Ir al contenido principal

2 Pascua 2021 B

 CAMIÑANDO CARA GALILEA RECOÑECEMOS A XESÚS RESUCITADO 

CANTO GOZOSO

  • ENTRADA: Bendito ti, Xesús resucitado (Nº 111)
  • LECTURAS: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)
  • OFERTORIO: Benaventurados (Nº 119) 
  • COMUÑÓN: O amor é o meirande (nº 120)

SAÍNDO DA NOSA ZONA DE CONFORTO

Vivimos nun mundo no que o que non entra polos ollos non existe. Necesitamos comprobar os feitos para que estes sexan verdade. Todo se compra. Mesmo moitas veces buscamos a ledicia e a felicidade no material, no acumular, nos cartos. Non somos capaces de descubrir que nas persoas que sofren, que nas persoas desherdadas e silenciadas, está Xesús e é nas súas chagas nas que temos que meter o noso dedo e a nosa vida.
Que a celebración de hoxe nos faga conscientes de que grazas á fe, temos que ser quen de descubrir a Xesús nas persoas, especialmente nas feridas.

CO CORAZÓN FERIDO

  • Pola túa resurrección que nos enche de vida; SEÑOR, ANIMA A NOSA VIDA.
  • Pola túa resurrección, que fai de nós persoas novas; CRISTO, ANIMA A NOSA VIDA.
  • Pola túa resurrección, que fai comunidade coa túa presenza, SEÑOR, ANIMA A NOSA VIDA.

FACEMOS PASCUA

No comezo da Pascua invitábasenos a saír de Xerusalén para ir cara Galilea. É aquilo que Francisco expresa co termo “Igrexa en saída cara ás periferias existenciais”. Para atopar a Xesús Resucitado cómpre camiñar cara Galilea: a Galilea da xente enferma, a Galilea das persoas que fan cola para conseguir alimentos pois a pandemia conleva unha grave crise laboral e económica, a Galilea da xente soa, a Galilea da xente maior, esquecida e arrinconada; a Galilea da xente que dun xeito ou doutro ve pisoteada a súa dignidade... é aí, nesas Galileas tan numerosas no noso mundo, onde temos que saber descubrir e recoñecer a Xesús Resucitado.
Que ben o entenderon as primeiras comunidades cristiás. O libro dos Feitos dos Apóstolos que proclamamos como primeira lectura neste tempo pascual dinos que aquelas persoas pensaban e sentían o mesmo. Entenderan claramente que Xesús abrira un camiño novo, un camiño de fraternidade. Pasaron os anos, pasaron os séculos e, se cadra, substituímos esa fraternidade por enfrontamentos e divisións que nos debilitan e son un antitestemuño. A Pascua é un bo momento para desandar o camiño equivocado e recuperar esa fraternidade que, como nos lembra o cirio pascual que simboliza a luz de Cristo Resucitado, fai que na casa común nos sintamos e nos tratemos como irmáns e irmás.
Só así será posible entender as palabras do evanxeo de hoxe, na que se nos di que non importa tanto o ver coma o crer, o confiar, o compartir, o buscar consello, o escoitar... para así descubrir a presenza do Resucitado. O importante non é ir ao sepulcro e comprobar que alí non hai nada. O importante é ter a experiencia de que Xesús está vivo porque o sintamos nós mesm@s vivo en nós, nos demais, nas persoas e nas cousas nas que andamos cada día. Nós non podemos ir ao sepulcro, pero podemos sentir a Xesús Resucitado vivo dentro de nós, non coma unha imaxinación, senón coma unha certeza que o Espírito pon no noso corazón. Como nos falta fe, entusiasmo, convición!!!!!!!!!!!!!!!!. Tamén nós acabaremos nas mans de Deus. Atoparemos nel a vida chea pola que tod@s andamos loitando. Os nosos soños de dignidade total para toda a xente do mundo só se verán cumpridos cando entremos na casa grande do Pai. Mentres... toca loitar coma Xesús, que hoxe tamén nos di a cada un e a cada unha de nós: Felices os que sen veren, traballan, arriscan, loitan e se esforzan por facer familias, parroquias, barrios, países, mundo onde se busque o que une e non o que enfronta; se busque o amar e non dogmatizar; se busque propor e non impor. Benia @s que cremos sen veren!.

TRABALLANDO POLA FRATERNIDADES
Señor, estamos a vivir a ledicia da Pascua: o teu Fillo resucitou, e iso enche de sentido a nosa vida, por iso che dicimos:
FELICES NÓS QUE CREMOS SEN VER
Grazas porque na Igrexa, en pequenas comunidades de fe e de amor, imos atopando sentido para a nosa vida, forza para o noso camiño e alento para a nosa esperanza, OREMOS.
FELICES NÓS QUE CREMOS SEN VER
Grazas porque as nosas parroquias, as nosas comunidades cristiás, as nosas familias, van poñendo unha mesa de vida que se comparte apaixonadamente para que todo o mundo teña razóns para seguir esperando, OREMOS.
FELICES NÓS QUE CREMOS SEN VER
Grazas porque no noso interior, a pesar do cansazo e o desánimo que nos cercan por veces, atopamos a túa voz que nos anima, a túa auga que refresca a nosa existencia, a túa luz que se converte en nós en pulo de vida e de esperanza, OREMOS.
FELICES NÓS QUE CREMOS SEN VER
Grazas, Señor, porque sabemos que camiñas connosco, porque sabemos que día a día pasas pola nosa vida para sacarnos da servidume do pecado e para que andemos nunha vida nova. Fai que te sintamos sempre preto, moi preto. P.X.N.S. Amén.

PARA QUE TODOS SINTAMOS A LEDICIA DO COMUNITARIO

Só Ti podes dar a fe,
pero eu podo dar o meu testemuño.
Só Ti podes dar a esperanza,
pero eu podo devolverlle a confianza aos meus irmáns.
Só Ti podes dar o amor,
pero eu podo ensinarlle aos outros a amar.
Só Ti podes dar a paz,
pero eu podo salvar a unión.
Só Ti podes dar a forza,
pero eu podo levantar ao desanimado.
Só Ti es o camiño,
pero eu podo ensinarllo aos outros.
Só Ti es a vida,
pero eu podo devolver aos outros o desexo de vivir.
Só Ti podes facer o imposible,
pero eu podo facer o posible.
Só Ti non necesitas a ninguén,
pero prefires contar comigo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...