Ir al contenido principal

Domingo 29 TO A

QUE O CÁNTICO AO SEÑOR SEXA UN CANTO AFINADO NA SOLIDARIEDADE E NA MISERICORDIA
Descarga o arquivo
ESCOITA ACTIVA
Qué difícil nos resulta moitas veces ser agradecidos e recoñecer que os demais teñen feito cousas por nós!. Cómo nos poden o orgullo, a autosuficiencia ou a soberbia!. Porén, a mensaxe que Deus nos presenta para seguir e vivir é sempre a mesma: sede agradecid@s, non deixedes de tender a man, abride horizontes de fraternidade, non deixedes que nada nin ninguén vos roube a esperanza!.

Permitamos que a palabra que vai ser proclamada resoe nos nosos corazóns e enchoupémonos dela. Só deste xeito poderemos aclamar a gloria de Deus no pequeno e sinxelo, no sorriso compartido, no tempo agradecido ao servizo dos demais!, como fan tantas e tantas misioneiros, cuxa tarefa hoxe temos presente dun xeito especial na Xornada Mundial das Misións, o DOMUND, unha xornada na que a Igrexa, cada un e cada unha de nós, tomamos conciencia da universalidade da nosa tarefa evanxelizadora, porque evanxelizar é transmitir alí onde nos atopamos coas nosas palabras, cos nosos xestos, coas nosas obras… en resumo, coa nosa vida, unha nova sinxela, unha nova cercana, unha nova que é alegría: Deus quérenos, ocúpase e preocúpase por nós.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
*        Para que non deixemos que a ausuficiencia nos faga crer mellores, SEÑOR, QUE CAMIÑEMOS NA HUMILDADE.
*        Para que fagamos do diálogo a ponte de entendemento cos demais, CRISTO, QUE CAMIÑEMOS NA HUMILDADE.
*        Para que aprendamos a converter a nosa fe non en costume nin en rutina, senón en solidariedade cara aos que precisen de nós, SEÑOR, QUE CAMIÑEMOS NA HUMILDADE.
PALABRA ENRAIZADA
  • Deus sae ao encontro de cada un de nós non ao chou, senón acompañándonos de maneira persoal. Porque nos coñece non nos confunde; ao contrario, sabe perfectamente quen somos e como é a nosa vida: “Señor, ti escúlcasnos e coñécesnos”, dicimos no salmo. Na lectura que acabamos de escoitar do profeta Isaías, aparecen tres verbos que nos axudan a entender mellor isto que vimos dicindo:
  • CHAMEITE: Porque sabe quen somos, e non xoga ao xogo da confusión, cando nos chama sabe a quen se dirixe. E namentres aos demais podemos enganalos e aparentar o que non somos, non ocorre o mesmo con Deus. Na súa chamada está o desexo de que non camiñemos sós, nin tampouco que sexamos nós os que deixemos que outros vaian sós e desesperados.
  • CREEITE: Pero non se limita a chamarnos e deixarnos abandonados, senón que na súa chamada está presente sempre a nosa orixe: somos de Deus. Por iso o profeta fala de que nos creou. En Deus atopamos o si, o camiño, o horizonte por onde nos dirixirnos ata chegar á meta. Desde sempre e por sempre, está con nós. Que senón significa afirmar que somos dignidade?. 
  • AMEITE: E só quen terma, coñece e se preocupa, pode dicir que ama, quere, que se entrega e se dá aos demais. O seu amor non é un amor por interese nin por comenencia, senón un amor de entrega e doazón. Un amor desde o que El nos vai abrindo e mostrando o camiño.
  •  Quen ama, crea e chama entende a grandeza do que significa dar grazas. E isto é difícil nun mundo como no que nós estramos, no que esta grandeza é moitas veces ignorada –non hai máis que escoitar as noticias nas que aqueles que querían aparentar ser importantes e poderosos, acaban sendo os mentireiros e enganadores, aproveitándose da sinxeleza dos que confiaban e coidaban que as palabras eran para ser respectadas- e pensamos que as reclamacións de dereitos non levan acompañadas as dos deberes; como se só fosen os demais os que tiveran obrigas para con nós, pero nós ningunha para con eles. Deste xeito –a lóxica do capital– é imposible –vémolo cada día– que entendamos a grandeza da gratuidade e do recoñecemento do que outros fan por nós. Ser agradecidos é unha tarefa que vai intimamente unida ao ser cristiáns. Que saibamos poñela en práctica!.

  • Agradecid@s a Deus por ter confiado en nós, temos que ir xuntando esforzos, mans e corazóns con aqueles que teñen o mesmo empeño ca nós: non deixar que a ninguén lle sexa negada a súa dignidade. O Evanxeo libera de todo aquilo que vai impedindo que sexamos felices. Por iso a nosa misión coma crentes, a tarefa á que estamos chamad@s é evanxelizar, ou o que é o mesmo: anunciar que a dignidade que Deus nos deu a cada un e cada unha de nós debe ser respectada por riba de diferenzas de cultura, credo ou nivel social e económico. Por que non facemos isto realidade?. Hoxe, no día do DOMUND, somos invitad@s a botar unha ollada a noso mundo e traballar para que xustiza e igualdade deixen de ser unha utopía epasen a converterse nunha realidade. O día das misións é unha chamada de atención, para tod@s nós, os que estamos no primeiro mundo, para que deixemos de lado esa falsa solidariedade que nos fai dicir “pobriños” e nos leva a darlle as migallas que caen da nosa mesa, para traballar pola xustiza, ou o que é o mesmo, para facerlle sitio na mesa e que compartan o banquete con nós. Tod@s somos Igrexa, tod@s somos fill@s dun mesmo Pai, por que nos deixamos levar dos fundamentalismos que separan a uns en bos e a outros en indesexables?. Hoxe é un bo día para comprometernos na globalización do amor.
FRATERNIDADE ORANTE
Pedimos ao Señor que nos bendiga coa súa graza e co seu agarimo dicindo xunt@s:
QUE A MISERICORDIA ENCHOUPE O NOSO ACTUAR
*        Que sexamos unha Igrexa de misericordia e non de rancor, Señor. Especialmente pedímosche que non teñamos medo aos cambios dentro da Igrexa, pois só así poderá entrar aire que a renove e a faga volver ás orixes do evanxeo, OREMOS.
QUE A MISERICORDIA ENCHOUPE O NOSO ACTUAR
*        Para que os traballos do Sínodo dean froitos de misericordia, levando acollida e alento a tantas familias que se ven en dificultades nas súas relacións e no seu esforzo por seguir querendo ser familias cristiás, a pesares dos fracasos e dificultades, OREMOS.
QUE A MISERICORDIA ENCHOUPE O NOSO ACTUAR
*        Para que sexamos sempre unha Igrexa leda e solidaria, aprendendo a mirar máis alá das lindes das nosas parroquias, para camiñar con esperanza na universalidade dunha fe que se mostre en forma de entrega solidaria entre os máis pobres e esquecidos do noso mundo, OREMOS.
QUE A MISERICORDIA ENCHOUPE O NOSO ACTUAR
Señor, que nos deixemos bendicir pola forza da túa palabra, para que vivamos a fe coa alegría de quen se sabe axudado para transformarnos persoal, comunitaria e socialmente. P.X.N.S. Amén.
MIRADA DE ESPERANZA
DISCÍPULOS E MESTRES
Señor, ensínanos a mirar ao ceo,
a gustar das cousas de arriba,
a gardar as túas palabras,
a sentir a túa presenza viva,
a xuntarnos cos irmáns e coas irmás,
a anunciar a túa mensaxe,
a escoitar ao teu Espírito,
a sementar o teu Reino,
a percorrer os teus camiños,
a esperar a túa chegada,
a sermos discípul@s.

Señor, ensínanos a vivir na terra,
a seguir as túas pegadas,
a construír a túa comunidade,
a repartir os teus dons,
a saírmos de Xerusalén,
a investir os talentos,
a disfrutar da creación,
a camiñar polo amplo mundo,
a continuar o teu proxecto,
a morrer dando froito,
a ser cidadáns e cidadás.
Señor, ensínanos a gozar coma fill@s
e a vivir coma irmáns e irmás.
Ensínanos a sermos discípulos e cidadáns.
(Ulibarri, Fl.)
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar
LECTURAS: Como che cantarei
OFERTORIO: Misioneiro

COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...