, si, pero descubrindo nesa renuncia toda a riqueza que supón e aporta interior e persoalmente. O amor nin é medible, senón que se verifica na alegría dos ollos e na grandeza do corazón.
- Traballo aprendido e compartido, non como unha carga que se nos impón, senón como unha escola na que se nos descobre que podemos enriquecernos co que cada persoa vai poñendo da súa parte para que todas poidamos gozar dese esforzo compartido. E iso onde se descobre e se vai aprendendo de xeito cotián é na realidade familiar. Porque alí, o núcleo familiar, plural e diverso, vese enriquecido coa capacidade de poñer en común e compartir o que cada quen é capaz de aportar. Non para recibir paga ou salario, senón, como diciamos antes, a fondura do amor de quen valora e se alegra de superar a tentación do individualismo, para camiñar no común enriquecido da gratuidade. A escola da iniciación á vida, e desde ela á responsabilidade do traballo, diante do que ninguén é superior a ninguén, e tódalas partes son capaces de remar na mesma dirección, é a familia. Nela aprendemos; e desde ela somos capaces de compartir o aprendido. Tomar conciencia disto, en tempos de individualismo e capitalismo liberal que só busca a triunfo dos máis fortes, deixando nas beiras a quen necesita de outras, mesmo de moitas, mans para aprender, é o que nos fai descubrir que a palabra humana non é un concepto baleiro, senón un xeito de tratarnos e respectarnos. E iso só o descobre quen aprendeu que o traballo non é para un, senón para os demais.
- Respecto, diciamos enriba, é a actitude que descubrimos desde o primeiro momento nas nosas familias. Porque sen el, a familia vólvese unha empresa onde algunhas persoas buscan medrar a conta das outras. Mais, o estilo e a pedagoxía que imos aprendendo de Xesús, e que nos trae hoxe aquí para celebrar esta festa, non é o de ser empresa, senón experiencia de recoñecemento da dignidade coma persoas e da reciprocidade enriquecedora na comuñón familiar. E neste recoñecemento, se falta o respecto, non e posible entender nin o amor nin o traballo como vimos dicindo. Acollernos, aprender a aceptarnos na diferenza, ser conscientes e non facer un conflito porque non nos recoñecemos perfectos, é tarefa permanente no que temos que ir crecendo dentro das nosas familias, de xeito que sintamos o gozo de todos somos importantes e necesarios, para que ninguén caia na tentación de sentirse imprescindible. E este, é o estilo que soubo vivir Xesús, e nos invita a poñer en practica.
Oración comunitaria
Señor, ao teu abeiro compartimos a oración comunitaria dicindo:
Grazas por querernos como somos.
- Para que a Igrexa non caia na tentación do individualismo líquido, e siga apostando por alentar ser familias plurais, alegres, gozosas e solidarias. Oremos. Grazas por querernos como somos.
- Para que nas nosas parroquias traballemos por manter unidas as familias, respectando a súas pluralidade, acollendo a todos cantos as compoñen e sabendo relativizar ,con amor e respecto, as diferenzas. Oremos. Grazas por querernos como somos.
- Para que nós non nos convertamos en talibáns que impoñen un único modelo de familia e de relación entre os seus membros. Porque Deus, a quen hoxe lle rezamos, creounos diferentes e sen imposicións.Oremos. Grazas por querernos como somos.
Grazas, Señor, por seguir mostrándonos a forza, o valor e a necesidade das familias como berces de comprensión, respecto e acollida. Amén.
o esplendor do verdadeiro amor,
a vós, confiados, dirixímonos.
Santa Familia de Nazaret,
fai tamén das nosas familias
fogares de comuñón e cenáculo de oración,
auténticas escolas de Evanxeo
e pequenas Igrexas domésticas.
Santa Familia de Nazaret,
que evitemos nas familias situacións
De violencia , autoritarismo e división.
Que saibamos crecer no amor, no respecto e na aprendizaxe
Do valor do traballo como pedagoxía de solidariedade coa sociedade.
Ao estilo da Familia de Nazaret. Amén
Gratuidade compartidaXesús, María e Xosé,
En vós contemplamoso esplendor do verdadeiro amor,
a vós, confiados, dirixímonos.
Santa Familia de Nazaret,
fai tamén das nosas familias
fogares de comuñón e cenáculo de oración,
auténticas escolas de Evanxeo
e pequenas Igrexas domésticas.
Santa Familia de Nazaret,
que evitemos nas familias situacións
De violencia , autoritarismo e división.
Que saibamos crecer no amor, no respecto e na aprendizaxe
Do valor do traballo como pedagoxía de solidariedade coa sociedade.
Ao estilo da Familia de Nazaret. Amén
Comentarios