QUE O CÁNTICO AO SEÑOR SEXA UN CANTO AFINADO NA SOLIDARIEDADE E NA MISERICORDIA Descarga o arquivo ESCOITA ACTIVA Qué difícil nos resulta moitas veces ser agradecidos e recoñecer que os demais teñen feito cousas por nós!. Cómo nos poden o orgullo, a autosuficiencia ou a soberbia!. Porén, a mensaxe que Deus nos presenta para seguir e vivir é sempre a mesma: sede agradecid@s, non deixedes de tender a man, abride horizontes de fraternidade, non deixedes que nada nin ninguén vos roube a esperanza!. Permitamos que a palabra que vai ser proclamada resoe nos nosos corazóns e enchoupémonos dela. Só deste xeito poderemos aclamar a gloria de Deus no pequeno e sinxelo, no sorriso compartido, no tempo agradecido ao servizo dos demais!, como fan tantas e tantas misioneiros, cuxa tarefa hoxe temos presente dun xeito especial na Xornada Mundial das Misións, o DOMUND, unha xornada na que a Igrexa, cada un e cada unha de nós, tomamos conciencia da universalidade da nosa tarefa evanxelizadora...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra