Que non deixemos nunca de mirar o mundo desde os de embaixo, superando a tentación de arrimarnos aos de enriba Cantos.- ENTRADA.- Andarei na presenza ( 11 ) LECTURAS.- Benaventurados ( 119 ) OFERTORIO.- Na nosa terra ( 36 ) COMUÑÓN.- Quédate, Señor, connosco ( 63 ) Abríndonos á esperanza Un domingo máis a Palabra de Deus quere mover os noso corazón para que poñamos pés, ollos, mans e pensamento nas persoas e non na rendibilidade, no que dá cartos e máis poder. No momento no que tanto se fala da IA como ameaza, pero, tamén, no que tanto se recorre a ela para tantas cousas, é preciso que nos baixemos do sentido da vida marcado pola velocidade e a présa, e collamos outra dirección, inda que vaiamos máis a modo, que nos leve polo camiño no que imos descubrindo que o importante non está no dominar e controlar aos demais, senón no de saír e tende-la man. Sexa á hora que sexa, como escoitaremos despois no evanxeo. Que non teñamos logo me...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra